DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2004 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos que se citan.

O director xeral do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, e a Resolución do 9 de abril de 2003, da Presidencia de Augas de Galicia, publicada no DOG nº 75, do 16 de abril, resolveu adxudicar os seguintes contratos:

1. Alugamento de oito automóbiles para o organismo autónomo Augas de Galicia.

Clave: EC00103AG.

Adxudicatario: Lease Plan Servicios, S.A.

Orzamento: 147.548,16 euros.

2. Asistencia técnica para a supervisión e adaptación da documentación técnica.

Clave: OH088195AT.

Adxudicatario: Norcontrol.

Orzamento: 364.513,95 euros.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2004.

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia