DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 10 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a Resolución do 9 de outubro de 2002 ditada no expediente sancionador de Pontevedra PO-72/2002, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a resolución da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo ditada no expediente sancionador en materia de turismo número PO-72/2002, incoado ao titular do establecemento de bar denominado Pizarro, situado na rúa Pizarro, 48, de Vigo, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase a súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: PO-72/2002.

Sancionado: Café Bar Pizarro, S.L.

Establecemento: Pizarro.

Domicilio: rúa Pizarro, 48.

Localidade: Vigo.

Resolución: 9 de outubro de 2004.

Precepto infrinxido: artigo 86.2º e 86.5º da Lei 9/1997.

Sanción: cento oitenta (180) euros.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2004.

Rosanna López Salgueiro

Delegada provincial de Pontevedra