DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Martes, 23 de marzo de 2004 Páx. 3.916

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 5 de marzo de 2004 pola que se desenvolve o Decreto 344/1999, do 23 de decembro, e se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas e subvencións ó programa de escolas obradoiro e casas de oficios, así como se procede á súa convocatoria.

Unha das máis importantes medidas activas de promoción e fomento do emprego xuvenil está constituída polas escolas obradoiro e as casas de oficios. Enmarcadas dentro dos denominados programas de emprego-formación, teñen por finalidade esencial proporciona-la necesaria cualificación e experiencia profesional ós desempregados menores de 25 anos, por medio da combinación de actividades formativas de carácter ocupacional e a execución dun traballo real, efectivo e retribuído, co obxectivo de que o seu ulterior acceso ó mercado laboral teña lugar coas suficientes garantías de atopar un posto de traballo, tanto por conta allea como por medio do autoemprego. Esta formación desenvólvese a través dunha auténtica actividade laboral, mediante a que os alumnos-traballadores, coa axuda dos mestres e expertos docentes no respectivo oficio, adquiren e aplican as ensinanzas recibidas, sempre de carácter eminentemente práctico, ata consegui-las habilidades e destrezas propias das especialidades

formativas ás que están adscritos. Tales actividades, que tradicionalmente teñen lugar sobre elementos do patrimonio histórico, artístico ou cultural, actualmente tamén abarcan outros sectores e servicios encadrados dentro dos chamados novos viveiros de emprego, tales como revalorización de espacios públicos urbanos, protección e mantemento de zonas naturais, xestión de enerxías alternativas, agricultura ecolóxica, etc.

Xunto con estas actividades formativas, de contido estrictamente profesional, ofréceselles ós alumnos a posibilidade de incrementa-la súa formación noutras áreas de coñecemento que, sen lugar a dúbida,

tamén inciden na súa posterior integración laboral. Entre elas poden citarse os módulos de iniciación informática, xestión empresarial, seguridade e saúde laboral, etc. Así mesmo, e para aqueles participantes que o demanden, prográmanse clases específicas co fin de proporcionarlles unha formación académica que lles permita incorporarse á vida activa ou prosegui-los seus estudios nas distintas ensinanzas reguladas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Este programa, plenamente incardinado dentro das directrices do Consello da Unión Europea sobre as políticas de emprego dos estados membros, xunto coas outras políticas de emprego especificamente dirixidas á mocidade, entre as que destaca o Plan Labora, está a garanti-la súa formación e capacitación profesional e a posibilidade de competir e integrarse plenamente no mercado de traballo.

Ademais, debe poñerse de manifesto a súa utilidade á hora de contribuír á explotación económica dos filóns de emprego existentes en cada territorio, especialmente cara ós sectores con maior potencialidade de xeración de novos postos de traballo no contorno local, o que, necesariamente, demanda a implicación das entidades locais, por ser estas as que con máis detalle coñecen as súas necesidades de emprego e desenvolvemento.

Pero unha auténtica política de emprego xuvenil tamén obriga a impulsar e prioriza-la participación neste programa de determinados colectivos que, cumprindo os requisitos xerais de admisión, presentan notables dificultades de acceso a un posto de traballo, tales como mulleres, víctimas de violencia doméstica, discapacitados, etc.

Como pode deducirse, o programa de escolas obradoiro e casas de oficios, así configurado, debe cualificarse como un instrumento eficiente e eficaz cara a incrementa-lo emprego da mocidade. Primeiramente, ofrece a oportunidade de adquirir unha formación práctica e profesional no oficio ou especialidade cursada, tanto en sectores tradicionais como nos considerados novos filóns de emprego. En segundo lugar, contribúe de xeito inequívoco á recuperación do patrimonio histórico, artístico ou natural que, doutra forma, dificilmente poderían beneficiarse das necesarias obras ou servicios que demanda a súa recuperación ou conservación. E, en terceiro lugar, constitúe unha innegable oportunidade de inserción sociolaboral para aqueles desempregados incluídos en determinados colectivos desfavorecidos en termos de empregabilidade, así como para os mozos e mozas que teñan abandonado prematuramente o sistema educativo sen a suficiente preparación.

A Comunidade Autónoma de Galicia, desde o 1 de xaneiro de 1998 e mediante o Decreto 289/1997, ten asumida, xunto coa doutras medidas activas de emprego, a transferencia da xestión do programa de escolas obradoiro e casas de oficios e que, ata esa data, lle correspondía ó Instituto Nacional de Emprego.

Como consecuencia da nova estructura orgánica da Xunta de Galicia, establecida a través do Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e en virtude do previsto polo Decreto 212/2003, do 3 de abril, correspóndelle á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, por medio da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, a xestión das políticas activas de emprego, dentro das que se enmarcan as escolas obradoiro e casas de oficios.

Establecidas polo Decreto 344/1999, do 23 de decembro, as liñas básicas do programa, faise preciso proceder ó seu desenvolvemento, xunto co establecemento das bases que regularán a convocatoria das correspondentes axudas e subvencións para 2004, seguindo as previsións contidas na normativa autonómica na materia (Decreto 287/2000 e texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999) e na do Fondo Social Europeo así como nas xa antes citadas directrices europeas sobre políticas de emprego.

De conformidade co previsto no citado texto refundido, o financiamento, entre outras, das axudas e subvencións previstas nesta orde, realizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 16.04.241-A.460.2 e 16.04.241-A.480.0 da Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

Estes créditos poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas e subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Consecuentemente co exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo dos informes favorables da Asesoría Xurídica Xeral, Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, Inspección Xeral de Servicios e Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e autorizada polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 12 de febreiro de 2004, a concesión de anticipos, a forma de pagamento das axudas e subvencións reguladas nesta orde así como o seu carácter plurianual; e no exercicio das facultades que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Esta orde ten por obxecto o desenvolvemento do Decreto 344/1999, do 23 de decembro, polo que se establece o programa de escolas obradoiro e casas de oficios na Comunidade Autónoma de Galicia, xunto co establecemento das bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e subvencións ó seu funcionamento pola Con

sellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

2. Así mesmo, e por medio da súa publicación, procédese á convocatoria das ditas axudas e subvencións para 2004.

Artigo 2º.-Beneficiarios do programa.

Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos de ámbolos sexos que, estando desempregados e inscritos no Servicio Público de Emprego de Galicia, sexan menores de vintecinco anos.

Artigo 3º.-Beneficiarios da subvención: entidades promotoras.

1. Os proxectos de escolas obradoiro e casas de oficios poderán ser promovidos por:

a) Organismos autónomos e entes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Órganos, organismos autónomos e entes públicos da Administración xeral do Estado.

c) Entidades locais, os seus organismos autónomos e entidades con competencias en materia de promoción do emprego, dependentes ou asimiladas a elas, a titularidade das cales corresponda integramente ás ditas entidades locais.

d) Consorcios.

e) Fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

2. As entidades promotoras deberán ser competentes para a execución das correspondentes obras ou servicios e dispoñer da capacidade técnica e de xestión suficiente para a realización dos proxectos.

Artigo 4º.-Etapas e duración.

1. Os proxectos de escolas obradoiro e casas de oficios constarán de dúas etapas: unha, de carácter formativo de iniciación, e outra, de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, dirixidas á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

2. Nas escolas obradoiro, a duración de ámbalas dúas etapas non será inferior a un ano nin superior a dous, sendo a duración da primeira de seis meses.

As casas de oficios terán a duración dun ano, dividido en dúas etapas de seis meses.

3. Transcorrido o prazo de duración previsto na resolución de aprobación do proxecto, a escola obradoiro ou casa de oficios considerarase finalizada.

Artigo 5º.-Finalidade das actuacións.

As obras e servicios de utilidade pública ou de interese social que se desenvolvan con ocasión do funcionamento dunha escola obradoiro ou casa de oficios, deberán posibilitarlles ós alumnos-traballadores a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional ocupacional recibida, que estará relacionada directamente co dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral.

A programación das escolas obradoiro e casas de oficios integrarase, na medida do posible e conforme os itinerarios de inserción profesional que se defi

nan, en plans integrais de emprego que dean resposta ás demandas do mercado de traballo e sexan capaces de activa-lo desenvolvemento territorial, xerar riqueza e, consecuentemente, postos de traballo.

Capítulo II

Formación

Artigo 6º.-Etapa formativa. Bolsas.

1. Durante a primeira etapa do proxecto, os alumnos recibirán formación profesional ocupacional, segundo o plan formativo incluído na memoria esixida no artigo 19º letra h). A formación adecuarase, na medida do posible e en función do oficio ou posto de traballo que se vai desempeñar, ós contidos mínimos establecidos nos reais decretos que regulen os certificados de profesionalidade das correspondentes ocupacións, de acordo co establecido no punto 1º do artigo 3 do Real decreto 1506/2003, do 28 de novembro, polo que se establecen as directrices dos certificados de profesionalidade.

2. Durante esta etapa, os alumnos terán dereito a percibir unha bolsa de 6,01 euros por día lectivo e asistido. Esta axuda será aboada mensualmente pola entidade promotora e financiada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais nos termos previstos no artigo 28º.5.

As faltas de asistencia non xustificadas darán lugar ó desconto correspondente no pagamento das bolsas, de conformidade co previsto no artigo 28º desta orde, sen prexuízo do previsto no número 4 deste artigo.

3. A percepción da bolsa será incompatible coa de prestacións ou subsidios por desemprego e coa realización de traballos por conta propia ou allea. Os alumnos perceptores de prestacións ou subsidios manterán a súa percepción e, unha vez esgotados, poderán percibir, a partir da dita data, a bolsa correspondente. Así mesmo, os alumnos que cesen no seu traballo por conta propia ou allea, poderán percibir, a partir da dita data de cesamento, a bolsa correspondente, sempre que non teñan dereito a obter prestacións ou subsidios por desemprego. Neste suposto, seralles de aplicación o sinalado anteriormente.

4. Os alumnos terán a obriga de asistir e seguir con aproveitamento as ensinanzas teórico-prácticas que poidan recibir, sendo causa de exclusión do proxecto formativo incorrer en tres faltas de asistencia non xustificadas nun período dun mes ou nove faltas de asistencia non xustificadas en toda a fase, así como non seguir con aproveitamento as anteditas ensinanzas a xuízo do responsable da escola obradoiro ou casa de oficios.

5. No suposto de producirse as causas de exclusión previstas no punto anterior, o responsable do proxecto poralle de manifesto por escrito ó alumno os feitos que fundamenten a proposta da súa exclusión, dispoñendo este dun prazo de tres días hábiles para alega-lo que estime pertinente. Transcorrido este prazo, e vistas as alegacións formuladas polo alumno, o responsable da escola obradoiro ou casa de oficios resolverá o que estime procedente, debéndolle noti

fica-la decisión adoptada á correspondente delegación provincial da consellería.

6. A partir da comunicación ó alumno do inicio do procedemento de exclusión, producirase a súa suspensión preventiva, e non poderá asistir á escola obradoiro ou casa de oficios ata que se resolva este procedemento. Se a resolución é favorable á exclusión, esta producirase con efectos desde a mesma data de recepción da comunicación do inicio do procedemento. Se non procedese a exclusión, o alumno reincorporarase ó proxecto, tendo dereito a percibi-las bolsas correspondentes ó período de suspensión preventiva.

Artigo 7º.-Etapa en alternancia.

1. Durante a segunda etapa formativa, que se subdividirá en fases ou períodos semestrais, os alumnos-traballadores complementarán a súa formación en alternancia co traballo e a práctica profesional e serán contratados pola entidade promotora na modalidade do contrato para a formación, polo que deberán reunir, para os efectos de formaliza-lo dito contrato, os requisitos establecidos no artigo 11.2º do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, segundo a redacción dada pola Lei 12/2001, do 9 de xullo, de medidas urxentes de reforma do mercado de traballo e a mellora da súa calidade, e nas súas normas de desenvolvemento.

2. Durante esta etapa os alumnos-traballadores percibirán as retribucións salariais que lles correspondan de conformidade co previsto na normativa aplicable e nesta orde.

3. A duración dos contratos de traballo subscritos cos alumnos-traballadores non poderá exceder da data de remate da escola obradoiro ou casa de oficios.

Artigo 8º.-Iniciación informática.

Coa finalidade de permiti-lo acceso dos alumnos-traballadores ás novas tecnoloxías da información e da comunicación, en tódalas escolas obradoiro e casas de oficios será impartido un módulo de iniciación informática.

O contido do dito módulo, que terá alomenos unha duración de trinta horas, incluirase dentro do plan formativo esixido no artigo 19º desta orde, de acordo cos contidos e tempo de impartición que, se é o caso, estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Artigo 9º.-Orientación, información profesional, formación empresarial e asistencia técnica.

1. Os alumnos-traballadores de escolas obradoiro ou casas de oficios, durante todo o proceso formativo, recibirán orientación, asesoramento e información profesional e formación empresarial, para o que as escolas obradoiro e casas de oficios deberán contar co persoal e métodos axeitados.

2. Ó remate da actividade da escola obradoiro ou casa de oficios, as entidades promotoras prestaranlles asistencia técnica ós alumnos-traballadores participantes, tanto para a busca de emprego por conta

allea como para o establecemento por conta propia. Para iso actuarán, se é o caso, mediante as súas propias unidades ou organismos de orientación e asesoramento, en colaboración coa Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. No caso de existiren iniciativas emprendedoras de autoemprego, poderase promove-la súa inclusión en viveiros de empresas ou en actuacións similares. Con esta finalidade, as entidades promotoras poderán solicitar á antedita consellería e a outras administracións públicas as axudas establecidas para os distintos programas de apoio á creación de emprego.

Artigo 10º.-Educación básica.

1. Para os alumnos-traballadores participantes que non alcanzasen os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, previstos na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e de conformidade co disposto no seu artigo 23.2º, así como no artigo 11.2º letra e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, organizaranse, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, programas específicos coa finalidade de proporcionarlles unha formación básica e profesional que lles permita incorporarse á vida activa ou prosegui-los seus estudios nas distintas ensinanzas reguladas na antedita Lei orgánica e, especialmente, mediante as probas de acceso previstas no seu artigo 32.1º.

2. O disposto no parágrafo anterior tamén será aplicable ós que non posúan o título de graduado escolar, por ter este os mesmos efectos profesionais có de graduado en educación secundaria, segundo establece a disposición adicional cuarta da referida lei orgánica.

Artigo 11º.-Certificacións e diplomas.

1. Finalizada a súa participación na escola obradoiro ou casa de oficios, os alumnos-traballadores recibirán un certificado expedido pola entidade promotora, nos termos recollidos no artigo 11.2º letra g) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no modelo que para o efecto estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, en que constará a duración en horas da súa participación no programa, así como o nivel de formación teórico-práctica adquirido e os módulos formativos cursados.

2. Este certificado poderá servir, total ou parcialmente, se é o caso, e logo dos requisitos que se determinen, para ser validado no seu momento polo certificado de profesionalidade previsto no Real decreto 1506/2003, do 28 de novembro, polo que se establecen as directrices dos certificados de profesionalidade.

3. A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais concederalles ós alumnos participantes diplomas en que se recollerá a duración da súa participación no proxecto, de conformidade co modelo e as instruccións que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Capítulo III

Selección e contratación

Artigo 12º.-Normas xerais: grupo de traballo mixto.

1. A selección dos alumnos-traballadores, así como a do director, docentes e persoal de apoio, será realizada por un grupo de traballo mixto constituído para tal fin por persoal da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e da entidade promotora. A presidencia do grupo de traballo mixto recaerá no representante da consellería que para o efecto sexa designado pola respectiva delegación provincial.

2. A este grupo corresponderalle establece-los criterios de selección de todo o persoal da escola obradoiro ou casa de oficios, de acordo co previsto nesta orde e normas que poidan desenvolvela, procurando a maior adaptabilidade dos seleccionados ás ocupacións e ás particulares circunstancias de dificultade destas.

3. Finalizados os procedementos de selección, o grupo de traballo mixto preparará a relación dos seleccionados como alumnos, persoal directivo, docente e de apoio, estendendo acta, por duplicado exemplar, de todo o actuado e remitiralle un exemplar á entidade promotora para o seu cumprimento e outro á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Artigo 13º.-Procedemento de selección dos alumnos-traballadores.

1. Para a selección dos alumnos-traballadores, o grupo de traballo mixto determinará o perfil dos candidatos, os baremos e probas que poidan aplicarse, se é o caso, e os requisitos mínimos que aqueles deben cumprir, con suxeición ó previsto nos puntos seguintes.

2. En todo caso, a selección irá precedida da tramitación de oferta de emprego ou actividade pola correspondente oficina de emprego, debendo esta observar, como requisitos mínimos que deben cumpri-los candidatos preseleccionados, os de:

a) Ser menores de vintecinco anos de idade.

b) Estar desempregados, entendéndose nesta situación os demandantes de emprego rexistrados no Servicio Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.

c) Cumpri-los requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado ó proxecto mediante un contrato das ditas características, durante toda a duración da etapa de formación en alternancia, segundo o disposto no artigo 7º desta orde.

3. Terán preferencia para participar no programa de escolas obradoiro e casas de oficios os que, reunindo os requisitos xerais antes establecidos, sexan beneficiarios do Programa Labora, ou teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como as mulleres en xeral, as beneficiarias do Programa de fomento da inserción laboral

das mulleres víctimas de violencia doméstica, os parados de longa duración, as persoas con discapacidade, sempre que poidan realiza-los traballos, e os pertencentes a colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social.

4. O grupo de traballo mixto practicará a selección de entre as relacións de desempregados confeccionadas pola oficina de emprego que deberán conter, no posible, tres candidatos por posto.

5. Os alumnos seleccionados deberán mante-lo cumprimento dos requisitos de selección na data da súa incorporación ó proxecto.

Artigo 14º.-Procedemento de selección do director, docentes e persoal de apoio.

1. Na selección do director, persoal docente e de apoio, o grupo de traballo mixto establecerá o procedemento selectivo, podendo utilizar oferta de emprego tramitada pola oficina de emprego, convocatoria pública ou ambas.

2. Así mesmo, corresponderalle ó grupo de traballo mixto:

a) Determina-lo perfil, as características e os requisitos que deben cumpri-los candidatos

b) Elabora-las convocatorias.

c) Establece-los baremos e, se é o caso, as probas que poidan aplicarse.

d) Prepara-las ofertas de emprego que se tramitarán á oficina de emprego, se procedese.

e) Difundi-las convocatorias a través dos medios de comunicación que se determinen, se é o caso.

3. A selección definitiva deberase realizar entre os preseleccionados pola oficina de emprego e as solicitudes presentadas á convocatoria pública, se é o caso, debendo considerar, na medida do posible, tres candidatos por posto.

Artigo 15º.-Contratación dos alumnos-traballadores e do persoal directivo, docente e de apoio.

1. Os alumnos seleccionados incorporaranse á escola obradoiro ou casa de oficios ó inicio da primeira etapa de formación e, ó seu remate, a entidade promotora contratará a aqueles que a finalizasen con aproveitamento para comeza-la segunda etapa formativa.

2. A entidade promotora contratará o persoal directivo, docente e de apoio que fose seleccionado e figure como tal nas actas do grupo de traballo mixto.

3. Os contratos de traballo formalizaranse por escrito no modelo oficial correspondente, debendo facerse consta-la súa pertenza ó programa de escolas obradoiro e casas de oficios, a denominación do proxecto para o que se formaliza e, se é o caso, o número da oferta de emprego utilizada. Serán rexistrados na oficina de emprego, indicando a súa pertenza ó dito programa co indicador xenérico de grupo E. Ademais, cada contrato deberá codificarse coas seguintes claves: T01 para alumno de escola obradoiro; T02 para docente e persoal de apoio da escola obradoiro; 001 para alumno de casa de oficios e 002 para docente e persoal de apoio de casa de oficios.

Artigo 16º.-Baixas.

1. De producirse a baixa dalgún alumno-traballador, poderá ser substituído por outro sempre que este teña unha base formativa suficiente para continua-lo proceso formativo en que consiste o proxecto, non podendo excede-la data de finalización do novo contrato da de remate da escola obradoiro ou casa de oficios.

2. A selección dos alumnos-traballadores para a cobertura das vacantes que se produzan, o mesmo cá do persoal directivo, docente e de apoio que se contrate unha vez iniciado o proxecto, efectuarase polo procedemento que determine o grupo de traballo mixto para cubrir baixas, respectando, en todo caso, os trámites e requisitos establecidos nesta orde.

Artigo 17º.-Incidencias e reclamacións.

1. As incidencias e reclamacións que se puidesen suscitar, derivadas dos procesos de selección, serán resoltas polo grupo de traballo mixto sen que caiba ulterior recurso en vía administrativa.

2. Calquera que sexa o sistema de selección utilizado, seguiranse os criterios e procedementos establecidos polo Servicio Público de Emprego para a cobertura de ofertas de emprego ou actividade, polo que non será de aplicación a normativa establecida para os procedementos de selección do persoal das distintas administracións públicas aínda cando a entidade promotora sexa un organismo público. Neste último caso, o persoal e alumnos seleccionados non se considerarán incluídos nos correspondentes cadros de persoal ou relacións de postos de traballo, polo que non será precisa oferta de emprego público previa.

Capítulo IV

Procedemento para a concesión de subvencións

Artigo 18º.-Solicitudes. Prazo de presentación.

1. As entidades que estando previstas no artigo 3º, desexen promover un proxecto de escola obradoiro ou casa de oficios e obte-las axudas e subvencións establecidas nesta orde, deberán formaliza-la correspondente solicitude, por duplicado exemplar, de conformidade co disposto no artigo 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no modelo que se publica como anexo I, que estará ó seu dispor nas oficinas de emprego e nas delegacións provinciais e servicios centrais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, subscrita polo seu representante legal, xunto coa documentación sinalada no artigo seguinte.

2. As solicitudes dirixiranse ás delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. As solicitudes de axudas e subvencións para o programa de escolas obradoiro e casas de oficios poderán presentarse durante todo o ano 2004.

Artigo 19º.-Documentación.

Xunto coa solicitude, a documentación que se presentará, sempre por duplicado exemplar e en orixinais ou en copias compulsadas, será a seguinte:

a) A que acredite a personalidade xurídica da entidade solicitante, tendo en conta que:

-Se é un órgano da Administración xeral do Estado, ente público desta ou da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismo autónomo estatal, autonómico ou local, mancomunidade, consorcio ou algunha das entidades con competencias en materia de promoción do emprego ás que alude o artigo 3º.1 letra c), deberá achegarse, segundo proceda, norma ou acordo de creación ou estatutos publicados no diario oficial correspondente, podendo substituírse por unha certificación expedida para tal efecto.

-Se é unha fundación, asociación ou outra entidade sen ánimo de lucro, achegarase, segundo proceda, escritura pública de constitución ou acta fundacional outorgada en documento público ou privado, así como os seus estatutos debidamente inscritos no rexistro correspondente, que acrediten a súa condición de entidade sen ánimo de lucro.

b) Tarxeta de identificación fiscal.

c) A que acredite a personalidade e o apoderamento suficiente e subsistente de quen actúa en nome e representación da entidade solicitante. Esta circunstancia farase constar mediante copia da norma ou acordo de nomeamento publicada no correspondente diario oficial ou mediante certificación expedida para o efecto.

d) As entidades locais, os seus organismos autónomos e as entidades con competencias en materia de promoción do emprego ás que alude o inciso final do artigo 3º.1 letra c), deberán achegar certificación expedida polo secretario, en que se recolla o acordo de aprobación do proxecto e de solicitude de subvención á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, adoptado polo órgano competente.

As demais entidades solicitantes deberán achega-la documentación que acredite que os seus órganos de goberno ou administración aprobaron o proxecto e a solicitude de subvención á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

e) A que acredite a titularidade xurídica de cada un dos obxectos de actuación e a súa dispoñibilidade para realiza-las obras ou a prestación dos servicios previstos no proxecto. No caso de titularidade privada, documento de cesión para o seu uso público por un período de tempo non inferior a vintecinco anos.

Non será necesaria a achega do documento de cesión cando o titular dos bens sexa unha das entidades sinaladas no artigo 3º.1 desta orde ou así o estime a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais polo carácter social da obra ou servicio que se vaia realizar ou prestar. Nestes casos, será suficiente unha autorización por escrito dos titulares para a actuación da escola obradoiro ou casa de oficios.

f) As autorizacións administrativas que sexan esixibles atendendo á natureza xurídica e ó réxime de protección dos obxectos sobre os que se pretende actuar con ocasión do desenvolvemento da escola obradoiro ou casa de oficios. De non ser necesarias, achegarase certificación en tal sentido.

g) Declaración do representante legal en que se recolla o conxunto de tódalas axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas competentes ou entes públicos nacionais ou internacionais, segundo o modelo que se acompaña como anexo II.

h) Proxecto para o que se solicita a subvención e que, como mínimo, constará dunha memoria, segundo o modelo que se publica como anexo III, en que se recollerán os seguintes aspectos:

-Descrición detallada da obra ou servicio que se vai realizar ou prestar, indicando o destino previsto para a súa utilización posterior. No caso de que a obra que se vai executar o requira, achegarase proxecto básico asinado por técnico competente. O dito proxecto básico constará, cando menos, de memoria descritiva, planos xerais e orzamento con estimación global por capítulos.

-Plan formativo da escola obradoiro ou casa de oficios por especialidades en relación co proxecto de obra ou servicio que se vai desenvolver, de xeito que se estableza a correspondencia entre o plan formativo por especialidades e as unidades de obra ou servicios. Os itinerarios formativos adecuaranse, na medida do posible, ó establecido nos reais decretos dos correspondentes certificados de profesionalidade ou, no seu defecto, especificaranse os módulos formativos da ocupación, indicando o número de horas e os seus contidos teórico-prácticos.

-Cada itinerario formativo deberá incluí-la denominación dos módulos que o integran e a súa duración, o obxectivo xeral do módulo e os contidos teórico-prácticos.

-Orzamento e financiamento do proxecto, detallado segundo o disposto no artigo seguinte.

-Datas previstas de comezo e finalización da actividade da escola obradoiro ou casa de oficios e de cada unha das fases en que se divide.

-Informe sobre as estratexias de desenvolvemento e perspectivas de emprego, con inclusión das previsións, o máis concretas posible, de inserción laboral dos alumnos-traballadores ó remate da súa participación no proxecto.

-Certificado en que consten as fontes de financiamento da parte do custo do proxecto que non sexa subvencionada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Artigo 20º.-Contido do orzamento.

Para os efectos do previsto na letra h) do artigo anterior, o orzamento do proxecto presentarase subdividido en:

1. Orzamento de gastos, periodificado por fases ou períodos semestrais, segundo o seguinte detalle:

a) Custos máximos totais derivados da contratación do persoal directivo, docente, administrativo ou de apoio e dos alumnos-traballadores.

b) Custos máximos derivados do aboamento das bolsas ós alumnos durante a primeira fase do proxecto.

c) Custos máximos totais derivados do funcionamento e da xestión da escola obradoiro ou casa de oficios:

-Medios e materiais didácticos e de consumo para a formación.

-Amortización de instalacións e equipamentos. Cando a entidade promotora achegue, para o desenvolvemento do proxecto, bens (equipamentos e instalacións) amortizables, xuntarase relación valorada destes, incluíndo as cotas de amortización que se deriven da aplicación das táboas de coeficientes de amortización anualmente establecidas.

-Viaxes dos alumnos-traballadores para a súa formación.

-Material de oficina.

-Alugamento de instalacións, maquinaria e equipos, excluído o leasing.

-Gastos xerais.

-Primas de seguro de accidentes dos alumnos durante a primeira fase, así como, se é o caso, o importe da póliza de responsabilidade civil para facer fronte ós riscos que para os bens e as persoas poidan derivarse da actuación profesional do persoal da escola obradoiro ou casa de oficios durante todo o funcionamento do proxecto.

-Outros gastos de funcionamento necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

2. Orzamento de ingresos, expresando a parte financiada pola entidade promotora e por outros posibles organismos ou entidades colaboradoras, así como a parte para a que se lle solicita financiamento á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. De se-lo caso, tamén se farán consta-los posibles ingresos previstos como consecuencia, e sempre que se cumpra o establecido no artigo 31º, do alleamento de bens producidos ou servicios prestados pola escola obradoiro ou casa de oficios.

Artigo 21º.-Emenda.

No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos esixidos ou a documentación achegada contivese erros ou fose insuficiente, a delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais competente por razón do territorio para a instrucción do expediente, requirirá á solicitante para que, no prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixese, se lle considerará desistida da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co estipulado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 22º.-Comisión central de valoración.

1. Os expedientes, unha vez completos, serán remitidos, no prazo de quince días, xunto co informe técnico emitido pola delegación provincial e no modelo que para o efecto estableza a Dirección Xeral

de Promoción do Emprego, á comisión central de valoración para o seu estudio e proposta de resolución.

2. A dita comisión central de valoración estará composta polo director xeral de Promoción do Emprego, que a presidirá; e serán vocais os catro delegados provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, actuando como secretario, con voz pero sen voto, o subdirector xeral de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación.

3. Cando a comisión central de valoración propoña unha variación do número de alumnos ou do tempo de duración solicitados, a entidade promotora, no prazo de quince días, deberá realiza-los axustes e modificacións pertinentes no proxecto presentado, para os efectos da súa aprobación segundo o previsto no artigo 24º.1.

Artigo 23º.-Criterios de valoración dos proxectos.

1. Na valoración dos proxectos teranse en consideración, entre outros, os seguintes criterios:

-Número de desempregados menores de 25 anos existentes no ámbito territorial en que se desenvolva o proxecto.

-Perspectivas de emprego do colectivo participante, especialmente na creación de maior número de postos de traballo estables.

-Adaptabilidade do proxecto para a participación dos colectivos sinalados como preferentes polo Servicio Público de Emprego de Galicia, de acordo co que establezan as directrices de emprego europeas, no marco da Estratexia Europea de Emprego e do Plan Nacional de Acción para o Emprego.

-Carácter innovador do proxecto, tendo en consideración a súa incidencia en novos viveiros de emprego, como:

a) Servicios de utilidade colectiva: rehabilitación do patrimonio artístico, histórico, cultural ou natural, revalorización de espacios públicos e urbanos, xestión de residuos, xestión de augas, protección e mantemento de zonas naturais e aqueles que incidan directa ou indirectamente no control da enerxía.

b) Servicios de ocio e culturais: promoción do turismo e desenvolvemento cultural e local.

c) Servicios personalizados de carácter cotián: coidado de nenos, prestación de servicios a domicilio a persoas discapacitadas ou maiores, axuda a mozos en dificultades e/ou con desarraigamento social.

-Calidade do proxecto, atendendo ás actuacións que se van realizar e a súa adecuación para a cualificación e adquisición de experiencia profesional dos alumnos-traballadores e dos beneficios sociais que se prevexa xerar.

-Calidade do plan formativo e a súa adecuación entre as especialidades propostas e as ocupacións máis ofertadas no mercado de traballo.

-Ámbito de actuación superior ó municipal e que implique, no seu deseño, financiamento e execución, a outras entidades locais do contorno.

-Achegas da entidade promotora ou doutras entidades colaboradoras, especialmente cando estas achegas diminúan a subvención que poida concede-la Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Para tal efecto, terase en conta o esforzo investidor en cada caso.

-Resultados cualitativos e cuantitativos de anteriores proxectos de escolas obradoiros, casas de oficios ou obradoiros de emprego promovidos pola entidade solicitante e, en concreto:

a) Inserción dos participantes no mercado laboral.

b) Formación e experiencia profesional adquirida.

c) Resultado socioeconómico derivado da realización de proxectos de utilidade pública e social acollidos a esta orde e á reguladora do programa de obradoiros de emprego.

2. Malia o establecido no parágrafo anterior, terán prioridade os proxectos en que a elaboración do seu contido e posterior desenvolvemento conten coa participación dos axentes económicos e sociais con presencia no territorio, ou cando estiveran vinculados ou xurdiran en aplicación dun pacto local ou territorial de emprego.

Artigo 24º.-Resolución.

1. Dentro dos nove meses seguintes á entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación, cumpridos os trámites previstos no artigo 22º e fiscalizada a proposta de resolución pola respectiva intervención, o/a delegado/a provincial, por delegación da conselleira de Asuntos Socias, Emprego e Relacións Laborais, dictará e notificaralle á entidade solicitante a resolución que proceda.

2. A resolución favorable conterá, como mínimo, os seguintes extremos:

a) Finalidade e obxectivos básicos do proxecto, especialidades que se impartirán, número e, se é o caso, características dos beneficiarios.

b) Subvención outorgada con cargo ós orzamentos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para o financiamento dos custos sinalados no artigo 26º, debendo facerse constar que o seu importe ten o carácter de estimado.

c) Duración da escola obradoiro ou casa de oficios e datas previstas para o seu comezo e para cada unha das súas fases.

d) Referencia ó cofinanciamento polo Fondo Social Europeo da subvención concedida.

e) Calquera outra especificación que se estime oportuna en cada caso concreto.

3. Transcorrido o prazo de nove meses sen que se notificase resolución expresa, a entidade solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude, de acordo co disposto no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Sen prexuízo do previsto no artigo 39º desta orde, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

5. As resolucións dos expedientes instruídos ó abeiro do disposto nesta orde esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdiccional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, se fose expresa; se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase, para a solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Non obstante o anterior, cando a recorrente sexa Administración pública poderá facer uso do requirimento previo ó que alude o artigo 44 da antedita Lei 29/1998.

Potestativamente, de non se-la entidade solicitante Administración pública, con anterioridade á interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes, se dito acto fose expreso; se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para a solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Todo isto sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e doutros posibles interesados.

Artigo 25º.-Modificacións do proxecto.

1. Calquera modificación que implique un cambio de titularidade da entidade promotora ou dos obxectivos e actuacións básicas do proxecto que sexan considerados como substanciais, deberá ser solicitada segundo o procedemento indicado anteriormente.

2. De teren as modificacións o dito carácter de substanciais, as delegacións provinciais remitirán as solicitudes, cando o informe técnico sexa favorable, á Dirección Xeral de Promoción do Emprego para que esta dictamine sobre a procedencia da modificación pretendida. A súa resolución correspóndelles ós/ás delegados/as provinciais, por delegación da conselleira de Asuntos Socias, Emprego e Relacións Laborais. Os mencionados cambios deberán responder a causas excepcionais debidamente xustificadas que así o esixan.

3. Para a tramitación do cambio de titularidade, a entidade promotora titular deberá presentar ante a correspondente delegación provincial a seguinte documentación:

-Solicitude de aceptación da súa renuncia e de cambio de titularidade do proxecto, debidamente xustificada.

-Escrito de aceptación do cambio de titularidade pola nova entidade, xunto coa documentación esixible a teor do previsto no artigo 19º.

-Balances dos dereitos e obrigas que se transfiren e de situación e xustificación das subvencións recibidas da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais

-Acta conxunta aceptando a liquidación e transferencia dos dereitos e obrigas co visto e prace do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

4. As solicitudes de modificacións non esenciais non precisarán do dictame de procedencia da Dirección Xeral de Promoción do Emprego para seren resoltas pola delegación provincial. Da resolución que se dicte enviarase copia á dita dirección xeral.

Capítulo V

Financiamento e xustificación de subvencións

Artigo 26º.-Financiamento e obxecto da subvención.

1. O programa de escolas obradoiro e casas de oficios será financiado con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma a través das axudas e subvencións que conceda a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais ou ben directamente con medios propios con cargo ás partidas orzamentarias correspondentes.

2. As aplicacións orzamentarias coas que se financiarán as anteditas axudas e subvencións son as 16.04.241-A.460.2 e 16.04.241-A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2004, e polos importes respectivos de 5.125.127,84 euros e 477.000 euros.

Para exercicios futuros as subvencións financiaranse con cargo ás aplicacións 16.04.241-A.460.2 e 16.04.241-A.480.0 polos importes de 3.500.000 euros e 1.000.000 euros, respectivamente, para o ano 2005. Estes importes poderán ser incrementados ou minorados en función das solicitudes que se presenten e das axudas e subvencións que efectivamente se concedan.

3. As axudas e subvencións que conceda a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para cada escola obradoiro ou casa de oficios, e que se determinarán na resolución que aprobe o proxecto, destinaranse exclusivamente a sufraga-los seguintes custos:

a) Os de formación profesional ocupacional e, se é o caso, educación básica durante tódalas etapas do proxecto.

b) As bolsas dos alumnos durante a primeira etapa formativa.

c) Os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriban cos alumnos-traballadores da escola obradoiro ou casa de oficios.

4. En ningún caso, o importe da subvención concedida poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo do proxecto.

Artigo 27º.-Subvención para custos de formación ocupacional e educación básica. Bolsas.

1. Consideraranse como custos de formación ocupacional e, se é o caso, de educación básica, susceptibles de seren subvencionados:

-Os custos derivados da contratación do director, docentes e persoal de apoio.

-As bolsas dos alumnos durante a primeira etapa formativa.

-Os medios e materiais didácticos e de consumo para a formación.

-As amortizacións de instalacións e equipamento. Para o seu cálculo utilizaranse as táboas de coeficientes anuais de amortización oficialmente establecidas.

-As viaxes para a formación dos alumnos-traballadores.

-Os materiais de oficina.

-O alugamento de instalacións, maquinaria e equipos, excluído o leasing.

-Os gastos xerais.

-Durante a primeira etapa formativa, compensarase o custo do seguro de accidentes dos alumnos, así como, se é o caso, o importe da póliza de responsabilidade civil para facer fronte ós riscos que para os bens e as persoas poidan derivarse da actuación profesional do persoal da escola obradoiro ou casa de oficios durante todo o funcionamento do proxecto.

-Outros gastos de funcionamento que sexan necesarios para o desenvolvemento do proxecto formativo.

2. Non serán susceptibles de financiarse con cargo á subvención concedida:

-As indemnizacións por morte e as correspondentes a traslados, suspensións, despedimentos, cesamentos ou finalizacións de contratos.

-Os gastos de investimento tales como a adquisición de inmobles, instalacións, maquinarias e equipamentos.

-Os alugamentos de edificios, locais, naves, aulas ou o seu acondicionamento, sempre que non sexa resultado da práctica profesional dos alumnos-traballadores participantes.

-Os gastos financeiros xerados por avais, anticipos bancarios ou análogos.

Artigo 28º.-Cálculo da subvención para custos de formación ocupacional e educación básica e bolsas.

1. Para os efectos do previsto no artigo anterior, o cálculo da subvención efectuarase por hora/alumno de formación e por módulos e fases:

-Mediante o módulo A, compensaranse os custos salariais do director, docentes e persoal de apoio

que fosen seleccionados e contratados para a escola obradoiro ou casa de oficios, incluídos os orixinados polas cotas por conta do empregador derivados de continxencias comúns e profesionais, Fondo de Garantía Salarial, desemprego e formación profesional.

-Mediante o módulo B, compensaranse os demais gastos enumerados no número 1 do artigo anterior. Dado que os alumnos reciben formación teórica ou teórico-práctica durante toda a xornada, consideraranse horas formativas as correspondentes á súa totalidade, tanto na primeira fase de formación como nas demais fases de formación en alternancia.

2. Para o ano 2004 establécense os seguintes importes:

a) Primeira fase ou etapa de formación inicial:

-Módulo A: 2,65 euros/hora/alumno.

-Módulo B: 1,49 euros/hora/alumno.

b) Segunda etapa de formación en alternancia:

-Módulo A: 2,65 euros/hora/alumno.

-Módulo B: 0,74 euros/hora/alumno.

O incremento destes módulos para anos sucesivos será do 3% anual, mentres non se dicte disposición en contrario.

3. A contía dos anteditos módulos é única para cada fase, aínda que se desenvolva en dous exercicios anuais distintos e será a que corresponda á data de inicio da fase.

4. O importe do módulo A ten en consideración a relación dun docente a xornada completa por cada oito alumnos.

O importe da subvención prevista para gastos de formación e funcionamento en cada fase será o equivalente ó resultado de multiplica-lo valor dos módulos A e B polo número de alumnos e polo total de horas considerando a xornada completa.

5. A subvención correspondente ás bolsas será o resultado de multiplicar 6,01 euros por 125, número de días lectivos estimados como correspondentes á primeira fase, e polo número de alumnos participantes previstos no proxecto.

Artigo 29º.-Subvención para custos salariais dos alumnos-traballadores.

Nos contratos para a formación que a entidade promotora subscriba cos alumnos-traballadores participantes durante a segunda etapa formativa, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais subvencionará o 75% do salario mínimo interprofesional anualmente establecido, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Así mesmo, tamén subvencionará a totalidade das cotas por conta do empregador correspondentes á Seguridade Social, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional previstas para os ditos contratos na súa normativa específica.

Artigo 30º.-Actualización da subvención.

1. O importe das cantidades efectivas que se aboarán en cada fase, estará en función do incremento anual do valor dos módulos, do salario mínimo inter

profesional e das cotizacións á Seguridade Social vixentes, do número de alumnos-traballadores participantes en cada fase e da xustificación dos gastos subvencionados na fase anterior.

2. A actualización prevista no punto anterior non será de aplicación ás cantidades correspondentes a bolsas.

Artigo 31º.-Producción de bens e servicios.

Cando as escolas obradoiro e as casas de oficios, no desenvolvemento da súa actividade, produzan bens que sexan susceptibles de comercialización poderán allearse, sempre que non se incorra en competencia desleal e se dispoña das autorizacións necesarias. Os ingresos procedentes de tales alleamentos ou da prestación de servicios deberán aplicarse ás actividades da escola obradoiro ou casa de oficios, debendo quedar constancia documental e contable tanto dos ingresos obtidos como do seu destino.

Artigo 32º.-Convenios de colaboración.

As entidades promotoras poderán subscribir convenios de colaboración con outras entidades públicas ou privadas, mediante os cales se comprometan a achegar parte ou a totalidade do custo do proxecto, descontándose estas achegas da subvención que poida concede-la Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Esta circunstancia farase constar na memoria prevista no artigo 19º, letra h).

Artigo 33º.-Pagamento da subvención.

1. Correspóndelles ás delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o pagamento das subvencións concedidas, logo da solicitude da entidade promotora, no modelo que para o efecto estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, por períodos semestrais e en función das fases do proxecto que se indiquen na resolución de concesión.

2. Unha vez iniciada a primeira fase, e despois da xustificación do comezo mediante a oportuna certificación emitida en tal sentido pola entidade promotora, aboaráselle a esta, en concepto de anticipo, unha cantidade equivalente ó custo subvencionado correspondente a ese período, que, en ningún caso, poderá supera-lo 35% do importe total da subvención.

Rematada a fase anterior e logo da xustificación de gastos, no prazo dun mes contado desde a data da súa solicitude, aboaráselle ó promotor, en concepto de pagamento á conta da liquidación definitiva e a medida que o beneficiario xustifique os gastos, unha cantidade equivalente ó custo subvencionado correspondente á nova fase, sen que en ningún caso se supere o límite do 80% do importe dos libramentos non xustificados pola entidade promotora de acordo co establecido no artigo 35º.

3. O 20% restante aboaráselle á entidade promotora unha vez rematado o proxecto, xustificados tódolos gastos e presentada a acta de liquidación do expediente nos termos dispostos nos artigos 35º e 37º.

4. No momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 34º.-Garantías.

1. No suposto de que as entidades promotoras teñan a condición xurídica de ente de dereito privado, con carácter previo á recepción dos libramentos previstos no artigo anterior, deberán constituír a favor da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, garantía para responder da correcta aplicación da subvención concedida, na forma e condicións previstas no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A garantía será liberada cando sexa acreditado que a subvención concedida se aplicou á finalidade prevista e que foron xustificadas correctamente as cantidades percibidas en tal concepto.

Artigo 35º.-Forma de xustificación.

1. A entidade promotora, dentro do mes seguinte ó remate de cada fase, remitirá á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais os xustificantes dos pagamentos efectuados con cargo ós fondos recibidos. A xustificación presentarase segundo o detalle indicado nos modelos que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, non podendo efectuarse compensacións entre os distintos conceptos (bolsas, módulos A e B e salarios dos alumnos-traballadores participantes). Así mesmo, xuntarase relación dos pagamentos realizados con identificación dos perceptores e detalle das cantidades aboadas.

Unha vez verificada a xustificación por gastos efectuados, e no caso de ser inferior á cantidade establecida como subvención máxima xustificable no artigo seguinte, axustarase o correspondente saldo na próxima transferencia que se vaia efectuar.

2. A xustificación por horas realizadas deberá efectuarse mediante unha relación dos alumnos-traballadores participantes no período que se xustifica, con expresión das súas datas de alta e baixa, xunto coas copias dos seus contratos de traballo, prórrogas e partes de baixa na Seguridade Social.

Para a xustificación dos custos salariais dos alumnos-traballadores participantes, que se efectuará en función dos contratos efectivamente formalizados e pola duración correspondente en cada fase, será necesario achega-la documentación indicada no parágrafo anterior.

A antedita documentación deberá xuntarse á solicitude de transferencia de fondos correspondentes á seguinte fase, segundo o modelo que para o efecto estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

3. Cando as entidades promotoras sexan organismos públicos, consideraranse documentos xustificativos dos pagamentos efectuados as certificacións expedidas para o efecto polos órganos competentes e nas cales consten detallados os pagamentos correspondentes a cada unha das partidas subvencionadas. Igualmente deberán achegar relación dos xustificantes de gastos e pagamentos realizados con cargo ó módulo B.

En calquera caso, os documentos xustificativos individualizados deberán quedar dispoñibles para as actuacións de comprobación e control.

4. As asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro presentarán documentos xustificativos individualizados dos pagamentos efectuados.

5. No caso de que non se xustifique segundo o previsto nos puntos anteriores, non se realizarán novas provisións de fondos, e procederase á reclamación das cantidades non xustificadas de conformidade co procedemento establecido para o efecto.

6. Sen prexuízo do disposto nos puntos anteriores e da ulterior xustificación ó final da fase, a entidade promotora, antes do día 15 do mes en que aboe as bolsas, deberá remitir á delegación provincial unha relación dos perceptores destas, indicando as cantidades que lles serán aboadas en tal concepto e o número de días lectivos asistidos.

Artigo 36º.-Subvención máxima xustificable.

A subvención máxima que en cada fase se pode admitir como xustificada, por gastos de formación e funcionamento, para cada un dos módulos A e B e sen prexuízo das bolsas previstas no artigo 6º, non poderá exceder do que resulte de multiplica-lo número de horas realizadas por cada módulo. Para estes efectos, tamén serán consideradas como horas efectivas as dos alumnos-traballadores que abandonen o proxecto e polo tempo comprendido entre a data da súa baixa e o remate da fase ou, se é o caso, a data de alta do alumno-traballador que substitúa a dita baixa e as correspondentes ós días lectivos non asistidos.

Igualmente, asimilaranse a horas de formación efectivamente impartidas as correspondentes ós períodos de vacacións anuais retribuídos desfrutados polos alumnos-traballadores participantes, establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 37º.-Liquidación do expediente.

1. Dentro do mes seguinte ó remate do proxecto, a entidade promotora remitirá á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, nos modelos que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego a seguinte documentación:

a) Xustificación dos pagamentos efectuados con cargo ós fondos correspondentes á segunda ou sucesivas fases, segundo proceda.

b) Relación de gastos realizados e os correspondentes xustificantes de pagamento.

c) Acta de liquidación e cadro-resumo de xustificantes de gastos.

2. Despois de verificada a xustificación presentada, e en caso de acordo, a delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dará a súa conformidade ós documentos antes sinalados, ó mesmo tempo que procede ó aboamento das cantidades previstas no artigo 33.3º e, se é o caso, expide o certificado necesario para a liberación da garantía constituída.

No suposto de desconformidade ou discrepancia, a delegación provincial descontará do pagamento do 20% restante as cantidades non xustificadas.

3. Revisada a xustificación, e de existir un saldo positivo a favor da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a delegación provincial iniciará o procedemento establecido para o reintegro das cantidades non xustificadas.

4. En todo caso, no prazo de tres meses posteriores á finalización da actividade do proxecto, a delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais remitirá á Dirección Xeral de Promoción do Emprego a documentación sinalada na letra c) do punto 1 deste artigo.

Capítulo VI

Obrigas, seguimento e control

Artigo 38º.-Obrigas.

As entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde estarán obrigadas a:

a) Realiza-las actividades para as que se concede a subvención.

b) Acondicionar e dota-las instalacións de xeito que reúnan as condicións de seguridade e saúde laboral que permitan o normal desenvolvemento das actividades formativas desde o inicio da actividade da escola obradoiro ou casa de oficios.

c) Contrata-los alumnos participantes, rematada a primeira fase do proxecto, na modalidade contractual prevista no artigo 7º desta orde, e formalos nos aspectos teóricos e prácticos das actividades profesionais ou oficios obxecto do programa.

d) Acreditar ante a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos esixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comproba-lo cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

e) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e ás que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, á

Comisión e Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

f) Comunicar á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público nacional ou internacional, no momento de presenta-la solicitude así como con ocasión da xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do derradeiro pagamento.

g) Identificar convenientemente, para os efectos de difusión pública, a sede do proxecto así como as actividades e as obras e servicios que se realicen, tendo en conta que as súas actividades de publicidade e divulgación se adecuarán á normativa correspondente e ás previsións do Fondo Social Europeo. Así mesmo, nas realizacións de carácter permanente que leven a cabo as escolas obradoiro ou casas de oficios colocarase una placa identificativa, seguindo os modelos e características que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

h) Satisfacer, ó seu vencemento, as obrigas económicas que se deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as bolsas e as de carácter salarial, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

i) Cumpri-las demais obrigas que se deriven da normativa aplicable ás axudas e subvencións previstas nesta orde.

Artigo 39º.-Incumprimento de obrigas. Reintegro da subvención.

O incumprimento total ou parcial por parte da entidade beneficiaria das obrigas establecidas nesta orde así como na demais normativa aplicable ó programa de escolas obradoiro e casas de oficios e, con carácter xeral, ás axudas e subvencións públicas que se outorguen con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, orixinará, á vista da natureza e causas do incumprimento e tendo en conta a súa incidencia na formación e cualificación profesional dos alumnos-traballadores participantes, o reintegro total ou parcial das cantidades recibidas en concepto de axudas ou subvencións mailos xuros de demora; sen prexuízo do establecido no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Artigo 40º.-Asistencia, seguimento e avaliación.

1. As delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais son os órganos encargados de realiza-las tarefas de supervisión, coordinación, asistencia técnica, seguimento e control da xestión das escolas obradoiro e casas de oficios así como das axudas e subvencións concedidas.

2. Ademais de tramitar e resolve-lo expediente de solicitude e, se é o caso, transferi-los fondos correspondentes, deben realizar, na forma e cos pro

cedementos que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, as seguintes actuacións:

a) Asistencia, apoio e asesoramento técnico e administrativo tanto á entidade promotora na preparación do proxecto como á propia escola obradoiro ou casa de oficios na realización das actividades para as que se concede a subvención, para consegui-lo éxito do proxecto: creación de emprego; cualificación, adquisición de experiencia e inserción laboral así como a correcta realización e desenvolvemento do traballo e actividades previstas.

b) Seguimento da xestión, obtendo das escolas obradoiro e casas de oficios, a información referente ós seus alumnos-traballadores, persoal directivo, docente e de apoio e calquera outro dato que se considere de interese para o seguimento puntual da xestión, especialmente daqueles que serviron de base para a concesión da subvención.

c) Control das axudas e subvencións concedidas e liquidación do expediente.

d) Control dos resultados obtidos pola escola obradoiro ou casa de oficios. Para estes efectos a entidade promotora, ós seis e doce meses da súa finalización, remitirá, debidamente cuberto, o cuestionario de inserción laboral, ademais de estar obrigada a proporcionar calquera outra información que se considere pertinente con tal finalidade.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión das axudas e subvencións reguladas por esta orde, estará supeditada á existencia de crédito nas aplicacións orzamentarias 16.04.241-A.460.2 e 16.04.241-A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de 2004.

As entidades sinaladas no artigo 3º, alíneas a) e b), desta orde poderán obte-la concesión das referidas axudas e subvencións, previa existencia de crédito nas aplicacións orzamentarias que, polo carácter das ditas entidades, corresponda. Para tales fines, realizaranse as oportunas modificacións orzamentarias.

Segunda.-Os créditos correspondentes a subvencións que conteñan fases que se inicien en exercicios futuros, terán o carácter de plurianuais, de conformidade co preceptuado polo artigo 58.1º b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa sesión do 12 de febreiro de 2004.

Terceira.-Os créditos previstos para o financiamento das axudas e subvencións que se concedan ó abeiro desta orde, poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución dos fondos destinados a custea-los programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas e subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Cuarta.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais nos/as delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, para resolve-la concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, aprobación ou denegación das modificacións dos proxectos así como para autorizar, dispoñer, recoñece-la obriga e propoñe-los correspondentes pagamentos.

Quinta.-Se por calquera causa, no momento que a comisión central de valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que sexa designada pola conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Sexta.-As entidades beneficiarias das axudas e subvencións previstas nesta orde están suxeitas ó réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións, de conformidade co previsto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado por Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na súa redacción dada polo artigo 7 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa; e na súa normativa de desenvolvemento.

Sétima-Por resolución do director xeral de Promoción do Emprego poderanse establece-los criterios necesarios para que, a través desta orde, en canto ós colectivos prioritarios, se poidan cumpri-los obxectivos establecidos polo Servicio Público de Emprego de Galicia, de acordo coas directrices de emprego europeas e o Plan Nacional de Acción para o Emprego e a demais normativa e acordos que, se é o caso, resulten de aplicación.

Disposicións transitorias

Primeira.-As escolas obradoiro e casas de oficios en funcionamento á entrada en vigor desta orde, continuarán rexéndose pola normativa ó abeiro da que foron aprobadas.

Segunda.-As solicitudes presentadas ó abeiro da Orde do 27 de decembro de 2002 e que non se resólvesen dentro de 2003, así como as presentadas entre o 1 de xaneiro de 2004 e a data de entrada en vigor desta orde, poderán resolverse no exercicio de 2004, sempre que reúnan os requisitos esixidos pola presente norma.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Promoción do Emprego para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2004.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais