DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.230

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 11 de marzo de 2004 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para o fomento da estabilidade no emprego, cofinanciados polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para 2004.

Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta Comunidade Autónoma asumiu as funcións e os servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego (Inem) no ámbito do traballo, o emprego e a formación, o exercicio das cales lle corresponde hoxe en día á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, ao abeiro do disposto no Decreto 212/2003, do 3 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica desta.

A Xunta de Galicia, a través da consellería con competencias en materia de emprego, vén convocando anualmente axudas á contratación por conta allea ao abeiro dos sucesivos plans de promoción do emprego, en atención a programas propios e a programas cofinanciados polo Fondo Social Europeo, na actualidade incorporados no Programa Operativo Integrado de Galicia para o período 2000-2006.

Neste contexto, considerouse necesario reorientar os incentivos á contratación por conta allea para seguir avanzando nas medidas de política activa que sirvan para apoiar e impulsar de forma máis decidida a estabilidade laboral dos cadros de persoal das empresas galegas, o crecemento global do emprego, así como a inserción dos colectivos prioritarios.

Nesta orientación, o novo marco recolle unha reordenación normativa dos instrumentos de apoio á contratación por conta allea, regulándose nunha orde os incentivos dirixidos á contratación temporal para supostos específicos e concretos como unha eficaz vía para adquirir a experiencia laboral que as empresas lles demandan para acceder a un posto de traballo, e nesta orde os incentivos dirixidos á contratación indefinida.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2004, dos incentivos para o fomento da contratación e da estabilidade no emprego que teñen como finalidade facilitar a creación de emprego estable e de calidade que favoreza a competitividade das empresas e contribúa á diminución da taxa de temporalidade, de rotación no mercado de traballo, á redución do desemprego, así como á inserción laboral dos colectivos prioritarios. Ademais, establécese unha liña específica de apoio á contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D, co fin de favorecer a innovación nas empresas galegas. Non obstante, para conservar a identidade e especificidade de cada un deles recóllense en anexos independentes as características propias de cada un.

Neste marco de actuación, as bases reguladoras destes incentivos e a súa convocatoria, para este exercicio, axústanse ao disposto no artigo 78 do texto

refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, en especial no relativo ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión das axudas públicas e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nos vindeiros exercicios, as axudas recollidas nesta orde financiaranse con cargo ós créditos das aplicacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determinen anualmente, logo da aprobación dos proxectos de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio correspondente. Para o exercicio 2004 a dita determinación recóllese na disposición adicional oitava da orde.

Por todo o exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Ámbito e réxime das axudas

Artigo 1º.-Finalidade.

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do programa para o fomento da estabilidade no emprego, coa finalidade de fomentar a creación de novos postos de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a inserción dos colectivos de desempregados con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral, e se procede á súa convocatoria para o 2004 a través dos seguintes programas:

I. Programa de fomento da contratación indefinida de colectivos de desempregados con maiores dificultades de inserción laboral (anexo A).

-Axudas á contratación indefinida inicial de colectivos desfavorecidos.

-Axudas á transformación en indefinidos de contratos de aprendizaxe, para a formación, prácticas, de relevo, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade.

-Axudas á transformación en indefinidos de contratos temporais de duración determinada celebrados con desempregados incorporados ao Programa Labora.

II. Programa de fomento da estabilidade (anexo B).

-Axudas á contratación indefinida inicial de desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego.

-Axudas á transformación en indefinidos de contratos temporais.

III. Programa de fomento da contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D (anexo C).

2. As bases específicas de cada un dos programas regúlanse nos correspondentes anexos A, B e C desta orde e forman parte integrante dela.

3. Para efectos das axudas recollidas nesta orde, terán a consideración de desempregados aqueles que estean inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da contratación e que, pola súa vez, carezan de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

4. As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ao disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos nesta orde as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que contraten traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e as condicións que se establecen nesta orde para cada un dos programas e tipos de axudas.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás que a relación proveña de actuacións horizontais de apoio financeiro á promoción económica e fomento empresarial.

Capítulo II

Normas comúns: competencia e procedemento

Artigo 3º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas e subvencións presentadas ao abeiro desta orde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, corresponderalles:

1. Ós delegados provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais cando a contratación se realice para prestar servizos en centros de traballo radicados na respectiva provincia, agás no suposto previsto no punto seguinte.

2. Ao director xeral de Promoción do Emprego nos seguintes supostos:

a) Solicitudes presentadas ao abeiro do programa de fomento da contratación indefinida de colectivos de desempregados con maiores dificultades de inserción laboral (anexo A) con orixe en pactos ou plans empresariais de expansión ou crecemento do emprego estable que recollan a contratación indefinida de 30 ou máis traballadores no ámbito territorial de Galicia.

b) Solicitudes presentadas ao abeiro do programa de fomento da estabilidade (anexo B) cando as contratacións se realicen para prestar servizos en centros de traballo radicados en varias provincias da Comunidade Autónoma de Galicia ou prevexan a con

tratación indefinida de 15 ou máis traballadores no ámbito territorial de Galicia.

c) Solicitudes de axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de desenvolvemento e investigación tecnolóxica (anexo C) que recollan a contratación de 15 ou máis traballadores no ámbito territorial de Galicia ou cando se trate da incorporación a proxectos empresariais de investigación e innovación acollidos ao Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico ou a empresas que participen ou participasen no programa IDIPEME.

Artigo 4º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas dirixiranse ao órgano competente e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo para a presentación das solicitudes de axuda vén establecido nos diferentes programas recollidos nos diferentes anexos desta orde.

Artigo 5º.-Emenda da solicitude.

Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se xunta a documentación esixida, as unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente requirirán do interesado que nun prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa petición de conformidade co preceptuado no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ditándose resolución para o efecto.

Artigo 6º.-Resolución, recursos e criterios de valoración.

1. Logo da fiscalización polas respectivas intervencións das propostas emitidas polos correspondentes servizos, as resolucións serán ditadas polo órgano competente por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e deberán serlles notificadas ós interesados. As resolucións de concesión ou denegatorias deberán ser sempre motivadas.

2. O prazo para resolver será de tres meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa de Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo

de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Para a valoración da contía das subvencións terase en conta o tamaño das empresas, a súa localización en zonas especialmente desfavorecidas, así como a contratación de mulleres e de menores de 30 anos sen experiencia laboral anterior.

Artigo 7º.-Incompatibilidades e concorrencia.

1. Os incentivos establecidos para cada un dos diferentes programas previstos nesta orde, son incompatibles entre si. Para o caso de que unha mesma contratación puidese dar lugar á súa inclusión en máis dun dos supostos para os que está prevista subvención, correspóndelle a opción ó solicitante.

2. As subvencións previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. As ditas axudas son compatibles, se é o caso, con incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

3. Os beneficios establecidos á contratación indefinida nos anexos A, B e C desta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60% do custo salarial anual correspondente ao contrato que se subvenciona.

4. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea, e os que establece o artigo 78.8º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 8º.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios das axudas e subvencións:

a) Acreditar, previamente ao cobramento, que se encontran ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión de subvencións, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións

ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

c) O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea.

d) Manter os postos de traballo obxecto da subvención durante o período e nos termos establecidos para os distintos programas recollidos nos diferentes anexos desta orde.

Artigo 9º.-Modificacións da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e eventualmente a súa revogación.

Artigo 10º.-Revogación.

Procederá a revogación das subvencións e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior, enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 11º.- Seguimento e control.

As delegacións provinciais e a Dirección Xeral de Promoción do Emprego poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos os beneficiarios deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

Para realizar as ditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para comprobar o cumprimento dos requisitos esixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Segunda.-A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións esixidas nesta orde.

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais nos delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, e no director xeral de Promoción do Emprego, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos.

Cuarta.-Para o caso de que se soliciten os incentivos previstos nesta orde pola transformación en indefinido dun contrato en prácticas que fora obxecto de subvención ao abeiro dos programas de fomento da contratación en prácticas e para a innovación tecnolóxica convocados pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais ou a contratación temporal dun labora, e a conversión se produza con anterioridade á súa duración mínima inicial de 12 meses, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado reducindo na mesma contía o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.

Quinta.-A comprobación da condición de beneficiario do Programa Labora: xuventude con experiencia, será realizada directamente polo órgano xestor das axudas.

Sexta.-Programa de fomento da estabilidade (anexo B):

1. Para o ano 2004, o período de referencia, para os efectos de determinar o cumprimento dos requisitos establecidos na base 5ª deste programa, co fin de considerar as contratacións realizadas que poderán ser obxecto de subvención, será o período comprendido entre os meses de outubro de 2002 a setembro de 2003, con excepción das empresas que se acolleron ós incentivos convocados no ano 2003 (Orde do 30 de xullo de 2003), para as que se tomarán como datos de referencia os resultados acadados coa execución do plan no dito ano.

2. No caso das empresas que presentaran o seu último plan de incremento de estabilidade laboral no ano 2001 ou no ano 2002, ao abeiro das súas respectivas ordes de convocatoria do 27 de abril de 2001 e 5 de xullo de 2002, para determinar o incremento da taxa de estabilidade e do emprego a que se refire a base 5ª deste programa, as medias serán as do período comprendido entre os meses de outubro de 2002 a setembro de 2003. Non obstante, estas medias non poderán ser inferiores ós resultados acadados coa execución do plan do ano 2001 ou 2002.

3. Para poder acollerse ós incentivos previstos neste programa, os contratos temporais obxecto de transformación deberán estar en vigor o 1 de xaneiro de 2004.

4.Para o ano 2004, o prazo para a presentación das solicitudes de axudas, polas contratacións e transformacións realizadas ao abeiro deste programa, finalizará o 30 de abril, debendo estar tódalas contratacións e transformacións realizadas o 30 de xuño.

O prazo para a presentación dos xustificantes para o pagamento rematará o 30 de xullo.

Sétima.-A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario.

Oitava.-No exercicio 2004, as axudas recollidas nesta orde, entre outras, financiaranse con cargo ós créditos que figuran nas aplicacións orzamentarias 16.04.241A.470.2, código de proxecto 2002 14439, cun crédito de 11.144.231 euros, 16.04.241A.470.3, código de proxecto 2002 14823, cun crédito de 4.969.750 euros, 16.04.241B.475.0, código de proxecto 2002 14105, cun crédito de 638.225 euros, 16.04.241B.475.0, código de proxecto 2002 14106, cun crédito de 4.395.599 euros, 16.04.241B.475.1, código de proxecto 2002 14443, cun crédito de 4.347.980 euros, 16.04.241B.475.1, código de proxecto 2002 14444, cun crédito de 8.507.370 euros, 16.04.241B.475.2, código de proxecto 2004 00340, cun crédito de 3.078.798 euros e 16.04.241A.480.5, código de proxecto 2004 00337, cun crédito de 144.750 euros. As ditas contías están recollidas na Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, e constitúen o importe global para o financiamento desta

orde, da orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca para o ano 2004 os incentivos á contratación dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2004, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (Iebts), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2004, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES) ou como iniciativas de emprego rural (IER), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2004, da orde pola que se

establecen as bases reguladoras do procedemento de aboamento de cotas á Seguridade Social a traballadores que percibisen a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único, e se procede á súa convocatoria para o ano 2004, da orde pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2004 dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción e divulgación do cooperativismo, da orde pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción

da integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para o ano 2004, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo e a súa convocatoria para o ano 2004, da orde pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de incentivos á contratación por conta allea como medida de mellora da empregabilidade de colectivos desfavorecidos, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2004, e das demais ordes que establezan as bases das medidas de fomento do emprego, incentivos á contratación por conta allea e actuacións de apoio a emprendedores, autoemprego e economía social, incluídos nos programas orzamentarios 241A e 241B.

Estes créditos poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Disposicións transitorias

Primeira.-As solicitudes de axudas ás contratacións indefinidas de colectivos desfavorecidos, plans empresariais de fomento da estabilidade e contratacións indefinidas vinculadas a I+D realizadas ó abeiro das ordes de convocatoria correspondentes a exercicios anteriores que quedaran pendentes de resolución no momento da entrada en vigor desta norma, e sempre que reunisen os requisitos legais establecidos nelas, poderán ser atendidos con cargo ós créditos orzamentarios establecidos para o exercicio 2004 e resolveranse en función da normativa que lles era de aplicación no momento da presentación da solicitude.

Segunda.-As contratacións realizadas con colectivos desfavorecidos e as contratacións indefinidas vinculadas a I+D efectuadas con anterioridade á data da entrada en vigor desta orde, solicitaranse respectando os prazos e demais requisitos establecidos nas ordes do 19 de maio de 2003, e do 7 de maio de 2003, respectivamente, e poderán ser atendidas con cargo ós créditos orzamentarios que financian esta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción do Emprego para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2004.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais

ANEXO A

Programa de fomento da contratación indefinida de colectivos de desempregados con maiores dificultades de inserción laboral

Primeira.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto fomentar a creación de postos de traballo de calidade e favorecer a inclusión social mediante o apoio á inserción laboral das categorías de traballadores que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder e permanecer no mercado de traballo.

Segunda.-Réxime de axudas.

1. As axudas consideradas neste anexo, agás as referidas no punto 2 desta base, están amparadas na súa adecuación ao dereito comunitario pola autorización da Comisión Europea C (2002) 1884 fin de 22.05.2002. E, cando se trate de empregos ligados a un investimento, polo seu sometemento ao Regulamento (CE) nº 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOCE L10; 13-1-2001).

2. As axudas á transformación de contratos temporais de duración determinada realizadas con desempregados incorporados ao programa Labora, no suposto de que a modalidade de contratación temporal non estea incluída no primeiro parágrafo do punto 2 da base 4ª deste anexo, quedan sometidas ó réxime de axudas de mínimis. Polo tanto, non poderán exceder os límites cuantitativos (100.000 euros nun período de 3 anos) establecidos no Regulamento CE nº 69/2001 da Comisión da Unión Europea, do 2 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado da CE ás axudas de mínimis. (DOCE nº L10, do 13-1-2001).

Terceira.-Colectivos desfavorecidos.

1. Para os efectos deste anexo, terán a consideración de colectivos beneficiarios que presentan desvantaxes para o acceso e permanencia no mercado de traballo, os seguintes:

a) Mozos menores de 25 anos ou que finalizaran a súa educación a tempo completo nos dous anos anteriores á súa contratación e que non tivesen antes un primeiro emprego fixo.

b) Desempregados de longa duración: toda persoa que estivera sen traballo 12 dos anteriores 16 meses, ou durante 6 meses dos anteriores 8, se fose menor de 25 anos.

c) Desempregados maiores de 45 anos que non teñan estudos de segundo ciclo de ensinanza secundaria ou dun nivel equivalente.

d) Titular de familias monoparentais.

e) Perceptores da renda de integración social de Galicia, ou membros da súa unidade familiar.

f) Persoas que participen ou participaran en procesos de rehabilitación de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.

g) Penados ou ex-reclusos que non tiveran antes un primeiro emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade.

h) Mulleres procedentes de casas de acollida, que presenten problemas adicionais de inserción e reinserción laboral.

i) Mozos que estean ou estiveran ata a súa maioría de idade baixo tutela ou garda da Administración autonómica.

j) Inmigrantes e persoas que formen parte de familias, grupos, colectivos ou minorías dos que as características poidan condicionar as súas posibilidades de integración social.

k) Mulleres desempregadas, cando se contraten para prestaren servizos en profesións ou ocupacións cun menor índice de emprego feminino, de acordo co disposto na orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, do 16 de setembro de 1998, ou que se reincorporen ao mercado de traballo tras unha ausencia prolongada dun mínimo de dous anos.

Cuarta.-Ámbito de aplicación, contratacións subvencionables e definicións.

1. Poderán ser obxecto de subvención as contratacións indefinidas iniciais, sempre que se realicen con traballadores desempregados que estean inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da contratación, pertencentes a algún dos colectivos desfavorecidos relacionados na base 3ª deste anexo.

2. Así mesmo, poderán ser obxecto dos incentivos previstos neste anexo, as transformacións en indefinidos de contratos de aprendizaxe, para a formación, en prácticas, de relevo, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade, calquera que sexa a data da súa celebración. Cando se trate de contratos de interinidade, en todo caso, a súa transformación en indefinidos só poderá ser obxecto de subvención cando se manteña o posto do traballador substituído, o que terá que acreditarse.

No caso de contratos temporais de duración determinada celebrados con desempregados incorporados ó Programa Labora, calquera que sexa a súa modalidade, poderase incentivar a súa transformación, con independencia da data de inicio do contrato temporal do que trae causa.

No caso de transformación de contratos temporais a tempo completo, a xornada do novo contrato indefinido será tamén a tempo completo.

Nos supostos de transformación de contratos temporais a tempo parcial, a xornada do novo contrato indefinido deberá ser, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.

Para os efectos deste anexo, entenderase que se produce a transformación en todos aqueles casos nos que ámbalas dúas modalidades contractuais se sucedan sen ruptura da relación laboral coa empresa, incluídos aqueles supostos nos que o inicio da relación laboral indefinida ten lugar ao día seguinte

ó do termo da vixencia do contrato temporal, incorporándose á empresa con carácter estable sen ruptura de continuidade na relación laboral.

3. As ditas contratacións e transformacións, para que poidan ser obxecto de subvención, deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

4. Cando se trate de contratacións a tempo parcial, a contía dos incentivos previstos neste anexo serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria legal.

Quinta.-Requisitos.

Para poder acceder ós beneficios á contratación indefinida establecidos neste programa, deberán cumprirse as seguintes condicións e requisitos:

a) A taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa no mes da contratación deberá ser igual ou superior ao 65%, ou a aquela superior ou inferior establecida no convenio colectivo sectorial de aplicación.

Non será necesario acadar unha determinada taxa de estabilidade cando as contratacións, iniciais ou transformacións en indefinidos, se realicen con desempregados pertencentes a colectivos en risco de exclusión social (letras e, f, g, h, i, j e k da base 3ª deste anexo e beneficiarios do Programa Labora: xuventude con experiencia).

Para os efectos do anterior, entenderase por taxa de estabilidade a porcentaxe de traballadores fixos sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

b) Como consecuencia da contratación indefinida ou transformación que se fomenta ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce meses anteriores á data de inicio da prestación laboral ou, se é o caso, na referencia que se estableza en plans de emprego pactados coa representación legal dos traballadores no ámbito da empresa.

Para os efectos do cómputo do incremento do cadro de persoal, non se terán en contas as baixas dos traballadores que se producisen por propia vontade do traballador ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas.

Sexta.-Incentivos á contratación indefinida inicial.

1. As contratacións indefinidas iniciais, a xornada completa ou a tempo parcial, incluídos os fixos-descontinuos, realizadas con traballadores desempregados pertencentes a algún dos colectivos relacionados na base 3ª letras a, b, c, d, incentivaranse cunha axuda de ata 2.400 euros, incrementándose a unha contía de ata 3.000 euros, cando se realicen con mulleres.

Adicionalmente, estes incentivos anteriores incrementaranse nunha contía de ata 600 euros cando, ademais da pertenza a un dos ditos colectivos, concorra a circunstancia de ser desempregados que no momento da contratación estean incorporados e manteñan a condición de beneficiarios do Programa Labora: xuventude con experiencia, segundo o establecido no Decreto 184/2002, do 18 de abril, modificado polo Decreto 26/2003, do 16 de xaneiro.

2. As contratacións indefinidas iniciais, a xornada completa ou a tempo parcial, incluídos os fixos-descontinuos, realizadas con traballadores desempregados pertencentes a algún dos colectivos beneficiarios relacionados na base 3ª, letra e, f, g, h, i, j e k, incentivaranse cunha contía de ata 4.500 euros, incrementándose a unha contía de ata 5.100 euros se se realizan con mulleres.

Sétima.-Incentivos á transformación.

1. As transformacións en indefinidos dos contratos que reúnan os requisitos e condicións establecidos na base cuarta deste anexo, incentivaranse cunha axuda de ata 2.400 euros, incrementándose a unha contía de ata 3.000 euros cando as ditas transformacións afecten a mulleres.

2. Adicionalmente, estes incentivos incrementaranse nunha contía de ata 600 euros cando as transformacións dos contratos temporais en indefinidos se realicen con desempregados que, no momento da súa contratación inicial estiveran incorporados ó Programa Labora: xuventude con experiencia, segundo o establecido no Decreto 184/2002, do 18 de abril (modificado polo Decreto 26/2003, do 16 de xaneiro).

Oitava.-Exclusións.

Exclúense dos beneficios do programa establecido neste anexo:

a) As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores para prestar servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

b) Os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do empresario ou de quen desempeñe cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos.

c) Contratacións realizadas con traballadores que, nos 24 meses anteriores á data da contratación, prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato por tempo indefinido.

O disposto no parágrafo precedente será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador con empresas ás que o solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido

no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

d) Traballadores que rematasen unha relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas no artigo 51 e 52 c) do Estatuto dos traballadores.

Novena.-Prazo.

O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será de dous meses contados desde a data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato en indefinido, sempre que a contratación ou transformación sexa posterior á data da entrada en vigor desta orde.

Décima.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos desta orde e deberán ir, por duplicado exemplar, un deles orixinal ou fotocopia compulsada, xunto coa seguinte documentación:

1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

2. Declaración da empresa na que se faga constar o número e a provincia de localización dos centros de traballo da empresa en Galicia, así como do número de contratacións indefinidas polas que se solicita subvención ao abeiro desta orde (no modelo de solicitude).

3. Declaración do cadro de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia en cada un dos doce meses anteriores ao inicio da relación laboral do traballador contratado ou da transformación, así como da taxa de estabilidade no mes da contratación, con indicación do convenio colectivo sectorial de aplicación e data da súa publicación e, se é o caso, a taxa de estabilidade prevista (anexo III-A).

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas previstas na base 5º deste anexo.

No suposto de plans de emprego pactados coa representación legal dos traballadores nos que se establezan referencias para o incremento do cadro de persoal, achegarase copia do pacto xunto coa solicitude, e con anterioridade ao pagamento da axuda a documentación acreditativa do dito incremento.

4. Relación nominal dos traballadores contratados polos que se solicita subvención, con indicación do colectivo e tipo de axuda que se solicita (anexo IV-A ou anexo V-A).

5. DNI dos traballadores contratados.

6. No caso de contratacións iniciais, documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego na oficina pública de

emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe de vida laboral na Tesouraría Xeral de Seguridade Social, copias dos contratos de traballo e altas na Seguridade Social.

Así mesmo, documentos acreditativos das características que determinen a súa pertenza ao correspondente colectivo.

7. No caso de transformacións, o contrato temporal do que trae causa e as súas posibles prórrogas, así como a comunicación da conversión do contrato temporal en indefinido á oficina pública de emprego e a comunicación de variación de datos á Seguridade Social.

8. Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XVI).

9. Declaración da estrutura da empresa e do emprego (anexo XVII).

10. Ficha de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (anexo XVIII).

11. Se é o caso, autorización para obter a información tributaria nos termos que se establece na base décimo primeira punto 1 letra d) (anexo XIX).

Décimo primeira.-Xustificación do pagamento.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á presentación, por duplicado exemplar, un deles orixinal ou copia compulsada, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación que se esixa de forma expresa nela, entre a que deberá figurar a seguinte:

a) Documentos TC2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión, agás que xunto coa solicitude se achegaran todos os boletíns correspondentes ao período de cómputo para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo ou, se é o caso, certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na que conste o número de traballadores con contrato indefinido, o dos traballadores con contrato de interinidade e dos demais traballadores con contratos temporais en cada unha das ditas mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

b) Cando se trate de empresas de nova creación, alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.

c) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma,

agás que o beneficiario achegue á solicitude a debida autorización segundo o modelo do anexo XIX para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor das axudas.

e) Declaración complementaria da establecida na base décima do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas coma as pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas e subvencións (anexo XVI).

2. Non obstante o sinalado nos números anteriores, a documentación esixida na fase de pagamento poderase presentar xunto coa solicitude segundo a opción do interesado. Neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.

Décimo segunda.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas das empresas beneficiarias:

1. Manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

No suposto de extinción da relación laboral do traballador polo que se concedese a subvención, a cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reunir os requisitos do traballador substituído, terá que realizarse dentro do mes seguinte ao da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria ao órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda de fomento da contratación.

Esta obriga manterase durante 3 anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de subvención.

2. Manter o número de traballadores fixos do seu cadro de persoal, en cómputo anual, durante polo menos 3 anos, que se contarán desde a data de realización da contratación indefinida.

E, cando se trate de empregos ligados a un investimento, deberán manter os postos de traballo durante un período mínimo de cinco anos.

3. As empresas beneficiarias, co fin de garantir o mantemento dos postos de traballo creados que fosen obxecto de subvención, deberán presentar dentro do primeiro trimestre de cada ano unha declaración da media de traballadores fixos en cómputo anual, así como o TC2 do mes de decembro do ano anterior. Esta obriga manterase durante os 3 anos seguintes a aquel no que se concedeu a axuda ou subvención.

ANEXO B

Programa de fomento da estabilidade

Primeira.-Obxecto e finalidade.

Este programa ten por obxecto fomentar a creación e consolidación do emprego fixo e de calidade para acadar un maior nivel de estabilidade dos cadros

de persoal nos centros de traballo das empresas instaladas nesta Comunidade Autónoma.

Segunda.-Réxime das axudas.

As axudas consideradas neste anexo están amparadas na súa adecuación ao dereito comunitario pola autorización da Comisión Europea C (2001) 3750 fin de 28.11.2001. E, cando se trate de empregos ligados a un investimento, polo seu sometemento ó Regulamento (CE) nº 70/2001, da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOCE L10; 13-1-2001).

Terceira.-Ámbito de aplicación.

1. Os incentivos previstos neste anexo serán de aplicación ás contratacións indefinidas, iniciais ou por transformación de contratos temporais que, reunindo os requisitos e condicións establecidos nel, se realicen no período comprendido entre a data na que deberán estar finalizadas as contratacións iniciais e transformacións de contratos temporais en indefinidos, acollidas ao previsto na última orde de convocatoria, e a última data de finalización prevista na orde de convocatoria e financiamento do ano en curso, e sempre que se trate de:

a) Contratacións indefinidas iniciais realizadas con traballadores desempregados que estean inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da contratación e que, pola súa vez, carezan de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

b) Conversións en indefinidos de contratos temporais ou de duración determinada celebrados con anterioridade á data que se determine na orde de convocatoria e financiamento, calquera que sexa a modalidade contractual obxecto de transformación.

A limitación temporal anterior non será de aplicación nos seguintes supostos:

-Cando se trate da transformación en indefinidos de contratos formativos, de relevo, ou de substitución por anticipación da idade de xubilación.

-Cando se trate da transformación en indefinidos de contratos temporais de duración determinada celebrados con desempregados incorporados ao Programa Labora: xuventude con experiencia.

-Cando se trate de contratos de interinidade. En todo caso, a súa transformación en indefinidos só será subvencionable cando se manteña o posto do traballador substituído, o que terá que acreditarse.

No caso de transformación de contratos temporais a tempo completo, a xornada do novo contrato indefinido será tamén a tempo completo.

Nos supostos de transformación de contratos temporais a tempo parcial, a xornada do novo contrato indefinido deberá ser como mínimo, igual á do contrato que se transforma.

Para os efectos desta orde, entenderase que se produce a transformación en todos aqueles casos nos que ámbalas dúas modalidades contractuais se sucedan sen ruptura da relación laboral coa empresa, incluídos aqueles supostos nos que o inicio da relación laboral indefinida ten lugar ao día seguinte ao do termo da vixencia do contrato temporal, incorporándose á empresa con carácter estable sen ruptura de continuidade na relación laboral.

A conversión en contratos indefinidos dos contratos temporais ou de duración determinada non será subvencionable cando teña a súa orixe no cumprimento de obrigas legais.

2. As ditas contratacións e transformacións, para que poidan ser obxecto de subvención, deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina do servizo público de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Cuarta -Exclusións.

Exclúense dos beneficios do programa establecido neste anexo:

a) As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores para prestar servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

b) Os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do empresario ou de quen desempeñe cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos.

c) Contratacións realizadas con traballadores que, nos 24 meses anteriores á data da contratación, prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato por tempo indefinido.

O disposto no parágrafo precedente será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador con empresas ás que o solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

d) Traballadores que finalizasen unha relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas no artigo 51 e 52 c) do Estatuto dos traballadores.

Quinta.-Requisitos.

1. Terán a consideración de contratacións subvencionables, as contratacións iniciais ou por transformación de contratos temporais ou de duración determinada, realizadas no período previsto na

base 3ª.1 deste anexo, coas que se acaden, como mínimo, os seguintes resultados:

a) Un incremento, como mínimo, de 7 puntos da taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa en Galicia respecto da media acadada no período de referencia. Non obstante, poderán acollerse aos incentivos previstos neste programa as empresas cunha taxa de estabilidade superior ao 93% no período de referencia, que coas contratacións que prevexan realizar acaden ou manteñan unha taxa de estabilidade do 100%, sempre que reúnan os demais requisitos e condicións establecidas nas bases reguladoras e na convocatoria do programa.

b) Incremento do emprego fixo, de modo que superen a media aritmética do cadro de persoal fixo da empresa en Galicia no período de referencia.

Para os efectos do establecido no parágrafo anterior, no cómputo do cadro de persoal fixo, non se terán en conta as baixas que se producisen por propia vontade do traballador, ou por morte, xubilación, incapacidade permanente, total, absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas.

c) As contratacións indefinidas iniciais deberán supoñer incremento neto do emprego total respecto da media do período de referencia, de modo que superen a media aritmética da totalidade do cadro de persoal da empresa en Galicia no período de referencia.

d) En ningún caso as contratacións indefinidas realizadas poderán implicar unha diminución da totalidade dos traballadores no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia na media do período de referencia.

e) Os períodos de referencia mencionados nos puntos anteriores estableceranse nas correspondentes ordes anuais de convocatoria e financiamento.

f) A taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa que se acade como consecuencia das contratacións, deberá ser igual ou superior ao 65% ou a aquela superior ou inferior establecida no convenio sectorial de aplicación. Neste último caso, e con independencia da posible inferior que estableza o convenio sectorial de aplicación, a taxa de estabilidade que deberá de acadar a empresa para poder ser beneficiaria das axudas establecidas neste anexo, non poderá ser inferior ao 35%.

2. Para os efectos do punto anterior, entenderase por taxa de estabilidade a porcentaxe de traballadores fixos sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

Para o seu cálculo, en cómputo anual, terase en conta a media aritmética do cadro de persoal fixo e temporal no período de referencia.

3. As previsións de contratacións iniciais e transformacións de contratos temporais en indefinidos coas que, no seu conxunto, se acaden os requisitos previstos na base 5ª deste anexo, deberán constar por escrito, no modelo normalizado que figura como

anexo desta orde, asinado polo representante da empresa e, de ser o caso, polos representantes legais dos traballadores.

Sexta.-Incentivos.

1. Os incentivos ás contratacións indefinidas, iniciais ou por transformación de contratos temporais ou de duración determinada, a tempo completo ou a tempo parcial, incluídos os fixos descontinuos, que supoñan un incremento de emprego nos termos establecidos neste programa, determinaranse en atención ás taxas de estabilidade que a empresa acade como consecuencia das contratacións realizadas no período de referencia e segundo se trate, de contratación inicial ou de conversión de contratos temporais en indefinidos, de acordo coa seguinte escala:

A. Taxa de estabilidade acadada do 65% e ata ao 90%, ou a establecida no convenio colectivo sectorial de aplicación non inferior ao 35%:

A1. As contratacións indefinidas iniciais de desempregados que reúnan os requisitos establecidos na base quinta deste anexo, incentivaranse cunha axuda de ata 2.000 euros, incrementándose ata 2.600 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.

A2. As transformacións de contratos temporais en indefinidos que reúnan os requisitos establecidos na base quinta deste anexo, incentivaranse cunha axuda de ata 1.500 euros, incrementándose ata 2.100 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.

A3. Os incentivos establecidos nos puntos anteriores, incrementaranse nunha contía de ata 600 euros cando as contratacións indefinidas se realicen con desempregados que estiveran incorporados ó Programa Labora: xuventude con experiencia, segundo o establecido no Decreto 184/2002, do 18 de abril (modificado por Decreto 26/2003, do 16 de xaneiro).

B. Taxa de estabilidade acadada de máis do 90%:

B1. As contratacións indefinidas iniciais de desempregados que reúnan os requisitos establecidos na base quinta deste anexo, incentivaranse cunha axuda de ata 2.600 euros, incrementándose ata 3.200 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.

B2. As transformacións de contratos temporais en indefinidos que reúnan os requisitos establecidos na base quinta deste anexo, incentivaranse cunha axuda de ata 2.100 euros, incrementándose ata 2.700 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.

B3. Os incentivos establecidos nos puntos anteriores, incrementaranse nunha contía de ata 600 euros cando as contratacións indefinidas se realicen con desempregados que estiveran incorporados ao Programa Labora: xuventude con experiencia, segundo o establecido no Decreto 184/2002, do 18 de abril (modificado por Decreto 26/2003, do 16 de xaneiro).

2. Cando se trate de contratacións a tempo parcial, a contía da subvención será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

Sétima.-Prazo.

O prazo para a presentación das solicitudes de incentivos acollidas a este programa, estará determinado pola orde anual de convocatoria e financiamento.

Oitava.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos desta orde e deberán ir, por duplicado exemplar, un deles orixinal ou fotocopia compulsada, xunto coa seguinte documentación:

1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e CIF da empresa.

2. As previsións de contratacións iniciais e transformacións de contratos temporais en indefinidos coas que, no seu conxunto, se acaden os requisitos previstos na base 5ª deste anexo, no modelo normalizado (anexo VIII-B).

3. Declaración do cadro de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia no período de referencia, no modelo normalizado (anexo IX-B ou anexo X-B).

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas previstas na base 5ª deste anexo.

4. Relación nominal dos traballadores contratados polos que se solicita subvención (anexo XI-B), e a seguinte documentación:

a) DNI dos traballadores contratados.

b) No caso de contratacións iniciais, documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia como desempregado segundo os datos do informe de vida laboral na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, copias dos contratos de traballo e altas na Seguridade Social.

c) No caso de transformacións, o contrato temporal de que trae causa e as súas posibles prórrogas, así como a comunicación da conversión do contrato temporal en indefinido á oficina pública de emprego e a comunicación de variación de datos á Seguridade Social.

5. Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas, ou concedidas, para o mesmo proxecto, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XVI).

6. Declaración da estrutura da empresa e do emprego (anexo XVII).

7. Ficha de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (anexo XVIII).

8. Se é o caso, autorización para obter a información tributaria nos termos que se establece na base novena (anexo XIX).

Novena.-Xustificación do pagamento.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á presentación, por duplicado exemplar, un deles orixinal ou copia compulsada, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación que se esixa de forma expresa nela, entre a que deberá figurar a seguinte:

a) Relación nominal da totalidade dos traballadores e, agás a que se presentara xunto coa solicitude, a seguinte documentación referente a cada un deles:

* DNI dos traballadores contratados.

* No caso de contratacións iniciais, documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe de vida laboral na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, copias dos contratos de traballo e altas na Seguridade Social.

* No caso de transformacións, o contrato temporal de que trae causa e as súas posibles prórrogas, así como a comunicación da conversión do contrato temporal en indefinido á oficina pública de emprego e a comunicación de variación de datos á Seguridade Social.

b) Documentos TC2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión, ou, se é o caso, certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na que conste o número de traballadores con contrato indefinido, o dos traballadores con contrato de interinidade e dos demais traballadores con contratos temporais en cada unha das ditas mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

c) Cando se trate de empresas de nova creación, alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.

d) Declaración da estrutura do cadro de persoal da empresa en Galicia no último mes no que realicen contratacións, con indicación do número de traballadores fixos e temporais no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia, con expresión da taxa de estabilidade acadada e o incremento que representa respecto do período de referencia.

e) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas coa Seguridade Social.

f) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa

Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario achegue á solicitude a debida autorización segundo o modelo do anexo XIX para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor das axudas.

g) Declaración complementaria da establecida na base oitava deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas coma as pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou outros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas e subvencións (anexo XVI).

2. Non obstante o sinalado nos números anteriores, a documentación esixida na fase de pagamento poderase presentar xunto coa solicitude segundo a opción do interesado. Neste suposto, poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.

Décima.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas das empresas beneficiarias:

1. Manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

No suposto de extinción da relación laboral do traballador polo que se concedese a subvención, a cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reunir os requisitos do traballador substituído, terá que realizarse dentro do mes seguinte ao da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria ao órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda de fomento da contratación indefinida.

Esta obriga manterase durante tres anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de subvención.

E, cando se trate de empregos ligados a un investimento, deberán manter os postos de traballo durante un período mínimo de cinco anos.

2. Non modificar a composición da estrutura do cadro de persoal da empresa en Galicia, no seu cómputo anual, nunha diminución substantiva da taxa de estabilidade acadada, nin minorar a media anual de traballadores fixos, durante, polo menos, 3 anos desde o último mes no que se realicen contratacións.

Para estes efectos, entenderase que se produce unha minoración substantiva da taxa de estabilidade cando concorra algún dos seguintes supostos:

a) Cando se reduza o incremento mínimo de 7 puntos respecto da taxa do período de referencia.

b) Cando a taxa se sitúe nun nivel inferior ao 65%, ou á prevista no convenio colectivo sectorial de aplicación.

c) Cando a taxa se sitúe no tramo inferior ao que se tivo en conta para a determinación da contía dos incentivos, agás que se produza de xeito ocasional nunha anualidade e non implique unha diminución

superior a 5 puntos da taxa inferior á do tramo correspondente.

3. Co fin de garantir o cumprimento do anterior, as empresas beneficiarias deberán presentar nos tres meses seguintes e durante os tres anos posteriores ao de realización das contratacións, unha declaración da media de traballadores fixos e temporais no conxunto dos centros de traballo en Galicia nun período de 12 meses contados desde o último mes de realización das contratacións, así como o TC2 correspondente ao último mes no que se efectuaron estas contratacións.

ANEXO C

Programa de fomento da contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D

Primeira.-Obxecto.

1. Este programa ten por obxecto favorecer a inserción laboral con carácter estable dos mozos e mozas titulados mediante incentivos á contratación indefinida vinculada a proxectos I+D.

2. Poderán ser obxecto de subvención os contratos indefinidos iniciais a tempo completo ou a tempo parcial, incluídos os fixos descontinuos, que se realicen con mozos e mozas titulados universitarios ou de formación profesional de segundo grao ou de ciclo superior, desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego no momento da contratación, sempre que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Que participasen en programas de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico en universidades ou centros de investigación públicos ou privados e se lles asignen tarefas acordes coa súa preparación e titulación.

b) Que se incorporen a un departamento de actividades innovadoras ou, no caso de que este non exista, se lles asignen tarefas que favorezan a innovación tecnolóxica ou técnica da empresa.

c) Que se incorporen a proxectos empresariais de investigación e innovación acollidos ao Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico ou a empresas que participen ou participasen no programa IDIPEME.

d) Que se incorporen a empresas de menos de 50 traballadores para a realización de tarefas relacionadas coa introdución de novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

3. Os contratos de traballo deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Segunda.-Réxime das axudas.

Os incentivos establecidos neste anexo quedan sometidos ao réxime de axudas de mínimis, polo tanto non poderán exceder os límites cuantitativos (100.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento CE nº 69/2001, da Comisión da Unión Europea, do 2 de xaneiro de 2001, relativo

á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado da CE ás axudas de mínimis (DOCE nº L10, do 13-1-2001).

Terceira.-Requisitos.

Como consecuencia da contratación indefinida inicial ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos 12 meses anteriores á data de inicio da relación laboral ou, se é o caso, na referencia que se estableza en plans de emprego pactados coa representación legal dos traballadores no ámbito da empresa.

Para os efectos do cómputo do incremento do cadro de persoal non se terán en conta as baixas dos traballadores que se producisen pola súa propia vontade, ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas.

Cuarta.-Axudas.

1. As contratacións indefinidas a xornada completa vinculadas a proxectos I+D previstas neste anexo, incentivaranse cunha axuda de ata 3.000 euros, incrementándose a unha contía de ata 3.600 euros cando se realicen con mulleres tituladas.

2. Cando o traballador contratado posúa o título universitario de doutor, os incentivos previstos no número anterior incrementaranse nunha contía de ata 600 euros.

3. Os incentivos establecidos no punto 1 desta base, incrementaranse nunha contía de ata 600 euros cando os contratos indefinidos se realicen con desempregados que no momento da contratación estean incorporados e manteñan a condición de beneficiarios do Programa Labora: xuventude con experiencia, segundo o establecido no Decreto 184/2002, do 18 de abril, polo que se establece no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o dito programa (DOG nº 83, do 30 de abril de 2002), modificado polo Decreto 26/2003, do 16 de xaneiro (DOG nº 15, do 23 de xaneiro de 2003).

4. Cando se trate de contratacións a tempo parcial, a contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

Quinta.-Exclusións.

Exclúense dos beneficios establecidos no programa deste anexo:

a) As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores para prestar servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

b) Os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do empresario ou de quen desempeñe cargos de

dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos.

c) Contratacións realizadas con traballadores que, nos 24 meses anteriores á data da contratación, prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato por tempo indefinido.

O disposto no parágrafo precedente será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador con empresas ás que o solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

d) Traballadores que finalizasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, agás que esta relación laboral finalizase por causa dun despedimento declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 51 e 52 c) do Estatuto dos traballadores.

Sexta.-Prazo.

O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será de dous meses contados desde a data en que se inicie a relación laboral, sempre que a contratación sexa posterior á data de entrada en vigor desta orde.

Sétima.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos a esta orde e deberán ir acompañadas por duplicado exemplar, un deles orixinal ou copia compulsada, da seguinte documentación:

1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é persoa xurídica DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

2. Relación nominal dos traballadores polos que se solicita subvención, con indicación dos supostos e tipo de incentivo que se solicita (anexo XIV-C).

3. Certificado acreditativo da titulación e da data de terminación dos estudos, e no seu caso, título universitario de doutor, así como o DNI de cada traballador contratado.

4. Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe de vida laboral na Tesouraría Xeral da Seguridade Social. E, contrato de traballo e a alta na Seguridade Social, de cada traballador contratado.

5. Cando se trate de contratos vinculados a proxectos I+D, deberá xuntarse unha memoria na que se recolla unha definición precisa do posto de traballo que considere as tarefas que vai desenvolver o traballador, e unha breve descrición das actividades empresariais innovadoras máis relevantes que vai desenvolver o equipo ou departamento da empresa

no que se integrará o traballador,ou das tecnoloxías da información e as comunicacións introducidas nas empresas de menos de 50 traballadores e, se é o caso, documentación acreditativa da participación do traballador contratado en programas de investigación. No suposto de que se trate da incorporación a proxectos empresariais de investigación e innovación acollidos ao Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico ou a empresas que participen ou participasen no programa IDIPEME, deberá achegarse, ademais, informe favorable da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

6. Declaración na que se faga constar o cadro de persoal fixo da empresa en cada un dos 12 meses anteriores á contratación (anexo XV-C).

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas producidas polas causas previstas na base terceira.

No suposto de plans de emprego pactados coa representación legal dos traballadores nos que se establezan referencias para o incremento do cadro de persoal do ano anterior, achegarase copia do pacto xunto coa solicitude, e con anterioridade ao pagamento da axuda a documentación acreditativa do dito incremento.

7. Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas, ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XVI).

8. Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade bancaria acreditativa de que o solicitante é titular da conta (anexo XVIII).

9. Se é o caso, autorización para obter a información tributaria nos termos que se establece na base 8ª deste anexo (anexo XIX).

Oitava.-Xustificación do pagamento.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á presentación, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación que se esixa de forma expresa nela, entre a que deberá figurar a seguinte:

a) Documentación acreditativa de que se encontran ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.

b) Documentación acreditativa de que se encontran ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario achegue á solicitude a debida autorización segundo o modelo do anexo XIX, para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor das axudas.

c) Cando se trate de empresas de nova creación, alta no imposto de actividades económicas ou, se

é o caso, alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.

d) Documentos TC2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución, agás que xunto coa solicitude se achegaran todos os boletíns correspondentes ao período de cómputo para o cálculo do incremento do cadro de persoal ou, se é o caso, certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na que conste o número de traballadores con contrato indefinido e o dos traballadores con contratos de interinidade, en cada unha das ditas mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

e) Declaración complementaria da establecida na base sétima deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XVI).

2. Malia o sinalado no punto anterior, a documentación esixida na fase de pagamento poderase presentar xunto coa solicitude segundo a opción do interesado. Neste suposto, poderá tramitarse conxuntamente a fase de concesión e o pagamento das axudas.

Novena.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios das axudas e subvencións:

a) Manter o número de traballadores fixos do seu cadro de persoal, en cómputo anual, durante polo menos 3 anos, que se contarán desde a data de realización do contrato indefinido.

b) As empresas beneficiarias deberán manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados durante un período mínimo de tres anos.

No suposto de extinción da relación laboral do traballador polo que se concedese a subvención, a cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reunir os mesmos requisitos que o traballador substituído, terá que realizarse dentro do mes seguinte ao da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria ao órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda.

Esta obriga manterase durante tres anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de subvención.

c) As empresas beneficiarias, co fin de garantir o mantemento dos postos de traballo creados que fosen obxecto de subvención, deberán presentar, dentro do primeiro trimestre de cada ano, declaración do termo medio de traballadores fixos en cómputo anual e TC2 do mes de decembro do ano anterior.

A dita obriga manterase durante os tres anos seguintes a aquel no que se concedeu a axuda ou subvención.