DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 9 de marzo de 2004 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 97/2003, devolta polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, (BOE nº 112, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador por presunta infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co artigo 17 do Regulamento de servicio e policía dos portos aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia, para que poida examina-lo expediente nos servicios centrais do ente público Portos de Galicia sitos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes ante o instructor do procedemento, segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e, en virtude do disposto no artigo 39.1º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é a directora do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2080-0155-18-40017739 de Caixanova, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2004.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Directora do ente público Portos de Galicia

ANEXO

Expediente: Sanc 97/2003.

Matrícula: C7239BFT.

Denunciante: celador do porto.

Denunciada: María Teresa Martínez Calvo.

Último enderezo coñecido: rúa Llorente, nº 14-4º, 36202, Pontevedra.

Feito denunciado: estacionamento en zona prohibida do porto.

Data-hora-porto: 12-2-2003, Cangas.

Precepto infrinxido: art. 114.1º.a), Lei 27/1992. Art. 17 O.M. 12-6-1976.

Precepto sancionador: art. 120, Lei 27/1992.

Sanción proposta: 90,15 euros.