DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/128-2, 6133 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. e C.T. en parque empresarial de Sete Pontes.

Situación: Vilalba.

Características técnicas:

-L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. Vilalba-A Xesta e final no apoio nº 2 da liña proxectada a parque empresarial Sete Pontes, en conductor LA-110 cunha lonxitude de 145 m e 20 kV de tensión.

-L.M.T. subterránea en conductor R.H.Z.1-150 baixo tubo de polietileno de diámetro 160 m, cunha lonxitude de 290 m con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. aérea que se proxecta, con entrada e saída ó C.T. parque empresarial de Sete Pontes e remata nun apoio existente da L.M.T. aérea ó polígono industrial de Vilalba.

-C.T. prefabricado do tipo PFU-3, que estará constituído por un transformador de 630 kVA, por tres celas do tipo SF6, unha de entrada, outra de saída e unha terceira de protección R.T. 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 11 de febreiro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo