DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.864

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 3 de marzo de 2004 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anunciada por Orde do 12 de xaneiro de 2004.

Convocada por Orde do 12 de xaneiro de 2004 (DOG nº 14, do 12 de xaneiro e corrección de erros no DOG nº 31, do 13 de febreiro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 12 de xaneiro de 2004 (DOG nº 14, do 12 de xaneiro e corrección de erros no DOG nº 31, do 13 de febreiro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencionso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2004.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e

Administración Local

ANEXO I

NRP ou DNI: 3263962102A2069.

Apelidos e nome: Garrote Freire, José Ignacio.

Grupo:A.

Corpo/escala: facultativo superior.

Código do posto: XUC050000315770007.

Denominación: Servicio de Planificación (xornada especial).

Nivel: 28A.

Dependencia: Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

Localidade: Santiago de Compostela.