DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 4 de marzo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública para autorización, aprobación do proxecto de execución, e da solicitude de acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica, das instalacións referidas ao parque eólico singular Campo das Cruces (Concello de Forcarei-provincia de Pontevedra). (Expediente IN661A 03/5-4).

En cumprimento do disposto nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 302/2001, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde do 29 de outubro de 2002 da Consellería de Industria e Comercio pola que se regulan os requisitos para a autorización dos parques eólicos singulares, así como a Resolución do 14 de xullo de 2003 (DOG do 31 de xullo) pola que se autorizaba a iniciación do procedemento administrativo de autorización para o parque eólico singular de referencia, sométese a información pública, a solicitude da empresa Arcos de Grava, S.L. (inicialmente Hidroeléctrica de Silleda, S.L.), as instalacións que a continuación se describen:

Título: parque eólico singular Campo das Cruces.

Solicitante: Arcos de Grava, S.L.

Domicilio social: avda. do Parque nº 15-36540 Silleda-Pontevedra.

Concello afectado: Forcarei.

Superficie afectada: aprox. 2,8 ha.

Situación: (coordenadas poligonales en unidades UTM).

Coordenadas afección:

V(554.792, 4.719.138); V(554.906, 4.719.022); V(555.000, 4.718.913); V(554.935, 4.718.815); V(554.826, 4.718.932); V(554.860, 4.718.971); V(554.747, 4.719.078).

Coordenadas dos aeroxeradores:

V(554.955,4324; 4.718.912,3056);

V(554.856,0664; 4.719.021,3224).

Características técnicas do parque eólico:

-2 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 1.275 kW.

-Potencia total instalada: 2,55 MW.

-Producción neta anual estimada: 6.450 MWh/año.

-Orzamento total: 2.062.672,29 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-2 transformadores de 1.500 kVA, relación de transformación 0,690/20 kV y aparellos.

-Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 20 kV, con cable de 2x3x1 (1x95 mm) y lonxitude aprox. de 200 metros ata conexión a L.M.T. de evacuación que se vai contruír.

Obxecto da información pública:

-O proxecto segundo a decisión da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 20 de febreiro de 2004 non precisa someterse ao trámite de avaliación ambiental.

-Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico singular Campos das Cruces.

-Declaración da instalación como de réxime especial de producción eléctrica.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que poidan examinar as persoas interesadas o proxecto e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta delegación provincial sita na rúa Eduardo Pondal nº 64 de Pontevedra (36003), no prazo de 30 días, contados a partir da derradeira publicación deste anuncio.

Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Pontevedra, 10 de marzo de 2004.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra