DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.278

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 12 de marzo de 2004 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos do Servizo Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 16 de decembro de 2003 (DOG nº 7, do 13 de xaneiro de 2004), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos do Servizo Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 16 de decembro de 2003 (DOG nº 7, do 13 de xaneiro de 2004).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2004.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Larriba García, Antonio.

NRP: 3524980868 A206B.

Grupo: A.

Nivel complemento de destino: 28.

Posto de traballo: xefe da Unidade de Saúde Laboral.

Dependencia: Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Vigo.