DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2004 pola que se anuncia o concurso público aberto, trámite de urxencia, para a reforma e ampliación do Centro de Menores de Atención Específica Montefiz-Montealegre (Ourense).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 7/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reforma e ampliación do Centro de Menores de Atención Específica, Montefiz-Montealegre (Ourense).

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: 2 meses (60 días).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 380.628,73 A.

Importe total: 380.628,73 A.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si (4% do orzamento da adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: información índole administrativa: 981 54 46 80.

Información índole técnica: 981 54 26 48.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 3648.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupos: todos, categoría E.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula III do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no rexistro de contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

(Ou na forma establecida segundo o prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó de rematar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2004.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado