DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Xoves, 25 de marzo de 2004 Páx. 4.094

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2004 pola que se convoca unha xornada sobre as conduccións de gases e de líquidos inflamables.

Dentro do programa de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2004, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunha xornada sobre as conduccións de gases e de líquidos inflamables, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Facer unha posta en común de determinados aspectos sobre a conducción de gases e de líquidos inflamables na Comunidade Autónoma de Galicia. Seguridade. Medida de prevención e medidas de intervención no caso dun hipotético accidente.

Segunda.-Destinatarios.

A xornada vai dirixida a:

-Técnicos e responsables de seguridade, prevención e planificación de empresas e actividades afectadas.

-Técnicos e responsables das administracións públicas (Administración xeral do Estado en Galicia;

Administración autónoma e Administración local) que teñan que ver directa ou indirectamente coa prevención e planificación contra os riscos tecnolóxicos.

-Organizacións, entidades, asociacións que estean interesados e relacionados con este tema.

-Responsables de agrupación que teñan o seu ámbito de actuación en vías de tránsito de mercadorías perigosas.

Terceira.-Desenvolvemento.

1. Prazas: o número de prazas ofertadas para esta xornada é de 60.

2. Duración e datas: a xornada desenvolverase durante o día 22 de abril de 2004, en horario de 9.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

3. Lugar: a xornada realizarase na sede da Academia Galega de Seguridade no Concello da Estrada.

Cuarta.-Solicitudes e prazo de inscrición.

1. A inscrición dos participantes é totalmente gratuíta.

2. O persoal que desexe participar nesta xornada deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

3. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 15 de abril de 2004.

4. As instancias deberán vir asinadas polo presidente da agrupación ou xefe do organismo a que estea adscrito e seladas, e no caso de haber máis dunha solicitude da mesma entidade, relacionalas en orde prioritaria. Este será requisito indispensable para ser admitido no curso.

5. As instancias deberán enviarse por correo, fax, etc. á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, fax 986 59 09 88, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinta.-Contido.

Nela trataranse os seguintes temas:

1. Líquidos inflamables: gasolina, gas-oil. Oleoductos de Galicia.

2. Conduccións de líquidos inflamables e G.L.P. nunha instalación fixa. Terminais marítimos. Conducción a través de núcleos urbanos. Seguridade e prevención.

3. Conduccións de gas natural en Galicia. Grandes instalacións industriais.

4. Conduccións de gas natural nunha cidade. Seguridade e prevención.

Sexta.-Relación de admitidos.

A relación de participantes admitidos para a realización da xornada exporase no taboleiro de anun

cios da Academia Galega de Seguridade, sen prexuízo da oportuna notificación ós seleccionados con antelación á celebración da mesma. Tamén poden confirma-la súa admisión chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Ó remate da xornada entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a ela.

Oitava.-Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento da xornada para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 11 de marzo de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade