DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 26 de febreiro de 2004, da Delegación Territorial de Pontevedra, de notificación de imposición de multa coercitiva e dun novo apercibimento de imposición de multa coercitiva, recaída no expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade 10.5/92-II, tramitado a nome de Construcciones Silverio Bouzada, S.L., na súa condición de promotora de obras executadas no lugar de Punta Raeiro, termo municipal do Grove, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase o acordo da delegada territorial desta consellería en Vigo, pola que se procede á imposición de multa coercitiva e dun novo apercibimento de imposición de multa coercitiva, recaída no expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade nº 10.5/92-II, tramitado a Construcciones Silverio Bouzada, S.L., na súa condición de promotora das obras consistentes na construcción de vivenda e piscina, no lugar de Punta Raeiro, termo municipal do Grove, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, carecendo da preceptiva autorización desta Comunidade Autónoma, e sendo firme a resolución recaída no referido expediente, sen ter constancia de que se procedese ó cumprimento do punto 2º da parte dispositiva da resolución, que ordenaba volta-los terreos nos que

se executaron as obras obxecto deste expediente ó seu primitivo estado no prazo dun mes desde que sexa definitiva, acordo, en aplicación da devandita

resolución, e de conformidade co disposto no artigo 107.3º da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e nos artigos 95, 96 e 99 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, impoñer a Construcciones Silverio Bouzada, S.L. unha multa coercitiva por importe de tres mil novecentos dous euros (3.902 A) que se ingresarán nas contas habilitadas en Caixa Galicia ou Caixanova, e conceder un prazo de quince (15) días para proceder á restitución das cousas ó seu primitivo estado, acreditándoo perante esta delegación. Noutro caso, a partir do vencemento do prazo concedido, procederase á imposición doutra multa coercitiva por importe de tres mil novecentos dous euros (3.902 A), multa que será reiterada mensualmente en tanto que non proceda á reposición e restitución da legalidade.

Contra esta resolución pódese interpoñer, segundo o artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes, contados a partir da data na que teña lugar a notificación ó interesado.

Vigo, 26 de febreiro de 2004.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra