DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de marzo de 2004, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se empraza a Juan J. Figueiredo Fernández no procedemento ordinario 327/2003-MT.

En cumprimento do acordado pola Sala do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra, en vía de recurso que se tramita baixo o procedemento ordinario 327/003-MT interposto por Mª del Carmen Peixoto Rodríguez, contra resolución do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra do 10-10-2003 polo que se resolve o expediente de clasificación dos montes A Mina e outros a favor da CMVMC da parroquia de Castrelos, do concello de Vigo, a través do presente escrito emprázase a Juan J. Figueiredo Fernández con último domicilio coñecido en Camiño Monte da Serra, 63, Castrelos, Vigo, para que poida comparecer e constituírse en parte nos autos como demandado mediante procurador e avogado, ou soamente mediante avogado con poder para o efecto, no prazo de nove días.

Así mesmo, de acordo co sinalado no artigo 50 da Lei 29/1998, faiselle saber que, no caso de comparecer fóra do indicado prazo, teráselle como parte para os trámites non precluídos, sen que por iso deba retrotraerse nin interromperse o curso do procedemento, e se non compare oportunamente continuará o procedemento polos seus trámites, sen que haxa lugar a practicarlle notificación de ningunha clase.

Pontevedra, 1 de marzo de 2004.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra