DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de marzo de 2004, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica aos interesados a proposta de resolución do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal (expediente C-81/050, conta 183).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO apro

bado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles aos interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora do expediente do IGVS da Coruña por ocupación sen título legal para iso, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta cédula para a contestación perante o Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaránselle as actuacións ao órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 1 de marzo de 2004.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 13/2003.

Expedientada: Mª Dolores Dosil Fernández e outros.

Ultimo domicilio coñecido: rúa Colón, bloque 4, P-1, baixo (Ferrol). (Expediente C-81/050, conta 183).