DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 2 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación de data 30 de outubro de 2003 relativo ao expediente sancionador de Pontevedra PO-101/2003, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, o acordo de iniciación da delegación provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo relativo ao expediente sancionador en materia de turismo número PO-101/2003, incoado ao titular do café-bar denominado Club Hípico Monte Aldir, situado no luar de Calpedriñas, s/n, parroquia de Maceira, de Covelo, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, contados a partir do seguinte ao da súa publicación, para achegar ante o instrutor do expediente, cantas alegacións, documentos, ou informacións estimen convenientes, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que se pretenda valer.

De non formular alegacións no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da súa publicación, o acordo de iniciación considerarase proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Expediente: PO-101/2003.

Instrutora: Mª de los Ángeles Herrero Pérez.

Infractor: Julio Vázquez Domínguez.

Establecemento: Club Hípico Monte Aldir.

Domicilio: Calpedriñas, s/n, Maceira.

Localidade: Covelo.

Acordo de iniciación: 30 de outubro de 2003.

Precepto infrinxido: artigo 86.2º e 86.5º da Lei 9/1997.

Sanción proposta: trescentos (300) euros.

Pontevedra, 2 de febreiro de 2004.

Rosanna López Salgueiro

Delegada provincial de Pontevedra