DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 10 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a Resolución do 3 de abril de 2002 ditada no expediente sancionador de Pontevedra PO-59/2002, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14-1-1999), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a resolución da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo ditada no expediente sancionador en materia de turismo número PO-59/2002, incoado ao titular do establecemento do bar denominado Brasileiriño, situado na rúa Chan de Brito, 13, de Nigrán, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: PO-59/2002.

Sancionado: Luis Enrique Domínguez Costas.

Establecemento: bar Brasileiriño.

Domicilio: rúa Chan de Brito, 13.

Localidade: Nigrán.

Resolución: 3 de abril de 2003.

Precepto infrinxido: artigo 86.2º e 86.5º da Lei 9/1997.

Sanción: trescentos (300) euros.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2004.

Rosanna López Salgueiro

Delegada provincial de Pontevedra