DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Martes, 23 de marzo de 2004 Páx. 3.914

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 4 de marzo de 2004 pola que se regulan as tarifas aplicables ós servicios de transporte público de viaxeiros en automóbiles de turismo de ámbito interurbano.

A regulación do réxime de tarifas do servicio de taxi parte dunha realidade claramente diferenciada entre servicios urbanos, de competencia municipal, e servicios interurbanos, con competencias compartidas entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma; caracterizándose o réxime de tarifas dos primeiros fronte os segundos pola aplicación de múltiples suplementos e a esixencia do taxímetro para a determinación do prezo do servicio.

Ámbalas dúas notas susténtanse sobre a tipoloxía dos servicios maioritariamente prestados neste ámbito: percorridos curtos ou moi curtos e influencia do factor tempo no custo de prestación do servicio por mor da conxestión de tráfico consubstancial ó transporte en ámbito urbano.

A nítida división entre servicios urbanos e interurbanos viuse alterada pola xeneralización de espacios metropolitanos nos que o fenómeno do continuo urbano excede claramente os límites do termo municipal da cidade que actúa como centro de atracción.

Isto supón a multiplicación de servicios interurbanos que revisten en maior medida características dos urbanos, o que fai aconsellable establecer unha regulación que responda a este novo escenario.

Por outra parte, estímase conveniente aproveita-lo taxímetro como elemento que obxective a tarifa a percibir do usuario e, deste xeito, responda á natural aspiración de transparencia dos usuarios que tanto eco está tendo na regulación de protección dos dereitos dos consumidores e usuarios.

Por isto resulta necesario estende-las vantaxes derivadas do uso do taxímetro ós servicios que se desenvolvan en ámbito metropolitano sen que disto derive un incremento adicional do custo dos servicios. Para os ditos efectos, mantense, no ámbito autonómico, o custo quilométrico que se regula para os servicios inter e intra-autonómicos que exceden das áreas metropolitanas.

Na súa virtude, consonte co informe do Consello Galego de Transportes na súa reunión do 26 de febreiro de 2004,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Rexeranse polo establecido nesta orde os servicios realizados por vehículos de menos de 10 prazas, incluído o conductor, provistos de autorización de transporte documentada en tarxeta VT-N, que pres

ten servicios interurbanos con orixe ou destino en Galicia. Quedan fóra desta regulación as autorizacións de alugamento de vehículos con conductor.

Artigo 2º.-Tarifas.

Os servicios descritos no artigo anterior prestaranse con suxeición ás seguintes tarifas máximas, impostos incluídos:

-Prezo por km percorrido: 0,82 A.

-Prezo por hora de espera: 10,90 A.

-Mínimo de percepción: 2,46 A.

-Suplemento festivo ou nocturno (entre as 24.00 h e as 6.00 h só para servicios con prezo inferior a 20 A): 2 A.

Os tempos de espera motivados polo abandono temporal do coche polo usuario facturaranse a razón de 2,73 A por fracción de 15 minutos. Durante o transcurso da 1ª hora de espera, o usuario terá dereito a dispoñer gratuitamente dun tempo de espera de 15 minutos.

Artigo 3º.-Taxímetro.

Os titulares de autorizacións de transporte documentadas en tarxetas VT-N poderán instalar un taxímetro homologado, calquera que sexa a localidade na que teña residencia a súa autorización de transporte.

Os vehículos provistos de taxímetro deberán, sen prexuízo da aplicación da tarifa urbana no seu caso aprobada, determinar en todo caso o prezo do servicio mediante o taxímetro que se axustará ós pasos por tempo ou por quilómetro nas contías seguintes:

-Valor do paso: 0,05 A.

-Metros por salto: 61.

-Segundos por salto: 16.

-Metros primeiro salto: 3.000.

-Tempo primeiro salto: 13 minutos.

A percepción mínima prevista no artigo 2º subsumirá os saltos correspondentes de distancia e tempo, de forma que tan só a partir da distancia ou tempo correspondente ó primeiro salto comezarán a computarse os pasos sucesivos.

Artigo 4º.-Vehículos non provistos de taxímetro.

Ós servicios prestados por taxis non provistos de taxímetro seranlles de aplicación as tarifas establecidas por km, prezo de espera e mínimo de percepción.

O mínimo de percepción cubrirá os 3 primeiros quilómetros, polo que non será acumulable á tarifa de distancia por cada quilómetro ou fracción.

Artigo 5º.-Publicación das tarifas.

Os vehículos ós que afecta esta orde deberán expoñe-las tarifas interurbanas vixentes de forma visible no interior do vehículo segundo modelo recollido

no anexo a esta orde, sen prexuízo da obriga de expoñer, se é o caso, as tarifas urbanas de forma independente.

Artigo 6º.-Cálculo da tarifa.

As tarifas establecidas nesta disposición refírense, en todo caso, á contratación por coche completo.

