No BOP do 11 de marzo de 2004, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados por esta deputación provincial para cubri-las seguintes prazas vacantes incluídas en diversas ofertas de emprego público.
-3 prazas de técnico de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica e integrada no grupo A, por quenda libre.
-2 prazas de técnico de xestión, encadrada na escala de Administración xeral, subescala de xestión e integrada no grupo B, por promoción interna.
-1 praza de administrativo de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa e integrada no grupo C, por promoción interna.
-2 prazas de auxiliar de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar e integrada no grupo D, por promoción interna.
-4 prazas de auxiliar de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar e integrada no grupo D, por quenda libre.
-3 prazas de ordenanza, encadradas na escala de Administración xeral, subescala subalterna, e integradas no grupo E, por quenda libre.
-1 praza de técnico de contabilidade e e fiscalización, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior e integrada no grupo A, por promoción interna.
-1 praza de técnico medio en prevención de riscos laborais, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo B, por quenda libre.
-1 praza de enxeñeiro técnico ou aparellador, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo B, por quenda libre.
-1 praza de traballador social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo B, por quenda libre.
-1 praza de delineante, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar e integrada no grupo C, por promoción interna.
-1 praza de delineante, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar e integrada no grupo C, por quenda libre.
-3 prazas de encargado camiñeiro, encadradas na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios e integradas no grupo D, por promoción interna.
-2 prazas de oficial camiñeiro, encadradas na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo D, por promoción interna.
-5 prazas de operario especialista, encadradas na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios e integradas no grupo E, por quenda libre.
A presentación de solicitudes poderá facerse, ben no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no BOE.
Pontevedra, 11 de marzo de 2004.
Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra