DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.866

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

CÉDULA de notificación de sentencia (245/2003).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Betanzos, dou fe e testemuño de que no 10 de febreiro de 2004 se dictou sentencia do teor literal seguinte:

Sentencia nº 21.

En Betanzos o 10 de febreiro de 2004.

Vistos por mín, Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Betanzos e o seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 245/2003, sobre unha falta contra a orde pública, en que son denunciantes os axentes da Garda Civil W 87752 D; N 52375 N; J 70065 W e denunciado Santiago Varela Canedo, tendo sido parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Santiago Varela Canedo como autor responsable dunha falta de respecto ou consideración debida ós axentes da autoridade, do artigo 634 do Código Penal, a unha pena de multa de 20 días a razón de cota diaria de 5 euros, é dicir, a razón de 100 euros de multa, que, en caso de non se pagar ou de insolvencia, dará lugar a unha responsabilidade persoal subsidiaria de 10 días de privación de liberdade, que poderán cumprir en réxime de arrestos de fin de semana no centro penitenciario que corresponda ou, se for o caso, mediante traballos en beneficio da comunidade, para o cal cada día de privación de liberdade equivalerá a unha xornada de traballo.

Condénase a Santiago Varela Canedo ó pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación dentro do prazo dos cinco días seguintes á última notificación, que se interporá neste mesmo órgano para a súa resolución polo maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña a que por quenda corresponda constituído en tribunal unipersoal.

O relacionado é certo e concorda fielmente co seu orixinal, ó que me remito. E para a súa unión ós autos principais, expido esta cédula en Betanzos, o 12 de febreiro de 2004.

O secretario

Rubricado