DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Xoves, 25 de marzo de 2004 Páx. 4.095

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2004 pola que se convoca un curso sobre protección do patrimonio cultural do Camiño.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2004, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso sobre protección do patrimonio cultural do Camiño, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

-Obxectivos.

Achegar unha información suficiente sobre os bens culturais de Galicia, coa finalidade de facilita-lo labor das forzas de seguridade na defensa destes.

Desde un punto de vista pluridisciplinar, abordarase con máis detalle a protección que o orde

namento xurídico dispensa ós bens histórico-artísticos, con especial incidencia nos aspectos culturais, urbanísticos e do ambiente.

A celebración este ano do Xacobeo 2004, determina a necesidade de realizar unha especial referencia ós Camiños de Santiago e á súa protección.

-Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros das forzas e corpos de seguridade con competencia no territorio polo que discorre o Camiño francés.

-Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

-Prazas: 30.

-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 20 de abril de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade; avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Datas.

O curso desenvolverase durante os seguintes días: 27, 28 e 29 de abril de 2004.

O horario será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas os días 27 e 28; sendo unicamente en xornada de mañá o día 29.

-Contido.

No curso desenvolveranse os seguintes temas:

I. A protección xurídica dos bens culturais.

II. A posta en valor do patrimonio arqueolóxico en Galicia.

III. Intervencións da Policía autonómica en relación co Patrimonio Cultural.

IV. Persecución dos atentados contra o patrimonio. Actuacións operativas.

V. A arte galega.

VI. Referencias históricas ó Camiño de Santiago.

VII. Aspectos penais da protección do patrimonio histórico e cultural.

VIII. A protección do ambiente. Especial referencia ó Camiño de Santiago.

IX. Ordenación urbanística e protección do medio rural.

-Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 22 de abril a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

-Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avda. da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

-Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este.

-Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 12 de marzo de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade