DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2004, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos para a contratación dos servizos de cafetaría dos centros Hospital Marítimo Oza-número ref. C.E. 1/04 e Hospital Juan Canalejo-número ref. C.E. 2/04, ambos pertencentes a este complexo hospitalario.

O director xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación que a seguir se cita:

-Obxecto do contrato:

C.E. 1/04: explotación do servizo de cafetaría do Hospital Marítimo Oza da Coruña.

C.E. 2/04: explotación do servizo de cafetaría de persoal do Centro Hospital Juan Canalejo.

Contrato administrativo especial do artigo 5.2º b) do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (en diante, a TRLCAP).

-Tarifas:

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

-Gastos por conta do adxudicatario:

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

-Canon:

C.E. 1/04: canon mínimo de 7.200 A/ano para o primeiro ano de actividade.

C.E. 2/04: canon mínimo de 3.000 A/ano para o primeiro ano de actividade.

-Garantía provisional:

C.E. 1/04: 1.500 A.

C.E. 2/04: 1.500 A.

I. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de acordo co previsto nos artigos 73, 74, 85 e 90 do TRLCAP.

II. Prazo de vixencia: a explotación por parte dos adxudicatarios do servizo de cafetaría licitado terá unha duración máxima de cinco anos, contados desde o momento en que se produza o seu comezo efectivo.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes sobre ningún dos elementos que comprenden o obxecto deste contrato.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario (planta semisoto do edificio do Hotel de Doentes, anexo ao Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborais desde as 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do sergas: http://www.sergas.es

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14.00 horas do vixésimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xestión do Complexo Hospitalario Universitario (planta soto do Hotel de Doentes), a partir das 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán presentar os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

A Coruña, 12 de marzo de 2004.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza

da Coruña