DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de febreiro de 2004 polo que se sanciona a entidade José Luis Pérez Sánchez y Otro, S.C.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 26 de febreiro de 2004, adoptou a proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Sancionar a sociedade José Luis Pérez Sánchez y Otro, S.C., co CIF número G-15.264.880, titular do establecemento de restaurante denominado Carpe Diem & Caserío, sito na rúa Bautizados nº 13, en Santiago de Compostela (A Coruña), como responsable da comisión dunha infracción administrativa grave en materia de turismo coa sanción accesoria, respecto da principal de natureza pecuniaria da que a súa imposición é predicable da directora xeral de Turismo, consistente na suspensión da actividade de restaurante por un período de tres meses.

En cumprimento do disposto no artigo 96 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción

do turismo en Galicia, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2004.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243,

do 17 de decembro)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo