DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/37).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición administrativa e aprobación do proxecto de execución de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de A Laracha, S.L.

Domicilio social: r/ Nicaragua, 10-3º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Mantiñán

Situación: A Laracha.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.162 m de lonxitude, en condutor LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Vista Alegre e final no C.T. aéreo de Mantiñán, de 50 kVA e adaptamento en baixa tensión. Concello da Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071, A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de febreiro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña