DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.867

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (1066/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, doy fe e testemuño de que en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 1066/2003 por instancia de José Antonio Varela Cambón e outros, contra Limpiezas Marsella, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se dictou a seguinte:

«Sentencia. Na cidade da Coruña, o 11 de febreiro de 2004. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 1066/2003, seguidos por instancia de José Antonio Varela Cambón, Alfonso Novo Recioy, Manuel Amable Romero Calvete, Elisa Blanca García Vidal, David Santiago Sampedro Sampedro e José Pérez Berbel, maiores de idade, asistidos polo letrado Antonio Pousa Merens, contra a empresa Limpiezas Marsella, S.L., que non compareceu nos autos; con intervención do Fogasa, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta por José Antonio Varela Cambón, Felisa Blanca García Vidal, Alfonso Novo Recioy, David Santiago Sampedro Sampedro, Manuel Amable Romero Calvete e José Pérez Berbel, contra a empresa Limpiezas Marsella, S.L., debo declarar e declaro imporcedente o despedimento efectuado ós demandantes e extinguida a relación laboral na data desta resolución, condenando a demandada a que lles aboe ós demandantes as seguintes cantidades en concepto de indemnización e salarios de tramitación: ó 1º, 11.182,48 euros máis 3.463,20 euros por ST; ó 2º, 2.571,70 euros máis 2.904,48 euros por ST; ó 3º, 1.111,90 euros máis 2.668,32 euros por ST; ó 4º, 2.115,40 euros máis 2.538,72 euros por ST; ó 5º, 272,49 euros máis 2.615,76 euros por ST; e ó 6º, 138,55 euros máis 2.652,48 euros por ST. Con absolución do Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Limpiezas Marsella, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 11 de febreiro de 2004.

O secretario xudicial

Rubricado