DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, da asistencia técnica de clave LU/00/074.01.

a) Asistencias técnicas:

1. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra Plan Galicia: Autovía Ferrol-Vilalba. Treito: Cabreiros-Autovía do Cantábrico en Vilalba.

Clave: LU/00/074.01.

Orzamento: oitenta e oito mil novecentos vinte e cinco euros con trinta e sete céntimos (88.925,37 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e ao dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 50 45.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratación/

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2. Teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles exixen aos licitadores.

Exixirase unha garantía definitiva equivalente ao 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estritamente conforme o modelo que se xunta ao prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou

festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta é de 3 meses desde a apertura das proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presentar os licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2004.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda