DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.868

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (988/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 988/2003 por instancia de Santiago Grela López e outros, contra a empresa José Manuel Balsa, S.L., Insupos, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, se dictou a seguinte:

Sentencia. Na cidade da Coruña, o 16 de febreiro de 2004. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 988/2003, seguidos por instancia de Santiago Grela López, Fernando Naya Sánchez, José Manuel Suárez Cao, Pedro Platas Gayoso, Antonio Manuel López Varela, José Luis Mato Carreira, Juan Antonio Deus Pardo, Enrique Rodríguez Martínez, Rubén Meijide Gende, José María Pensado Varela, Manuel García Leis, José Antonio García Leis, maiores de idade, representados e asistidos polo letrado José Luis Muruzábal Arlegui, contra a empresa José Manuel Balsa, S.L. e Insupos, S.L., que non compareceron nos autos; e o Fogasa, que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta por Santiago Grela López, Fernando Naya Sánchez, José Manuel Suárez Cao, Pedro Platas Gayoso, Antonio Manuel López Varela, José Luis Mato Carreira, Juan Antonio Deus Pardo, Enrique Rodríguez Martínez, Rubén Meijide Gende, José María Pensado Varela, Manuel García Leis, José Antonio García Leis, contra a empresa José Manuel Balsa, S.L. e Insupos, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ós demandantes e a extinción da relación laboral na data desta resolución, e condeno as demandadas a aboaren ós demandantes, de forma solidaria a seguinte indemnización, máis os salarios de tramitación que se dirán:

1º 2993,10 euros más 3410,32 euros por S.T.

2º 2993,10 euros más 3410,32 euros por S.T.

3º 2946,13 euros mas 3187,60 euros por S.T.

4º 2993,10 euros más 3410,32 euros por S.T.

5º 2993,10 euros más 3410,32 euros por S.T.

6º 2150,24 euros más 3368,71 euros por S.T.

7º 9740,02 euros más 3051,93 euros por S.T.

8º 2087,66 euros más 3488,72 euros por S.T.

9º 481,58 euros más 3017,90 euros por S.T.

10º 8323,22 euros más 3420,25 euros por S.T.

11º 8362,19 euros más 3436,26 euros por S.T.

12º 7446,79 euros más 3393,93 euros por S.T.

con absolución do Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, a quen se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ás empresas José Manuel Balsa, S.L. e Insupos, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 16 de febreiro de 2004.

O secretario xudicial

Rubricado