DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Campo Lameiro para a creación dun parque empresarial.

O Concello Pleno de Campo Lameiro, en sesión celebrada o día 16 de febreiro de 2004, prestou aprobación inicial á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Campo Lameiro para creación dun parque empresarial, que se situará no lugar denominado A Facha, lugar de Redonde (sito de forma paralela á estrada PO-223 e inmediatamente ó sur da entidade de Redonde).

O obxecto deste proxecto é a reclasificación dun ámbito de solo non urbanizable común e de solo rústico de protección forestal de 107.681,80 m como solo urbanizable non delimitado (SUND), para a creación dun parque empresarial.

En cumprimento do establecido no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública, por espacio dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que, durante o dito prazo, poida examinarse o expediente na secretaria do concello e formularse as alegacións procedentes, mediante escrito que se presentará no rexistro xeral do concello.

Campo Lameiro, 17 de febreiro de 2004.

Julio Sayáns Bugallo

Alcalde