DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2004 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para o apoio técnico á Subdirección Xeral de Programación e Proxectos na provincia de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: OH036571AT.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para o apoio técnico á Subdirección Xeral de Programación e Proxectos na provincia de Pontevedra.

b) Lugar de entrega: servizos centrais de Augas de Galicia.

c) Prazo de execución (meses): oito (8).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cento noventa e cinco mil catrocentos setenta e cinco euros (195.475 euros).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95/981 54 45 58.

e) Telefax: 981 54 16 76.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira será acreditada polos medios establecidos no artigo 16.1º, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia técnica e profesional será acreditada polos medios establecidos no artigo 19, letras b) e e), da mesma lei.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberalle anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ao concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 26 de abril de 2004.

e) Hora: 11.30 horas.

10. Outras informacións.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 19 de abril de 2004, ás 12.00 horas, na sala de xuntas de Augas de Galicia.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2004.

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia