DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/80).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. en urbanización As Brañas.

Situación: Sada.

Características técnicas: modificado do proxecto da liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, de 1.218 m de lonxitude, en condutor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T.S. existente entre os CC.TT. Linares Rivas e Laguna, pasando polos centros de transformación prefabricados da urbanización As Brañas, os nº 1, 2, 3, de 630 kVA, e os nº 4, 5, de 250 kVA, e final na mesma liña. Concello de Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de febreiro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña