DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de ampliación do Centro Ictiolóxico de Carballedo no concello de Cotobade (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de ampliación do Centro Ictiolóxico de Carballedo no concello de Cotobade (Pontevedra).

2.2. Prazo de execución: 9 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos dezasete mil setecentos vinte e oito euros con trinta e nove céntimos (417.728,39 A).

5. Fianza provisional.

Non se esixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de adxudicación.

7. Clasificación.

Grupo C, subgrupo 2, categoría d.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=3632.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No punto asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ao seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 17 50)) no mesmo día.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ao do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ao seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas.

Ás 12.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ao da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ao seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2004.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente