DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.162

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 57/2004, do 25 de marzo, de asunción das funcións e servizos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o Real decreto 367/2004, do 5 de marzo, sobre ampliación das funcións e servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación (escolas viaxeiras) e a súa asignación á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Polo Real decreto 367/2004, do 5 de marzo, amplíanse as funcións e servizos traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación (escolas viaxeiras).

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir de forma expresa tales funcións e servizos nos termos e condicións especificadas no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignalos aos órganos correspondentes da Administración autonómica galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de marzo de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan asumidas as funcións e servizos traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 367/2004, do 5 de marzo, polo que se amplían as funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación (escolas viaxeiras).

Artigo 2º

1. Asígnanselle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as funcións e servizos asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior.

2. Os órganos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria exercerán as atribucións que

lles correspondan conforme as normas que regulan a súa estrutura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto e para adoptar as medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións e servizos traspasados.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de marzo de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública