DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/26).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, (BOE nº 285), do sector eléctrico,

e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171-A, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. a C.T. Adrán.

Situación: concello de Teo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV de 600 m de lonxitude en condutor R.H.V. de 95 mm Al coa orixe no apoio nº 18 da L.M.T. Santiago II nº 5 e final no C.T. Adrán particular con este mesmo nº de expediente 26/2003. Concello de Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071, A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de febreiro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña