DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/22).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.R. provisional Retiro.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con condutor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe no centro de reflexión, que se vai instalar.

-De 157 m de lonxitude e final na urbanización As Avesadas.

-De 110 m de lonxitude, interconectando os CC.TT. de Nove de Agosto, Coveliño e urbanización As Avesadas.

-De 14 m de lonxitude e final no C.T. Retiro.

Centro de reflexión Retiro, equipado cunha cela de chegada de liña Aguiño e tres celas de saída de liña a urbanización As Avesadas, C.T. Nove de Agosto e C.T. Retiro.

Liña eléctrica aérea de media tensión sobre apoios de formigón e condutor LA-56, denominada Aguiño, de 14 m de lonxitude, que alimenta o centro de reflexión Retiro. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de febreiro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña