DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 27 de febreiro de 2004, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Emilio Suárez Pérez a resolución do expediente de desafiuzamento por non ocupación, acordado no expediente de desafiuzamento administrativo DO-016/03.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado, por comparecencia en que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ao que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, núm: 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de diez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de febreiro de 2004.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-832 (expte. desaf.: DO-016/03).

Cta.: 130.

Nome: Emilio Suárez Pérez.

Enderezo: rúa Maceiras, nº 32, baixo D en Vigo, Pontevedra.

Indicación do contido do acto que se notifica: resolución de pleno dereito do contrato de compravenda adxudicada a Emilio Suárez Pérez, identificada como expediente PO-832, cta: 130, situada na rúa Maceiras, nº 32, baixo D en Vigo, Pontevedra, por falta de pagamento e non destinar a vivenda a domicilio habitual e permanente.

Recursos: contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao desta publicación, consonte co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992.