Nos vehículos provistos de aparello taxímetro, o prezo do servicio será o resultante de engadir ó establecido no marcador do taxímetro os suplementos por espera e, se é o caso, por día festivo ou servicio nocturno.

Os titulares de vehículos non provistos de taxímetro deberán aplica-la tarifa por distancia ós quilómetros, e á fracción de quilómetro, percorridos que determine o contaquilómetros do vehículo.

Antes do inicio da viaxe deberase poñe-lo contaquilómetros parcial a cero comunicándolle ó usuario a dita circunstancia.

O itinerario do servicio será determinado polo contratante do servicio antes do inicio.

No caso contrario deberase seguir a ruta máis curta das posibles, debendo o conductor notificarlle ó ocupante as alteracións do dito percorrido cando concorran causas de forza maior ou circunstancias que aconsellen unha ruta alternativa.

O prezo por distancia establecido nesta orde aplicarase ó traxecto de ida.

Cando o usuario do servicio retorne ó punto de inicio por un itinerario máis longo por decisión deste, o transportista, ademais dos suplementos que correspondan por espera no lugar de destino, terá dereito a cobra-lo incremento de quilómetros, respecto á viaxe de ida, conforme o valor establecido por quilómetro ou fracción.

Artigo 7º.-Percorridos mixtos.

Cando o servicio contratado conte cun tramo urbano e outro interurbano aplicarase a tarifa urbana ata os límites establecidos pola ordenanza correspondente e, a partir do dito punto, a tarifa regulada nesta orde. O conductor do vehículo deberá advertirlle ó usuario a dita circunstancia no momento no que cambie o réxime de tarifas.

Artigo 8º.-Emisión de facturas.

O contratante do servicio poderá esixir unha factura na que se reflictan os puntos de inicio e termo do servicio, a tarifa resultante do percorrido e, se é o caso, a contía dos suplementos por espera, horario nocturno e días festivos.

Cando o vehículo non estea provisto de aparello taxímetro deberase consigna-lo quilometraxe na viaxe de ida e, se é o caso, o suplemento contemplado no punto 4º do artigo 6 para o percorrido adicional no regreso.

Sempre que os contratantes estipulasen unha tarifa antes do inicio do servicio, a dita circunstancia deberá quedar reflectida na factura, así como a indicación

proporcionada polo transportista do custo do servicio cando o contratante do servicio demande a inclusión da dita mención.

Artigo 9º.-Equipaxes.

O usuario terá dereito ó transporte gratuíto de equipaxes de ata 75 kg de peso nos vehículos de ata 4 prazas, e de 90 kg nos de capacidade superior, sempre que o seu volume permita transportalos no maleteiro ou na baca do vehículo sen contravi-las normas de tráfico e circulación.

Cando non se utilicen o número total de prazas poderanse incrementa-las ditas cifras a razón de 30 kg por asento libre sempre que o conductor do vehículo acceda a isto e as dimensións e natureza da equipaxe posibiliten o seu transporte.

Artigo 10º.-Devolución de cambio.

Os prestadores dos servicios regulados nesta orde non terán obriga de proporciona-la devolución de billetes cun valor facial superior a 20 A.

O dito límite elevarase á contía precisa, sempre que a diferencia entre o billete ofrecido e o importe do transporte non exceda de 20 A.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase ó director xeral de Transportes a actualiza-las contías establecidas, mediante a aplicación dos coeficientes correspondentes á evolución do índice xeral de prezos ó consumo de Galicia.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2004.

Alberto Núñez Feijóo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

Tarifas de taxis para servicios discrecionais de transporte de viaxeiros con autorización de clase VT-N, en percorridos con orixe ou destino en Galicia.

Prezo por quilómetro

(viaxe de ida só)

0,82 AMínimo percepción2,46 A

Prezo hora de espera10,90 APrezo fracción 15 minutos2,73 A

Suplemento tarifa festivos e nocturno (das 0.00 as 6.00 horas) para servicios de prezo inferior a 20 euros2 A

Valor do paso equivalente a 61 metros ou 16 segundos0,05 A

Condicións de aplicación

1. As tarifas levan incluídos tódolos impostos.

2. Os servicios contrátanse por coche completo e as tarifas compútanse só na viaxe de ida, salvo que as partes contratantes acorden computa-lo retorno.

3. Non existe obriga de facilitar cambio superior a 20 A.

4. Existe un libro de reclamacións á disposición dos usuarios.

5. A percepción mínima corresponde a un primeiro salto de 3.000 metros ou 13 minutos.

6. Durante o transcurso da primeira hora de espera o usuario terá dereito a dispoñer dun tempo de espera de quince minutos. Transcorrido este, computarase por fraccións de quince minutos a razón de 2,73 euros por cada fracción.

Vehículo matrícula:

Titular da autorización nº: