DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se aproba o modificado do proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico denominado Goa. (Expediente 087-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Eurovento, S.L., Unipersonal, con enderezo para

efectos de notificacións na rúa Varsovia, 4C-5ª planta, Área Central-As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sobre aprobación do modificado do proxecto de execución do parque eólico denominado Goa e declaración de utilidade pública; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 9 de novembro de 2001, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L., Unipersonal, solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución, formulación de declaración de efectos ambientais e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Goa, nos concellos do Vicedo e Viveiro.

Segundo.-Por resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 8 de agosto de 2003, foi formulada a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico de Goa, a cal foi publicada por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 11 de setembro de 2003 no Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro.

Terceiro.-Por Resolución do 17 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e recoñécese a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Goa; publicouse no Diario Oficial de Galicia do 27 de novembro de 2003.

Cuarto.-O 20 de outubro de 2003, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L., Unipersonal, solicita a aprobación da modificación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública do parque eólico denominado Goa, de 5,2 MW, achegando a documentación establecida no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto.-Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros o zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, a fin de que, se é o caso, se establecese o condicionado procedente.

Sexto.-A declaración de utilidade pública e o modificado do proxecto de execución do Parque Eólico Goa someteuse a información pública para os efectos previstos nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Real decre

to 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante resolución da delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Lugo do 31 de outubro de 2003, publicada no Boletín Oficial del Estado nº 275, do 17 de novembro, Diario Oficial de Galicia nº 223, do 17 de novembro, BOP de Lugo nº 265, do 18 de novembro, diario El Progreso do 17 de novembro, diario La Voz de Galicia do 18 de novembro, na delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo e no taboleiro de anuncios dos

concellos do Vicedo e Viveiro.

Sétimo.-Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Oitavo.-O 30 de outubro de 2003, a delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre a modificación do citado proxecto de execución, consistente no cambio de trazado da canalización eléctrica soterrada de interconexión entre centros de transformación situados no interior de torre de aeroxerador.

Noveno.-O 17 de decembro de 2003, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L., Unipersonal, presenta documentación adicional á declaración de impacto ambiental; informando a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 12 de xaneiro de 2004, da non existencia de obxeccións, para os efectos ambientais, a modificación do trazado da gabia de cableado en dous puntos do seu percorrido.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; Decreto 36/2001, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; Decreto 132/1982, do 4 de novembro; Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio; Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; Decreto 205/1995, do 6 de xullo; e Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Real decreto 1955/2000 e no Decreto 302/2001. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen o artigo único do Decreto 36/2001 e o artigo 18 do Decreto 302/2001,

RESOLVE:

1. Aproba-lo modificado do proxecto de execución desta instalación.

2. Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do Parque Eólico Goa, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2004.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas