DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Xoves, 25 de marzo de 2004 Páx. 4.070

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 11 de marzo de 2004 pola que se establecen axudas para a prevención e a defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común.

A Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e da función pública e actuación administrativa, modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que regula a concesión de axudas e subvencións que se outorga con cargo á Comunidade Autónoma galega.

O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma galega.

Esta normativa fai referencia ós principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, ós que se deberá axusta-la concesión de axudas públicas que se outorguen con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (artigo 78.1º do Decreto lexislativo 1/1999 e artigo 3.1º do Decreto 287/2000).

O Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autómoma de Galicia, funcións e servicios en materia de conservación.

O Decreto 14/2002, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, modificado polos decretos 333/2002 e 366/2003, dispón no seu artigo 1 que a Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma galega ó que lle corresponde o exercicio das competencias que en materia de ambiente e conservación da natureza, se establecen nos artigos 27.10º, 11º, 15º e 30º e 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación, en especial a normativa sobre protección ambiental de Galicia.

A Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, establece no seu artigo 25 que a Consellería de Medio Ambiente lle dará ós montes veciñais en man común carácter preferente nas súas actuacións de fomento e mellora da producción agraria e na concesión de axudas para esta finalidade.

O Regulamento nº 1257/1999, do Consello do 17 de maio de 1999, sobre axudas ó desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía (Feoga), recolle nos seus artigos as accións subvencionadas nesta orde, e establece o marco das axudas comunitarias a favor dun desenvolvemento rural sustentable.

De conformidade co anterior, o obxecto da presente orden será incentiva-la colaboración dos titulares de montes veciñais en man común na realización de traballos de silvicultura preventiva co fin de minimiza-las consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poden provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e producción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, onde supoñen aproximadamente un tercio da superficie forestal existente; e en conxunto sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia, continuando coa política de prevención e defensa contra incendios forestais da Consellería de Medio Ambiente.

Por todo isto, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada por la Ley 11/1988, do 20 de octubro, e pola Lei 12/1989, do 4 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establece-las axudas que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Artigo 2º-Ámbito de aplicación.

O disposto nesta orde será de aplicación ós montes veciñais en man común da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión do dito consorcio ou o seu paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde.

Artigo 3º.-Condicións xerais.

Os interesados solicitarán a concesión das axudas baixo as seguintes condicións:

1ª Deberán presenta-la solicitude, e o resto da documentación necesaria antes de comeza-lo servicio ou de merca-los equipamentos ou vehículos.

2ª No caso de se concede-la subvención, o pagamento será satisfeito unha vez realizado o servicio e/ou a compra de equipos ou vehículos, sen prexuízo dos anticipos que se establezan para cada caso nos artigos seguintes.

3ª Cando as axudas consistan nunha porcentaxe do orzamento do servicio ou subministración, o total da axuda calcularase segundo o orzamento apreciado e aprobado pola Consellería de Medio Ambiente, segundo o disposto no anexo I. As cantidades xustificadas en concepto de IVE non serán subvencionables na medida en que sexan recuperables pola Facenda Pública.

4ª O persoal e medios incluídos nas actividades que se van subvencionar, deberán estar operativos na data que estableza a Consellería de Medio Ambiente no escrito de aprobación que se remita.

Artigo 4º.-Actividades subvencionables.

1. As actividades que se subvencionarán inscríbense en dous grupos:

Grupo I: obra preventiva e operatividade de cuadrillas.

Comprende en particular as seguintes accións e subministracións:

a) Realización de traballos de silvicultura preventiva con tractores e os seus apeiros.

As obras consistirán no roza mecanizada de faixas auxiliares de pista e áreas cortalumes, coas condicións mínimas especificadas no anexo V desta orde.

b) Xornada de traballo do persoal integrante das cuadrillas de prevención durante cinco meses. As cuadrillas estarán compostas, en todo momento, polo menos por cinco integrantes efectivos por xornada de traballo.

c) Adquisición de ferramentas de prevención: (motorrozadoras) coas características mínimas que se detallan no anexo VI.

d) Compra de ferramentas de defensa contra incendios e material de equipo.

e) Adquisición de batelumes.

f) Adquisición de vestiario ignífugo e equipamento de seguranza persoal.

g) Adquisición de caixa de primeiros auxilios.

h) Aluguer de vehículo todo terreo de transporte ou operatividade de vehículo todo terreo propio.

i) Operatividade de tractor con cisterna.

j) Adquisición de tramos de mangueira para tractores con cisterna. Serán tramos de mangueira con racores TB de 25 mm, en rolos de 20 m, que cumprirán as condicións técnicas mínimas que se detallan no anexo VII desta orde.

Establécense os seguintes requisitos básicos para a concesión de axudas neste primeiro grupo:

-Soamente poderá concederse axuda para a contratación de cuadrillas a aqueles beneficiarios que soliciten e lles sexa concedida axuda para a realización de traballos preventivos con tractores.

-A adquisición de mangueiras para tractores con cisterna estará supeditada á concesión de axuda para a operatividade destes medios.

-O resto de accións e subministracións incluídas neste grupo estará vinculado á solicitude e concesión de axuda para a contratación de cuadrillas.

Grupo II: adquisición de vehículos todo terreo equipados para a prevención e defensa de incendios forestais.

Estes vehículos irán dotados cun depósito para auga cunha capacidade útil mínima de 400 l, incluíndo chasis, carrocería para a extinción de incendios, equipamento e demais extras que a xuízo do solicitante poidan contribuír a mellora-la operatividade do vehículo, cumprindo sempre coas características mínimas esixidas no anexo VIII e sendo todo isto novo e de recente fabricación.

A axuda para a adquisición destes vehículos, só poderá concederse ós beneficiarios que solicitasen e obtuviesen axuda para a contratación de cuadrillas.

Artigo 5º.-Importes e porcentaxes máximos das axudas.

1. A contía das axudas estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

2. No anexo I desta orde figura unha relación de prezos que se aplicarán para valora-las accións, equipamentos, vehículos ou subministracións. Estes prezos son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como tope máximo na aplicación polos servicios de defensa contra incendios forestais para a aprobación dos orzamentos.

3. Os importes das axudas sobre o orzamento aprobado serán os seguintes:

Grupo I:

-Realización de traballos silvícolas con tractores. Subvención ata un 80%.

O máximo a subvencionar por beneficiario será de seis mil euros (6.000 A).

-Xornada de traballo dos cinco integrantes efectivos das cuadrillas de prevención durante cinco meses, incluída Seguridade Social en réxime xeral. Subvención: ata o 70%.

-Adquisición de motorrozadoras. Subvención: ata o 50%. Subvencionaranse un máximo de dúas unidades por cuadrilla.

-Compra de ferramentas de defensa contra incendios e material de equipamento. Subvención: ata o 50%.

-Adquisición de batelumes. Subvención: ata o 100%.

-Adquisición de vestiario ignífugo e equipamento de seguranza persoal. Subvención: ata o 50%.

-Adquisición de caixa de primeiros auxilios. Subvención: ata o 50%.

-Aluguer de vehículo todo terreo de transporte ou operatividade de vehículo todo terreo propio. Subvención: ata o 70%.

-Operatividade de tractor con cisterna cunha capacidade mínima de 2.000 l de auga e 100 m de mangueira. Subvención: ata o 100%.

-Adquisición de tramos de mangueira para tractores con cisterna. Subvención ata o 100%. Subvencionarase un máximo de cinco tramos de mangueira por tractor cisterna.

Grupo II:

-Adquisición de vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa de incendios forestais. Subvención ata un 40%. Subvencionarase un máximo dunha unidade por beneficiario.

Artigo 6º.-Distribución do crédito.

A distribución do crédito entre os dous grupos xa referidos será a seguinte:

Grupo I: un millón cento oito mil euros (1.108.000 A).

Grupo II: cento noventa e dous mil euros (192.000 A).

No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se cubra a totalidade do importe especificado para algún dos dous grupos, o importe sobrante pasará ó outro grupo, en caso de ser necesario para hacer fronte ós expedientes solicitados.

Artigo 7º.-Superficies forestais mínimas para solicitar axudas.

A superficie forestal mínima do monte ou montes veciñais para os que se soliciten estas axudas será de cincocentas hectáreas. No caso de agrupación de montes estes terán que ser colindantes ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre estar situados nunha mesma provincia.

Artigo 8º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares de montes veciñais en man común así como as súas agrupacións.

En todo caso, os solicitantes deberán acreditar documentalmente a representación que teñen, de conformidade co artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 9º.-Obrigas dos beneficiarios e coordinación co Servicio de Defensa contra Incendios Forestais.

1. O beneficiario comprométese a contrata-lo persoal necesario para ter en todo momento as cuadrillas integradas por un mínimo de cinco compoñentes. Estas cuadrillas de prevención realizarán rozas manuais selectivos en faixas auxiliares de pista e áreas cortalumes co fin de reduci-la carga de combustible presente no monte e crear zonas de descontinuidade, contribuíndo así a diminuí-lo risco de propagación de incendios forestais e a minimiza-los danos causados por estes sinistros, en caso de se producir. Estes traballos realizaranse sempre dentro do ámbito territorial do monte ou montes para os que o beneficiario solicite a axuda.

A planificación destes labores corresponderá ó órgano contratante, de acordo co S.D.C.I.F, axustándose en todo caso ás seguintes condicións:

-Rozarase un mínimo de 10 ha por cuadrilla durante os cinco meses de actuación.

-Os restos procedentes destes traballos serán triturados mecanicamente. No caso de que a meca

nización non fose técnicamente posible poderán quedar acordoados ou ser eliminados mediante queima, para a que cómpre solicita-la correspondente autorización.

2. En canto á contratación do persoal para a formación das cuadrillas de prevención de incendios forestais, tódalas actuacións derivadas dela serán responsabilidade do órgano contratante. O persoal contratado dependerá tanto xurídica como organicamente do dito órgano e en ningún caso terá vínculo laboral coa Xunta de Galicia.

3. Os vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais adquiridos coa axuda obxecto desta orde levarán rotulado nas portas da cabina deste o anagrama da Consellería de Medio Ambiente, así como que está subvencionado pola dita consellería, segundo as indicacións que a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais facilitará ós beneficiarios. Estes vehículos realizarán labores de vixilancia, detección, prevención e defensa contra incendios forestais.

4. Unha vez aprobada a subvención para a adquisición dos vehículos todoterreo, os beneficiarios deberán dispoñer destes totalmente equipados e en perfectas condicións de uso e operatividade, como máximo, ós catro (4) meses de recepción da notificación de concesión da axuda.

5. Tódolos medios humanos e materiais ós que se refire esta orde, no caso de ser requiridos polo S.D.C.I.F, colaborarán na extinción de incendios forestais declarados no ámbito territorial do concello ou concellos ós que pertenzan os montes beneficiarios da subvención e no dos concellos limítrofes.

6. As características dos vehículos, material e equipamiento obxecto desta subvención supeditaranse á normativa comunitaria, nacional e autonómica, se a houbese, en particular no referente ós EPI, ás directivas comunitarias, de acordo co Real decreto 1407/1992, do 20 de novembro, polo que se regulan as condicións de comercialización e libre circulación intracomunitaria dos equipamentos de protección individual (BOE n º 311, do 28 de decembro).

7. A actividade subvencionada comezará e rematará na data que determine a Consellería de Medio Ambiente ó aproba-la subvención, debéndose engadir como días de traballo os domingos, festivos e festas locais para as axudas que contemplen a contratación de persoal así como para tractores e para os vehículos todo terreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais, unha vez adquiridos.

8. Calquera modificación na localización ou composición do persoal contratado, deberá ser comunicada ó Servicio de Defensa contra Incendios Forestais para o seu coñecemento.

Artigo 10º.-Criterios de selección.

Segundo o artigo 3.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, a concesión de axudas axustarase ós principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Co obxectivo de que os medios subvencionados complementen de forma óptima ós do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais nos labores de prevención e defensa destes sinistros, é requisito básico establecer unha asignación territorial a nivel provincial destes medios de xeito que se consiga unha concentración de esforzos e unha acción de conxunto no territorio de toda a comunidade.

Polo tanto, de acordo co anterior establécese a seguinte distribución territorial básica:

Intervalo de distribución territorial para as cuadrillas subvencionadas:

MínimoMáximo

A Coruña813

Lugo813

Ourense814

Pontevedra916

Distribución territorial mínima dos vehículos equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais:

A Coruña: 4.

Lugo: 4.

Ourense: 4.

Pontevedra: 4.

Cando as solicitudes presentadas superen os mínimos provinciais anteriores e existan dispoñibilidades orzamentarias, atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata o máximo provincial, segundo o baremo seguinte:

1. Montes veciñais situados en concellos declarados de especial vixilancia de incendios forestais o incluídos na proposta galega de espacios naturais da Rede Natura 2000: 2 puntos.

Véxase o anexo IX en que se recolle a relación de concellos situados en zonas de especial vixilancia e a Orde do 9 de xuño de 2003, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espacios en réxime de protección xeral (DOG nº 215, do 16 de xuño).

Por outra banda, no caso de que o monte ou montes veciñais estean situados en parroquias de actuación prioritaria, á puntuación obtida anteriormente sumaráselle 1 punto. No anexo IX recóllese a relación destas parroquias.

2. Mancomunidades, comunidades ou agrupacións de montes veciñais que recibisen axudas para a contratación de cuadrillas de prevención en virtude de ordes para dotación e adquisición de equipamentos para a prevención de incendios forestais desde o ano 1999, coa seguinte puntuación, segundo o ano que se percibiu:

Ano 1999: 0,5 puntos.

Ano 2000: 0,6 puntos.

Ano 2001: 0,75 puntos.

Ano 2002: 0,85 puntos.

Ano 2003: 1 punto.

No caso de continuidade na percepción destas axudas, á puntuación obtida da suma dos anos en que se percibiu a subvención terían que engadírselle os seguintes puntos:

0,3 puntos, no caso de obtención desta axuda desde 1999 a 2003.

0,2 puntos, no caso de obtención desta axuda durante catro anos consecutivos.

0,15 puntos, no caso de obtención desta axuda durante tres anos consecutivos.

0,1 puntos, no caso de obtención desta axuda durante dous anos consecutivos.

3. Se existe instrumento de planificación forestal para o monte ou montes beneficiarios (proxecto de ordenación ou plan técnico) aprobado e rexistrado pola Dirección Xeral de Montes e Industrias forestais: 1,5 puntos.

4. Necesidades operativas do despregamento de medios do S.D.C.I.F : ata 1,5 puntos.

No caso de que cada provincia cubra os mínimos establecidos no requisito básico de distribución territorial e existan dispoñibilidades orzamentarias, a concesión da axuda para o resto de solicitudes pendentes farase a nivel rexional, tendo como límite o máximo provincial, atendendo á maior puntuación obtida polos solicitantes, segundo os baremos anteriores.

No caso de que algunha provincia non cubra a súa asignación mínima, os seus medios asignaranse entre os solicitantes do resto das provincias, atendendo ó mesmo criterio exposto no parágrafo anterior, podendo neste caso, excepcionalmente, excede-lo máximo provincial nalgunha delas, se existisen dispoñibilidades orzamentarias.

Para tódolos casos, de existir empate, prevalecerá a maior puntuación obtida no punto 2. De continuar este, será preferente a maior puntuación obtida nos puntos 1, 3, e 4 sucesivamente.

Artigo 11º.-Procedemento de concesión.

O procedemento de concesión de subvencións axustarase ó disposto prioritariamente na sección terceira do capítulo segundo do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 12º.-Presentación das solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse en impreso normalizado que facilitarán os servicios de defensa contra incendios forestais nas súas oficinas provinciais ou de distrito, utilizando o modelo adxunto a esta orde (anexo II e anexo II bis). Non obstante, admitirase documentación achegada polo interesado que sexa suficiente para un adecuado coñecemento do solicitado, sen prexuízo da súa emenda, a que fai referencia o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os impresos debidamente cubertos irán acompañados da seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do titular dos terreos e do solicitante.

b) Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir axudas á Consellería de Medio Ambiente, para a execución das accións obxecto da solicitude.

c) Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para efectos de tramitación da axuda, segundo anexo III.

d) Para a realización de rozas mecánicas con tractores: memoria técnica, xunto co orzamento e planos sobre mapas da Consellería de Política Territiorial Obras Públicas e Vivenda (CPTOPV) con escala preferentemente 1:5.000 ou no seu defecto 1:10.000.

e) Para a adquisición de vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais: factura proforma con tódalas características técnicas e prezo do vehículo que se pretende adquirir, detallado. Especificarase, polo tanto, o precio de cada unha das unidades que compoñerán o vehículo (chasis, carrozado para a defensa contra incendios forestais, equipamento de que dispoñerá e calquera outro accesorio que se queira engadir), no cal teñen que figura-las características mínimas que teñen que cumpri-los vehículos conforme o anexo VIII.

A presentación das solicitudes poderase realizar en calquera lugar dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

Artigo 13º.-Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 14º.-Instrucción e resolución de expedientes. Recursos administrativos.

1. A Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, a través da Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais valorará as peticións segundo os criterios de selección recollidos no artigo 10º.

2. Unha vez presentada a solicitude revisarase a documentación e en caso de que conteña defectos ou omisións non esenciais, a Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais requirirá o solicitante a emenda dela, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, con indicación de que de non se facer así, se desestimará a súa petición e se arquivará o expediente sen máis trámite, para os efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992.

3. O director xeral de Montes e Industrias Forestais elevará as propostas ó conselleiro de Medio Ambiente, que é o órgano ó que lle corresponde dicta-la resolución de aprobación da subvención. A resolución efectuarase tendo en conta os criterios de selección desta orde e en réxime de concorrencia competitiva, axustándose ós principios de concorrencia, transparencia e igualdade.

4. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá conceder ou denega-la axuda de xeito motivado, concretando, se é o caso, a contía, nun prazo máximo de 4 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Esta resolución notificarase ós interesados no prazo dos 10 días seguintes á toma do acordo.

5. Excepcionalmente, o conselleiro de Medio Ambiente poderá acorda-la ampliación do prazo máximo de resolución e notificación mediante motivación clara das circunstancias concorrentes, e só unha vez esgotados tódolos medios á disposición posibles, de conformidade co disposto no artigo 42.6º, en relación co artigo 49, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. No caso de non recaer resolución expresa no dito prazo, o interesado poderá entender desestimada a solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

7. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada a solicitude por silencio administrativo; ou ben poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, consonte o disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 15º.-Anticipos.

O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 16.2.dous.3 que, con carácter excepcional e por resolución motivada da consellería correspondente (neste caso da Consellería de Medio Ambiente), poderá autorizar un anticipo de ata o 50% do importe total da subvención aprobada, nos casos en que o investimento esixa pagamentos inmediatos, sen prexuízo das limitacións que poidan existir, se é o caso, na normativa básica da Unión Europea sobre fondos estructurais.

Para a aprobación deste anticipo, o beneficiario deberá remitir nun prazo máximo de quince días contados a partir da data de inicio dos traballos, establecida na resolución de aprobación da axuda a seguinte documentación:

-Certificado de non ter débedas coa Seguridade Social.

-Certificado de non ter débedas coa Axencia Tributaria, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

-Certificado de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

-Declaración de axudas solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes delas.

-Nome dos integrantes da cuadrilla (especificando o nome da persoa que actúa como coordinador e responsable dos integrantes desta).

-Escrito en que se deixe constancia da marca e matrícula do vehículo todo terreo (alugado ou propio) e de que permanece en perfectas condicións mecánicas e de dotación e que está ó día en toda a documentación, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica (ITV), pólizas de seguro, impostos, etc.

-Un número de teléfono de contacto 24 horas.

-Escrito en que se deixe constancia de que os integrantes da cuadrilla estean equipados adecuadamente para o traballo que se vai realizar, desde a data de inicio del.

-Matrícula do tractor con rozadora, nome ou nomes das persoas que operan con el e un número de teléfono de contacto 24 horas. O vehículo permanecerá en perfectas condicións mecánicas e de dotación e estará ó día en toda a documentación, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica (ITV), pólizas de seguro, impostos, etc.

Ademais, no caso de que se reciba axuda para a operatividade dun tractor con cisterna, deberase comunica-la mesma información que a reflectida para o tractor con rozadora.

Non se aplicará o pagamento anticipado á adquisición de vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais. Para estes vehículos o pagamento será único e realizarase unha vez que o beneficiario notifique a súa adquisición á Consellería de Medio Ambiente e esta realice as comprobacións pertinentes, segundo se reflictirá posteriormente.

Artigo 16º.-Execución da subvención.

A aprobación da subvención implicará o compromiso dos solicitantes de executa-las accións indicadas nas condicións propostas. A execución das actividades obxecto de axuda deberá realizarse na extensión e co orzamento indicado no impreso de solicitude. Unha realización da acción subvencionada un 50% inferior á proposta, agás por causa de forza maior, suporá a revogación da subvención concedida, logo da correspondente valoración polos técnicos dos servicios de defensa contra incendios forestais.

Realizarase unha inspección previa á iniciación da obra preventiva dos tractores polo técnico com

petente da Consellería de Medio Ambiente para verifica-las superficies, así como para comproba-los datos da solicitude e a viabilidade dos traballos.

No caso de renuncia, despois de recibida a aprobación da subvención, deberá comunicarse por escrito á Consellería de Medio Ambiente.

Artigo 17º.-Responsabilidade.

A organización e materialización das actividades subvencionadas será responsabilidade exclusiva do beneficiario.

A actuación da Consellería de Medio Ambiente quedará limitada ó outorgamento da correspondente subvención a garanti-lo cumprimento da normativa en materia de subvención.

Artigo 18º.-Xustificación de gastos.

O beneficiario deberá comunicar á Consellería de Medio Ambiente o remate dos traballos así como, se é o caso, a adquisición dos vehículos.

Os gastos de execución das accións subvencionadas serán debidamente xustificados polo beneficiario, mediante a presentación de facturas orixinais, nóminas, boletíns de cotización da Seguridade Social, contratos e demais documentos acreditativos de xustificación do investimento, tal e como establece o artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Para tódalas actuacións subvencionadas nesta orde no momento da xustificación da execución total do proxecto e, con anterioridade ó pagamento, o beneficiario deberá presenta-la seguinte documentación:

-Certificado de non ter débedas coa Seguridade Social.

-Certificado de non ter débedas coa Axencia Tributaria, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

-Certificado de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

-Declaración de axudas solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes delas.

Para o caso particular da adquisición de vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais ademais dos documentos anteriores o beneficiario deberá remitir:

-Factura orixinal ou copia compulsada ou cotexada e xustificación do seu pagamento.

Pola súa banda, a Consellería de Medio Ambiente levará a cabo a súa función de comprobación do investimento a través das certificacións dos técnicos competentes, concretándose estas da seguinte maneira:

1. Traballos silvícolas de cuadrillas.

Certificado emitido polo técnico competente en que se indique se as obras realizadas polas cuadrillas foron realizadas conforme o establecido no artigo 9º desta orde.

2. Traballos silvícolas con tractores:

Certificado emitido polo técnico competente en que se indique se as obras realizadas foron executadas conforme a solicitude e a memoria presentada polo beneficiario especificando o lugar e hectáreas rozadas.

Con esta certificación poderá modificarse á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realice un número menor de unidades de obra das aprobadas.

3. Adquisición de vehículos todo terreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais

Certificado emitido polo técnico competente en que se indique se o vehículo cumpre coas condicións mínimas requiridas na orde e se verifique a súa propiedade a favor do beneficiario da subvención e que permanece en perfectas condicións mecánicas e de dotación e está ó día en toda a a súa documentación, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas.

O prazo para a presentación dos xustificantes das accións realizadas, obxecto da subvención, rematará o 31 de outubro.

Artigo 19º.-Comprobacións.

1. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de comprobación que deba efectua-la entidade concedente ou, se é o caso, a colaboradora e as de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e coas previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, consonte co disposto no artigo 78.4º d) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do réxime xeral orzamentario de Galicia, e o capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución favorable.

Artígo 20º.-Revogacións.

Consonte o disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, modificado pola Lei 8/1999, e no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, será motivo de revogación (total ou parcial) da axuda recibida, mediante resolución razoada do mesmo órgano que a concedeu, e procederá ó reintegro total ou parcial da axuda recibida, xunto cos xuros devengados desde o seu pagamento nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificar.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

Así mesmo, procederase ó reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administraciones públicas ou outras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

Artigo 21º.-Financiamento.

O financiamento das axudas que recolle esta orde efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.422C.770.0, código de proxecto 15.00.707: «Subvención para investimentos en materia de prevención de incendios», dotada cun millón trescentos mil euros (1.300.000 euros), nos orzamentos da Consellería de Medio Ambiente para o exercicio do 2004. A Consellería de Medio Ambiente, chegado o caso, poderá aumenta-lo orzamento dispoñible para o financiamento da presente orde, sempre e cando existan dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 22º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condiciones tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, consonte o disposto no artigo 12.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 23º.-Procedemento sancionador.

O artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, regula as infraccións e sancións administrativas en materia de axudas e subvencións públicas, así como o réxime de responsabilidade e os órganos competentes para o exercicio da potestade sancionadora.

A imposición de sancións realizarase unha vez instruído o oportuno expediente, consonte o disposto no Decreto 287/2000, no Decreto lexislativo 1/1999, na Lei 30/1992 e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Disposicións adicionais

Primeira.-As axudas contidas nesta orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública e con calquera outro réxime de axudas comunitarias.

Segunda.-Segundo o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán manterse as condicións do investimento ou o emprego ligado a este durante un período mínimo de cinco anos.

Terceira.-A Consellería de Medio Ambiente poderá modifica-la resolución de concesión por instancia do beneficiario, consonte os requisitos previstos no artigo 12.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte co anterior o acto polo que se acorde a modificación da resolución, ou, se é o caso, se denegue, será dictado polo órgano concedente, logo da instrucción do correspondente expediente no que se dará audiencia ós interesados na forma prevista no artigo 9.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para dictar tódalas disposicións complementarias, dentro do ámbito das súas competencias, co obxecto de desenvolver esta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2004.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

UnidadeDescriciónPrezo máximo

aplicable

en euros

haRoza mecanizada con tractor e rozadora de brazo en faixas auxiliarses de pistas.450

haRoza mecanizada con tractor e rozadora de cadeas en áreas cortalumes.375

XornalXornada de 8 horas e con dedicación plena durante elas para cuadrillas de prevención e defensa compostas por cinco integrantes, incluíndo seguros:

réxime xeral

225

DíaAluguer ou operatividade de vehículo todo terreo para cuadrillas de prevención e defensa, ó día.30

UnidadeBatelumes de caucho con mango.22

UnidadeFerramenta forestal.25

UnidadeEquipamento de protección individual completo (funda, botas, casco, cinto, máscara, lentes, luvas e lanterna).150

UnidadeRozadora manual1.200

UnidadeCaixa de primeiros auxilios.35

DíaOperatividade de tractor con cisterna con capacidade mínima de 2.000 l e 100 m de mangueira11

UnidadeTramo de mangueira con racores TB, de 25 mm en rolos de 20 m.90

UnidadeVehículo todoterreo para a prevención e defensa contra incendios forestais.30.000

ANEXO V

Definición e condicións técnicas mínimas das faixas auxiliares.

Consistirán na roza e eliminación da parte aérea do mato existente nas marxes ou noiros de camiños forestais ou vías de diversa orde.

Realizaranse para iso pasadas paralelas en sentido lonxitudinal co tractor, conformando un largo teórico de 3 m/faixa, a ámbalas marxes do camiño, totalizándose unha superficie de 6.000 m/km de percorrido.

Utilizarase como apeiro unha rozadora de coitelas de eixe horizontal en cabezal axustado a un brazo hidráulico movido por un tractor de rodas de polo menos 100 C.V.

Definición e condicións técnicas mínimas das áreas cortalumes.

Consistirá na roza e eliminación da parte aérea do mato existente nas monteiras sinaladas.

Utilizaranse mediante pasadas de ida e volta con tractor eiruga ou de rodas de polo menos 100 C.V ó que se axustará unha rozadora de cadeas ou de eixe vertical.

ANEXO VI

Definición e características técnicas mínimas que deberán cumpri-las motorrozadoras.

1. Definición.

Ferramenta de traballo para a realización de rozas por parte das cuadrillas subvencionadas.

2. Bases técnicas.

As motorrozadoras que se desexen adquirir serán novas, de recente fabricación, de tipo moderno e de primeira calidade.

Dado que este material se utilizará en duras condicións de traballo, as súas características básicas serán tales que reúnan unhas condicións de robustez, lixeireza, facilidade de manexo, conservación e mantemento que aseguren a máxima efectividade e duración do equipo.

2.1. Características técnicas do material.

Basicamente, o aparello estará constituído dun motor de dous ou de catro tempos, cun sistema antivibración que reduza a transmisión de vibracións orixinadas polo motor e pola ferramenta de corte en movemento e un sistema de acendido que garanta un arrinque fiable e un funcionamento do motor sen avarías.

Datos técnicos:

-Cilindrada entre 56,50 e 65,20 cc.

-Potencia entre 3,60 e 4,20 CV.

-Peso entre 10 e 12 kg e tendo en conta o combustible e accesorios.

2.2. Grupo motor.

Estarán dotados dun motor de explosión de 2 ou de 4 tempos, cun sistema de filtros de aire que alongue os intervalos de limpeza e ofreza unha protección fiable do motor.

Prestarase especial atención á relación peso/potencia.

2.3. Carburación.

Estará provisto dun carburador que sexa insensible a calquera posición de traballo con bomba de combustible incorporada.

2.4. Sistema eléctrico.

O sistema de acendido electrónico garantirá un arrinque fiable e un funcionamento do motor sen avarías.

2.5. Silenciador.

Constarán dun silencioso adecuado para este tipo de motores de elevado número de r.p.m., e deberá ser especificado na oferta o nivel de ruído que alcanza co motor a plena carga.

2.6. Refrixeración.

A refrixeración realizarase por circulación forzada de aire por medio de turbina, orientándose o fluxo sobre as aletas do cilindro e culata por medio de carenado; a toma de aire estará protexida por reixa.

2.7. Depósito de combustible.

Posuirá un depósito de combustible de doada enchidura dotado de válvula de aireación e antiderramo, e será transparente para poder controla-lo nivel de consumo. O filtro de toma será de feltro ou outro material que permita unha longa duración e de doada extracción e substitución.

No seu conxunto, estará debidamente illado da calor irradiada polo motor. Serán preferibles aqueles equipos que precisen gasolina sen chumbo para protexe-lo ambiente e ademais non necesiten ser alimentados con mesturas de gasolina de octanaxe alta.

2.8. Arrinque.

O arrinque será manual por cable ou electrónico.

2.9. Embrague.

O dispositivo de embrague será automático, de tipo centrífugo e de longa duración; estará debidamente protexido contra a entrada de graxas, aceites e mestura de combustible derramado.

2.10. Accesorios de corte.

A motorrozadora virá provista dunha caixa reductora en que se poderán inseri-los distintos elementos de corte. Serán facilmente substituíbles e dispoñerase de ferramentas necesarias para realizar este recambio.

2.11. Proteccións.

Valoraranse especialmente aqueles dispositivos de que veñan dotadas, como protectores para accesorios de corte así como o número e tipo de repostos que se entreguen con cada unidade.

2.12. Material.

Cada unidade virá dotada como mínimo de:

1 libro de instruccións de uso, mantemento e pezas de recambio.

1 xogo de ferramentas básicas de mantemento.

2 accesorios de corte para matos e un para cortar arbustos e árbores delgadas.

1 arnés co seu cinto de porte.

ANEXO VII

Características técnicas mínimas que deberán cumpri- las mangueiras.

O material será novo, de recente fabricación, de tipo moderno e de primeira calidade.

Dado que este material será utilizado en operacións de extinción, en duras condicións de traballo, as súas características básicas serán tales que reúnan unhas condicións de robustez, lixereza, facilidade de manexo, conservación e mantemento, que aseguren a súa máxima efectividade e duración. Estas características son:

1. Constarán dun tubo flexible, exento de rixidez en tódalas súas partes, formado por 4 capas, que ó entrar en carga adopte a sección circular. Os materiais en que estea construído, así como a súa espesura, serán tales que o dito armazón teña a resistencia necesaria para soportar polo menos unha presión de servicio de 45 bares, no caso de mangueiras de 25 mm, e para tolerar unha presión de rotura de 90 bares, segundo o ensaio 4 da norma UNE 23091-2B. E ademais estes materiais serán impermeables.

2. Os semi-racores situados ós extremos de cada tramo serán simétricos, de tipo cola estriada, anticorrosivos e de alta resistencia, e capaces de soportar presións de traballo de 45kg/cm.

3. O tecido do armazón será de fibra pouco combustible e o suficientemente resistente para soporta-la presión interior e os desgastes que, por arrastre ou roce contra o chan ou outros corpos, poida experimentar. O grao de elasticidade e de dilatación en ningún caso deberá supera-lo 6%.

ANEXO VIII

Características técnicas mínimas que teñen que cumpri-los vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais.

Chasis.

Bastidor especialmente deseñado para a súa utilización en todoterreo, con tódolos seus elementos distribuídos e/ou protexidos para que non se poidan danar nin extraer accidentalmente por ramas ou outros elementos ó circular polo monte.

Cabina.

A cabina do vehículo todoterreo terá catro portas e cinco prazas homologadas.

Motor.

Potencia máxima non inferior de 100 c.v. nin o par máximo desenvolvido inferior a 24 m/kg.

Depósito de auga.

Depósito de auga de poliéster reforzado con fibra de vidro, con capacidade útil mínima de 400 l e dotado de tabiques dique para evitar envorcaduras.

A lonxitude do depósito de auga non será superior ó 80% de longo da superficie carrozable.

Bomba.

Motor de accionamento de catro tempos, con arrinque eléctrico e manual para casos de emerxencia, con caixa reductora de revolucións do motor para o accionamento equilibrado da bomba de alta presión.

As características hidráulicas mínimas serán:

-Alta presión: P: 140 bar.

Q: 40 l/min.

A bomba accionarase electricamente con batería de 12v e de emerxencia manual a tirón.

Circuíto hidráulico.

O colector de impulsión, de aceiro inoxidable, dotarase con válvulas de paso total, provistas de racores con tapa e cadea.

Constará de 2 saídas de 25 mm, unha de saída de bomba a debandoira e outra libre con válvula para mangueira de 25 mm.

Carrete de primeiro socorro.

Será preferentemente metálico, alimentado a través dunha válvula de peche rápido e xunta axial xiratoria, con saída de 25 TB, dotado de freo, rodo, guía e dispositivo de rebobinado de accionamento hidráulico ou eléctrico, e manual para empregar en caso de avaría.

Estará dotado de:

-Un (1) tramo de 40 m de mangueira semirríxida de 25 mm con válvula de peche rápido no extremo libre e racores de 25 TB en ámbolos extremos.

-Unha (1) lanza ou pistola de chorro cheo-pulverización, con racor de 25 TB, o cal a 10 kg/cm non superará os 100 l/min.

Cadro de mandos.

Os mandos do equipamento contra incendios agruparanse de xeito que poidan accionarse por un só home sen necesidade de desprazamento.

Constará de:

a) Acelerador manual.

b) Mando de aspiración do depósito.

c) Mando de enchedura do depósito.

d) Mando de alimentación carrete primeiro auxilio.

e) Mandos de impulsión exterior.

f) Mando de refrixeración auxiliar (caso de non ser automático).

g) Mando de apagado do motor.

h) Mando de acelerador do motor.

Tódolos aparellos e mandos mencionados estarán claramente rotulados en castelán, sobre placa metálica, de xeito indeleble, resistente á auga, intemperie, gasolina, aceite, deterxentes, etc.

Aparellos de iluminación e alarmas sonoras.

Ademais dos equipos de iluminación esixidos polo Código de Circulación vixente, a unidade irá provista de:

a) Faro de prioridade, de grande intensidade, de cor ámbar, intermitente por escintileo ou xiro, situado sobre a cabina no seu centro xeométrico e claramente visible.

b) Faro de traballo traseiro, orientable, de alcance non inferior a 80 m e potencia mínima de 35 W.

c) O faro traseiro terá un dispositivo tipo mastro que permita elevalo polo menos 60 cm sobre a altura da cisterna.

d) Iluminación do panel de instruccións.

Os aparellos de iluminación e alarma, propensos a sufrir impactos, tales como faros dianteiros, faro de prioridade, pilotos, etc., irán protexidos con defensas metálicas.

A unidade irá provista como mínimo de: sirena oculta normativizada de gran potencia, podendo ser accionada en cabina polo conductor e polo copiloto.

Repartición de cargas e estabilidade.

A plena carga da repartición de pesos será dun 40% sobre o eixe dianteiro e un 60% sobre o traseiro, con desviacións previsibles en +-5%. O centro de gravidade do conxunto (vehículo + equipamento contra incendios) estará o máis baixo posible, sen desprazamentos lonxitudinais ou transversais, que afecten a súa estabilidade, de xeito que poida realizar desprazamentos e manobras de xiro en ramplas laterais de 30% (media ladeira).

Dotación

O equipamento contra incendios irá provisto dos aparellos e materiais de ataque mínimos seguintes:

1. Mangotes.

Os mangotes de aspiración do vehículo, serán de tipo semirríxido, non colapsables cun vacío interior equivalente a 9,5 m.c.a., dotados de reforzo protector metálico, o máis lixeiro posible, de baixa rugosidade interior e mínima perda de carga.

Dotaranse de axustes aliaxe de aleación lixeira.

Mangueiras.

As utilizadas coa bomba cumprirán as características técnicas seguintes:

1. Constarán dun tubo flexible, exento de rixidez en tódalas súas partes, formado por 4 capas, que ó entrar en carga adopte a sección circular. Os materiais en que estea construído, así como a súa espesura, serán tales que o dito armazón teña a resistencia necesaria para soportar polo menos unha presión de servicio de 45 bares, no caso de mangueiras de 25 mm, e para tolerar unha presión de rotura de

90 bares, segundo o ensaio 4, da norma UNE 23091-2B. Ademais estes materiais serán impermeables.

2. Os semi-racores situados ós extremos de cada tramo serán simétricos, de tipo cola estriada, anticorrosivos e de alta resistencia, e capaces de soportar presións de traballo de 45kg/cm.

3. O tecido do armazón será de fibra pouco combustible e o suficientemente resistente para soporta-la presión interior e os desgastes que, por arrastre ou roce contra o chan ou outros corpos, poida experimentar. O grao de elasticidade e de dilatación en ningún caso deberá supera-lo 6%.

As unidades levarán:

-40 m de mangueira con racores TB de 25 mm en dous (2) rolos de 20 m.

Lanzas ou pistolas.

Poderán impulsar a chorro cheo ou en pulverización; estarán construídas con material non plástico resistente á corrosión, protexido o orificio de saída contra golpes accidentais e provistas de válvula de apertura e peche. Serán de tres efectos e con posibilidade de regula-lo caudal.

Subministraranse as seguintes unidades, que atendendo ás súas dimensións, non poderán supera-los seguintes caudais máximos:

-Tres (3) lanzas de 25 TB de 100 l/min.

Material vario.

Construirase, preferiblemente, de aliaxe lixeira anticorrosiva de alta resistencia. Constará polo menos de:

-Unha (1) válvula de corte con racores TB de 25.

-Dous (2) chaves de conexión de mangotes de aspiración para racores Storz 100.

-Dez (10) xuntas de racores de 25 TB.

-Cinco (5) xuntas para mangotes de aspiración do vehículo.

Ferramentas e accesorios.

Para a realización de operacións de mantemento, ou de reparacións de emerxencia, a unidade irá provista de:

-Ferramentas para o vehículo, constando polo menos de:

K Extintor.

K Unha (1) roda de reposto e chave.

K Un (1) gato hidráulico.

K Un (1) cable de aceiro para remolque da unidade de 6 m de lonxitude.

K Cables para arrincar.

K Lanterna halóxena.

K Un (1) martelo.

K Uns (1) alicates universais de mordaza.

K Dous (2) desparafusadores planos.

K Dous (2) desparafusadores de estrela.

K Dúas (2) chaves inglesas (unha das medianas).

K Un (1) xogo de chaves fixas dobres.

K Unha (1) bomba de engraxamento de accionamento manual e graxa.

K Un (1) xogo de lámpadas e fusibles.

K Un (1) xogo de correas trapezoidais.

K Dous (2) triángulos pregables, de sinal de perigo.

K Unha (1) caixa de urxencias.

K Dous (2) calzos.

K Unha (1) caixa de ferramentas.

Ademais disporá das necesidades para o normal funcionamento das bombas contra incendios e as obrigadas polas disposicións legais pertinentes.

Todo o material deberá ir firmemente suxeito ós seus adecuados soportes, en tódalas condicións previsibles de marcha do vehículo, e disposto dunha caixa situada convenientemente e de fácil acceso.

Comunicacións.

Levará instalado un equipo de radiocomunicación móbil, extraíble, altavoz xunto ó cadro de mandos da bomba e antena, de acordo coas especificacións que determine a S.X.D.C.I.F., así como un kit de mans libres para cumpri-la normativa vixente ó respecto.

Matriculación.

Os vehículos terán que estar matriculados, estando todo debidamente autorizado e aprobado pola Inspección Técnica de Vehículos, no momento da entrega de toda a documentación acreditativa necesaria para o pagamento da subvención concedida, sendo por conta do beneficiario da subvención os gastos correspondentes de matriculación e paso da I.T.V.

ANEXO IX

Concellos incluídos en zonas de especial vixilancia e parroquias de actuación prioritaria

A Coruña.

Concellos:

1. Ames.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Bugallido e Biduído.

2. Boiro.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Bealo, Boiro, Cespón e Cures.

3. Brión.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Bastabales.

4. Ferrol.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Cabana e Brión.

5. Narón.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Castro e Xubia.

6. Neda.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Anca.

7. A Pobra do Caramiñal.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Posmarcos.

8. Porto do Son.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Nebra, Ribasieira e Xuño.

9. Rianxo.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Leiro.

10. Ribeira.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Aguiño, Carreira, Oleiros, Palmeira e Ribeira.

11. Rois.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Urdilde.

12. Santiago de Compostela.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Conxo.

13. Teo.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Calo.

Lugo.

Concellos:

1. Cospeito.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Goá, Santa Cristina, Xermar e Pino.

2. Vilalba.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Árbol.

Ourense.

Concellos:

1. Amoeiro.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Amoeiro.

2. Baltar.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Abades, Baltar, Tosende e Vilamaior da Boullosa.

3. Baños de Molgas.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Lama Má.

4. Calvos de Randín.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Rubiás dos Mixtos.

5. Carballeda de Avia.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Vilar de Condes.

6. Castro Caldelas.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Camba.

7. Cenlle.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Cenlle.

8. Cualedro.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Lucenza, Montes e A Xironda.

9. Maceda.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Castro de Escuadro.

10. Maside.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Maside.

11. Melón.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Melón e Quins.

12. Montederramo.

Son parroquias de actuación prioritaria:-A Medorra.

13. Monterrei.

Son parroquias de actuación prioritaria:-A Madanela.

14. Muíños.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Barxés, Couso de Salas, As Maus de Salas, Muíños, Prado de Limia e Requiás.

15. A Pobra de Trives.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Cova, Pareisás e San Lourenzo de Trives.

16. Punxín.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Punxín.

17. San Amaro.

Son parroquias de actuación prioritaria:-San Amaro.

18. San Xoán de Río.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Castrelo e Cerdeira.

19. Vilar de Barrio.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Rebordechao e Arnuíde.

20. Xunqueira de Ambía.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Abeleda.

Pontevedra.

Concellos:

1. Arbo.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Arbo, Cabeiras, Cequeliños e Mourentán.

2. As Neves.

Son parroquias de actuación prioritaria:-As Neves.

3. Caldas de Reis.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Saiar.

4. Cambados.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Castrelo.

5. Cangas.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Darbo.

6. Cañiza, A.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Valeixe, Parada de Achas, Petán e Achas.

7. Fornelos de Montes.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Traspielas.

8. Moaña.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Domaio.

9. Mondariz.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Gargamala, Mondariz e Sabaxáns.

10. Mondariz-Balneario.

11. Pazos de Borbén.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Amoedo.

12. Poio.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Poio.

13. Ponteareas.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Guillade.

14. Pontevedra.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Salcedo.

15. Porriño, O.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Pontellas e Budiño.

16. Redondela.

17. Salceda de Caselas.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Santo Estevo de Budiño, Entenza, Picoña (A), Parderrubias e S. Xurxo de Salceda.

18. Salvaterra de Miño.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Meder e Salvaterra.

19. Soutomaior.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Soutomaior.

20. Vilaboa.

Son parroquias de actuación prioritaria:-Vilaboa.

21. Vilagarcía de Arousa.

22. Vigo.

23. Vilanova de Arousa.