DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.163

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 58/2004, do 25 de marzo, de asunción dos medios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o Real decreto 366/2004, do 5 de marzo, sobre ampliación dos medios adscritos á xestión encomendada en materia de agricultura (FEGA), traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1790/1996, do 19 de xullo, e a súa asignación ao Fondo Galego de Garantía Agraria, organismo autónomo adscrito á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Polo Real decreto 366/2004, do 5 de marzo, traspásanse da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia os medios adscritos á xestión encomendada en materia de agricultura (FEGA), traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1790/1996, do 19 de xullo.

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir de forma expresa tales medios nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignalos aos órganos correspondentes da Administración autonómica galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de marzo de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan asumidos os medios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma

de Galicia en virtude do Real decreto 366/2004, do 5 de marzo, polo que se amplían os medios adscritos á xestión encomendada en materia de agricultura (FEGA), traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1790/1996, do 19 de xullo, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ao dito real decreto.

Artigo 2º

Asígnanselle ó Fondo Galego de Garantía Agraria, organismo autónomo adscrito á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural os medios asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto e para adoptar as medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica dos medios traspasados.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de marzo de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA