DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/7-2, 6145 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en r/ Dos Carpinteiros e r/ Dos Servicios.

Situación: polígono do Ceao (Lugo).

Descricións técnicas:-L.M.T. subterránea en conductores R.H.Z.1-150 baixo tubo de polietileno en gabias de dominio público, cunha lonxitude de 274 m de canalización de 2 tubos de diámetro 160 mm e un tubo de diámetro de 63 mm; 40 m de canalización mixta MT/BT, 2 tubos de diámetro 160 mm, M.T., 1 tubo de diámetro 63 mm e 4 tubos de diámetro 125 mm, B.T.

-C.T. constituído por un centro de transformación en edificio prefabricado tipo PFU-304. A instalación dimensiónase para unha potencia de 630 kVA e unha R.T. 20.000/400-230 V. A potencia inicial instalada é de 400 kVA.

-R.B.T. executada en canalizacións subterráneas baixo tubos de polietileno, e discorrerán por gabias baixo zonas de dominio público, cunha lonxitude de 40 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de febreiro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo