DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2004 pola que se convoca un curso sobre atestados e investigación de accidentes de tráfico.

Dentro das actividades programadas para o ano 2004 en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Admi

nistración Local e a Deputación Provincial de Ourense, anúnciase a realización dun curso sobre atestados e investigación de accidentes de tráfico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Afondar na elaboración do atestado policial, na temática relacionada co tráfico e os accidentes.

-Coñecer a metodoloxía aplicable na investigación e reconstrución de accidentes de tráfico.

-Dominar os distintos aspectos que abarca a instrución e confección do informe técnico e a súa presentación e defensa ante os xulgados.

-Saber actuar ante problemáticas derivadas dos seguros.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de Policía local da provincia de Ourense.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 16 de abril de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Ourense-Departamento de Formación Continua (fax 988 38 52 15): rúa Progreso nº 30, 32003 Ourense; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase durante os seguintes días: 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de abril.

O horario será de 17.00 a 21.15 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde e nel trataranse os seguintes módulos:

-O atestado nos delitos relacionados co tráfico. Dilixencias que o integran segundo o caso.

-O atestado por accidente de tráfico.

-A investigación de accidentes: concepto e fases; factores que interveñen e metodoloxía a seguir.

-Toma de datos: fotografías, medicións e bosquexo do lugar e dos elementos.

-Aplicación das teorías da física para os cálculos necesarios: velocidades, prestacións, deformacións, etc. Elaboración do informe técnico.

-Os seguros do automóbil: o seu control. Problemática con estranxeiros.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos será feita pública o día 19 de abril a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Ourense como pola Academia Galega de Seguridade, e os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 988 38 51 42 (Departamento de Formación Continua da Deputación Provincial de Ourense).

Lugar.

O curso desenvolverase nas aulas do centro cultural da Deputación Provincial de Ourense sito na rúa Progreso nº 30.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Ourense, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 11 de marzo de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade