DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Xoves, 25 de marzo de 2004 Páx. 4.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2004 pola que se convoca un curso de linguaxe administrativa-técnicas de redacción para persoal de Administración local.

Dentro do plan de actividades da EGAP para 2004, e a través do Centro de Estudios Locais de Galicia, conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de linguaxe administrativa-técnicas de redacción para persoal de Administración local, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Domina-las técnicas de redacción dos documentos administrativos complexos.

Segunda.-Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C de corporacións locais que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxectos do curso.

Terceira.-Desenvolvemento.

1. Duración: 21 horas.

2. Lugar: Lugo, aulas de formación da Deputación Provincial de Lugo, r/ San Marcos, nº 8.

3. Datas: 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de abril de 2004.

4. Horario: de 17.00 a 20.00 horas.

5. Prazas: 25.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia que segundo modelo oficial figura como anexo I desta resolución, e cubrila en tódolos seus epígrafes, e na que se farán constar, en todo caso, os seguintes datos:

Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade, xuntándolle á solicitude a certificación, que figura como anexo II desta resolución, na que conste o tipo de traballo que realiza e a súa relación co contido do curso.

Conformidade da entidade na que presta servicios. Cando solicite máis dun interesado da mesma corporación, deberase especifica-la orde de preferencia.

A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscri

cións por telefax: 981 54 63 30, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 7 de abril de 2004.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos e publicarase na páxina web: www.egap.xunta.es.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 11 de febreiro de 2004, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Oitava.-Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril, e corrección, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,20 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 136/1997, do 5 de xuño (DOG nº 114, do 16 de xuño), sobre a determinación dos méritos que lle corresponde fixar á Comunidade Autónoma nos concursos para a provisión de prazas reservadas a funcionarios da Administación local con habilitación de carácter nacional, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,10 puntos.

Novena.-Contido.

A linguaxe administrativa como linguaxe de especialidade. Criterios xerais de estilo na redacción administrativa. Actas, ordenanzas, pregos de condicións, contratos, informes, resolucións e recursos.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega

de Administración Pública

ANEXO II

Don/Dona..., secretario/a xeral do concello ou entidade local...,

CERTIFICO:

Que don/dona..., no desempeño do seu posto de traballo de... realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso...

..., ... de... de 2004.

Asdo.:...