DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.274

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2004 pola que se convoca un curso de actualización normativa en tráfico e seguridade viaria.

Dentro das actividades programadas para o ano 2004 en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Lugo, anúnciase a realización dun curso de actualización normativa en tráfico e seguridade viaria, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer as últimas novidades lexislativas e normativas relacionadas co tráfico e as súas variables máis importantes.

-Dotar os policías dunha formación actualizada no terreo do tráfico e a seguridade viaria, de grande importancia dentro dos seus cometidos profesionais.

-Asegurar o correcto tratamento da temática relativa ao tráfico e á seguridade viaria no tocante á regulamentación, documentación, sancións e procedemento sancionador.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de Policía local da provincia de Lugo.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 15 de abril de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Lugo-Área de Formación (fax 982 26 01 69):

rúa San Marcos, nº 8, 27001 Lugo; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 19 ao 23 de abril de 2004.

O horario será de 16.30 a 20.30 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. Novidades lexislativas en materia de tráfico.

II. O novo RXC: modificacións das normas de circulación e comportamento. Alcoholemia.

III. Denuncias. Requisitos. O procedemento sancionador de tráfico.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 16 de abril a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Lugo como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer

e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 982 26 00 64/982 26 00 65 (Área de Formación da Deputación Provincial de Lugo).

Lugar.

O curso desenvolverase no concello de Foz, quedando por concretar o seu lugar de realización, que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Lugo, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 11 de marzo de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade