DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 27 de febreiro de 2004, do Servizo de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-01/03, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-01/03 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, á persoa que a seguir se relaciona.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días hábiles desde a publicación desta cédula para alegar perante a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo o que consideren conveniente para a defensa dos seus intereses, alegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, e poderán retirar copia da proposta de resolución deste procedemento na Delegación Provincial da Consellería

de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2004.

Roberto Pena Puentes

Instrutor do procedemento

(Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

do Patrimonio Cultural)

ANEXO

Nº de expediente: S-P-01/03.

Interesado: Constantino Fernández Estévez.

Enderezo: Barral, s/n. C.P. 36472 Salceda de Caselas (Pontevedra).

Asunto: realización de obras de construción levadas a cabo no contorno da igrexa de Santa María de Salceda de Caselas, parroquia do mesmo nome (concello de Salceda de Caselas-Pontevedra), carecendo da autorización da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, que resulta previa e preceptiva por tratarse dun ben integrante do inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, coa categoría de ben inventariado.

Catálogo de Bens Culturais protexidos das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal de Salceda de Caselas (publicadas no BOP de Pontevedra nº 64, do 4 de abril de 1977).

Precepto infrinxido: artigo 90 g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO