DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2004 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da redacción do proxecto básico de construción de 54 vivendas, garaxes e rochos no SUNP-2, Salgueiriños (Santiago de Compostela). (Expediente C-2003/705).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico de construción de 54 vivendas, garaxes e rochos no SUNP-2, Salgueiriños en Santiago de Compostela.

b) Prazo de execución: 3 meses.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincuenta e cinco mil sesenta e un euros con noventa e tres céntimos (55.061,93 euros), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: exenta.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se exixe.

6. Obtención de documentación.

-Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións na:

-Copistería Copy Estudio.

Enderezo: rúa Nova 19-20 (galerías), Santiago de Compostela.

Telf.: 981 59 33 85.

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3637.

7. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos Servizos Centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servizos centrais do IGVS, ás dez (10.00) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

10. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2004.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo