DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de marzo de 2004, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Antonio Abalo Abalo a proposta de resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título, acordada no expediente de desafiuzamento administrativo DT-006/2003.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado, por comparecenza na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 2 de marzo de 2004.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/010 (expte. desaf.: DT-006/2003).

Cta.: 58.

Nome: Antonio Abalo Abalo.

Enderezo: rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 7, esc. 1, 3º esquerda en Vilagarcía de Arousa.

Indicación do contido do acto que se notifica: proponse que se acorde o lanzamento de Antonio Abalo Abalo e demais ocupantes sen título da vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-83/010 cta. 58, situada na rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 7, escaleira 1, 3º C en Vilagarcía de Arousa.

Recursos: fronte a esta proposta, que non é susceptible de recurso, dispón dun prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación, para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes.