DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.855

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 27 de febreiro de 2004 pola que se convoca a fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego da categoría de facultativo especialista de área de anestesioloxía e reanimación.

A base décimo segunda da Orde do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro) pola que se convoca o proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde da categoría de facultativo especialista de área de anestesioloxía e reanimación establece que, rematada a fase de selección, se iniciará a fase de provisión.

Rematada xa a fase de selección da categoría de facultativo especialista de área de anestesioloxía e reanimación convocada pola orde antes citada, procede agora convoca-la súa fase de provisión, polo que esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Publica-la convocatoria da fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego da categoría de facultativo especialista de área de anestesioloxía e reanimación convocada pola Orde do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), así como aproba-las bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II desta orde.

Artigo 2º

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan á Administración, os tribunais encargados de xulga-lo proceso e os que participen nel.

2. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no

prazo dun mes poderase interpoñer recurso de reposición ante esta consellería.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Igualmente, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións dos tribunais, conforme o previsto nas leis.

5. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria e sucesivos actos do proceso serán anunciados no Diario Oficial de Galicia para os efectos de citación ós posibles interesados.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2004.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Bases

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócanse, para a súa provisión, as prazas básicas vacantes de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde da categoría de facultativo especialista de área de anestesioloxía e reanimación que, para cada centro ou complexo hospitalario, se especifican no anexo III desta orde.

As prazas que se convocan son as ofertadas para a fase de selección na Orde do 15 de febreiro de 2002, toda vez que non concorren as circunstancias previstas para a súa ampliación na base novena desta. Así mesmo, e de acordo co establecido no artigo 7.2º b) da Lei 16/2001, do 21 de novembro, convócanse as prazas vacantes ocupadas por persoal propietario en situación de reingreso provisional ó servicio activo. Por último, convócanse prazas vacantes ocupadas por persoal propietario en comisión de servicios.

2. A fase de provisión rexerase polas presentes bases así como pola Lei 16/2001, do 21 de novembro.

Segunda.-Persoal que poderá participar voluntariamente na fase de provisión.

Poderá participar voluntariamente na fase de provisión o seguinte persoal estatutario fixo:

1. O persoal estatutario fixo da mesma categoría e especialidade que se atope desempeñando ou teña praza reservada nas institucións sanitarias da Seguridade Social, sexan cales fosen as administracións públicas das que aquela dependa e sexa cal fose a data en que tomase posesión.

2. O persoal estatutario fixo en situación distinta á de activo e que non teña reserva de praza da mesma categoría e especialidade, sempre que reúna os requisitos legais e regulamentarios para incorporarse ó servicio activo o último día do prazo de presentación

de solicitudes para participar nesta fase, sen que lle sexa esixible ningún prazo de permanencia na mencionada situación.

3. O persoal estatutario fixo que teña a categoría de xefe de departamento, de servicio ou de sección da mesma especialidade por acceder directamente a esta con anterioridade á entrada en vigor da orde do Ministerio de Sanidade e Consumo do 5 de febreiro de 1985. O persoal que obtivese praza nesta fase será nomeado facultativo especialista de área e perderá definitivamente a categoría orixinaria.

Terceira.-Persoal que deberá participar obrigatoriamente na fase de provisión.

Deberá participar obrigatoriamente na fase de provisión o seguinte persoal:

1. O persoal que, como consecuencia do proceso de consolidación de emprego, obtivese a situación de persoal estatutario en expectativa de destino. O persoal que se atope nesta situación e que non participe na fase de provisión considerarase decaído dos seus dereitos, sen que se lle poida adxudicar ningunha praza, e perderá a súa situación de persoal estatutario en expectativa de destino.

Os que, como consecuencia da súa participación na fase de selección correspondente a máis dunha categoría ou, se é o caso, especialidade, accedesen á situación de expectativa de destino en máis dunha delas, unicamente poderán participar na fase de provisión nunha soa categoría ou especialidade.

2. O persoal que se atope en situación de reingreso provisional ó servicio activo no Servicio Galego de Saúde, debendo solicitar necesariamente, por orde de preferencia, tódalas prazas convocadas da súa categoría, especialidade e área de saúde á que pertenza a praza que desempeña con carácter provisional. O reingresado provisional que non obteña praza definitiva na fase de provisión, tendo solicitadas tódalas convocadas na súa categoría, especialidade e área de saúde, poderá optar por obter novo destino provisional nalgunha das prazas que resulten vacantes como consecuencia da resolución da fase de provisión ou pasar novamente á situación de excedencia voluntaria, sen prexuízo do establecido no punto 4 da base novena desta orde. O reingresado provisional que non participe nesta fase ou non obteña praza e non solicitase tódalas da súa categoría, especialidade e área de saúde, será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria.

Cuarta.-Procedemento da fase de provisión.

1. A fase de provisión constará da realización e cualificación pola comisión delegada dunha entrevista regulada para avalia-los diferentes niveis de complexidade en que poden presta-las súas funcións os participantes, en que se valorará especialmente o grao de adecuación das aptitudes, experiencia e habilidades dos candidatos ós diferentes niveis de complexidade e especialización dos centros ou complexos hospitalarios e da acreditación e valoración polo tribunal central dos méritos por servicios prestados, a actividade científica e investigadora desen

volvida, así como a impartición de docencia posgraduada conforme o baremo de méritos que figura como anexo II desta orde e referidos ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. En aplicación dos reais decretos 895/1995, do 19 de maio, e 543/2001, do 18 de maio, que desenvolven a Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos estados membros da Unión Europea, o tribunal central e as comisións delegadas equipararán os méritos valorables que acrediten os aspirantes comunitarios ás puntuacións do baremo de méritos, con suxeición ós principios constitucionais de igualdade de acceso á función pública e non discriminación por razón de nacionalidade.

3. A entrevista, que terá unha duración máxima de vinte minutos e unha puntuación máxima de 30 puntos, realizarase nos lugares e nas datas que serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

Os participantes serán chamados para a realización da entrevista seguindo a orde de chamamento establecida na base sétima a).7 da Orde do 15 de febreiro de 2002 antes citada.

Os participantes na fase de provisión que non procedan da fase de selección que non se presenten á realización da entrevista para un dos centros ou complexos hospitalarios solicitados, decaerán dos seus dereitos, sen que se lles poida adxudicar ningunha praza, e manteranse, se é o caso, na súa praza orixinaria e nas mesmas condicións, sen prexuízo do establecido no punto 2 da base terceira respecto dos reingresados provisionais.

Os participantes na fase de provisión procedentes da situación de expectativa de destino que non se presenten á realización da entrevista para un dos centros ou complexos hospitalarios solicitados, decaerán dos seus dereitos, sen que se lles poida adxudicar ningunha praza, e perderán a súa situación de persoal estatutario en expectativa de destino.

Quinta.-Solicitudes.

1. Cada participante deberá cubrir unha única solicitude, axustándose necesariamente ó modelo que figura como anexo IV desta orde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es) e respectando estrictamente a codificación que identifica a cada centro ou complexo hospitalario.

Con independencia de que poidan solicitar máis dun centro ou complexo hospitalario, os participantes unicamente poderán concorrer á entrevista dun só deles. En caso de non se presentaren á realización desta, ou de concorreren á de distintos centros ou complexos hospitalarios, decaerán dos seus dereitos os termos establecidos no punto 3 da base cuarta desta orde.

2. A solicitude de praza nun centro ou complexo hospitalario supón a petición da totalidade das prazas convocadas nel, así como as que queden vacantes no devandito centro ou complexo hospitalario como consecuencia da resolución da fase de provisión e,

polo tanto, sexan susceptibles de seren adxudicadas en resultas.

3. As solicitudes, que deberán dirixirse á División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde (San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela), poderán ser presentadas nos centros que se relacionan a continuación ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, advertíndose que na folla ou follas, se é o caso, da solicitude de admisión á fase de provisión debe figura-lo selo do rexistro, quedando os orixinais en poder da Administración e expedindo copia para os interesados:

a) Na Consellería de Sanidade.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade.

c) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

d) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Servicio Galego de Saúde.

e) Nos servicios de persoal das xerencias de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

4. O prazo de presentación da solicitude, á que deberá unirse necesariamente toda a documentación que se achegue, será de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

5. Durante o prazo de presentación de solicitudes, os participantes poderán retirar ou modifica-las súas solicitudes mediante a presentación dunha nova, que anulará totalmente a anterior. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, non se admitirá nin a modificación ou retirada da solicitude nin a presentación de novos documentos.

Sexta.-Documentación.

1. Tódolos participantes, con carácter xeral, deberán presenta-la seguinte documentación:

I) Fotocopia do documento nacional de identidade ou pasaporte.

II) Autobaremación dos méritos que o aspirante considera valorables de conformidade co baremo de méritos que figura no anexo II. En ningún caso esta autovaloración vinculará o tribunal, tendo un carácter meramente orientativo.

Para reflectila, utilizarase o modelo que figura como anexo V nesta orde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

III) Documentación orixinal ou fotocopias compulsadas dos méritos alegados.

Deberá presentarse copia traducida por traductor xuramentado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais

do Estado español, non será necesario presentar copia traducida por traductor xuramentado.

Polo que se refire ós traballos publicados en revistas, tan só será necesario presentar fotocopia compulsada das follas en que conste o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

En relación cos capítulos de libros, será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, o depósito legal do libro e/ou o ISBN e a data de publicación.

Por último, en relación cos libros será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas en que conste o título do libro, o sumario ou índice del, o seu autor, o seu depósito legal e/ou o ISBN e a data de publicación.

2. O persoal con nomeamento estatutario fixo na categoría e especialidade deberá xuntar ademais copia compulsada do seu último nomeamento en propiedade.

3. O persoal en situación de excedencia presentará ademais copia compulsada da resolución en que se lle concedeu.

4. O persoal en reingreso provisional presentará ademais copia compulsada da resolución pola que se lle autorizou o reingreso.

Sétima.-Listaxe de admitidos.

1. Rematado o prazo de presentación de instancias, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición das listaxes provisionais de admitidos e excluídos á entrevista por centro ou complexo hospitalario, co motivo da súa exclusión.

Contra ela, os participantes excluídos disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, para poderen corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

2. Á vista das peticións de reparación presentadas, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia as listaxes definitivas de admitidos e excluídos á entrevista por centros ou complexo hospitalario, así como o lugar, a data e a hora de realización da entrevista. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas peticións de reparación entenderanse implícitas na citada publicación.

Oitava.-Comisións delegadas.

A comisión delegada de cada centro ou complexo hospitalario, da que a súa composición figura no anexo VI desta orde, será a encargada de realizar e valora-las entrevistas e de lle elevar ó tribunal central a proposta de puntuacións atribuídas a elas.

Para tal fin, na sesión constitutiva deberá acorda-los criterios para a realización das entrevistas e a súa valoración e elevarallos á División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde para os efectos da súa difusión na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Novena.-Resolución da fase de provisión.

1. Rematadas as entrevistas e realizada polo tribunal central a valoración dos méritos acreditados polos participantes, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición da listaxe provisional coas puntuacións obtidas por cada un deles e cos destinos provisionais adxudicados.

Contra ela, os participantes disporán dun prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do citado anuncio, para formularen reclamacións contra a listaxe provisional.

2. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as correccións oportunas, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva de asignación de destinos por centros ou complexos hospitalarios. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta resolución.

3. Os destinos adxudicados definitivamente na fase de provisión serán irrenunciables agás que a dita renuncia estea motivada pola obtención de praza en virtude da resolución dun procedemento de mobilidade voluntaria convocado por outra Administración pública.

4. Coas prazas non adxudicadas ou que resulten vacantes como consecuencia da fase de provisión iniciarase de novo o procedemento de provisión. Para iso, na resolución definitiva de asignación de destinos relacionaranse as devanditas prazas por centros ou complexos hospitalarios, establecerase o prazo, a forma, o lugar de presentación de solicitudes e sinalarase o lugar, a data e a hora de realización da segunda entrevista.

Neste segundo proceso de asignación deberá participar obrigatoriamente o persoal relacionado no punto 1 da base terceira desta orde, sempre que non obtivesen destino definitivo no primeiro proceso de asignación de prazas.

O persoal que se atope en situación de reingreso provisional ó servicio activo no Servicio Galego de Saúde e que, participando no primeiro proceso de asignación de prazas e solicitando tódalas da súa categoría, especialidade e área de saúde, non obtivese destino definitivo nela, deberá participar obrigatoriamente neste segundo proceso de asignación sempre que se oferten prazas da súa categoría, especialidade e área de saúde. O reingresado provisional que non participe neste segundo proceso de asignación de prazas ou non obteña praza e non solicitase tódalas da súa categoría, especialidade e área de saúde, será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria.

5. En caso de empate na puntuación total obtida na fase de provisión en ámbolos dous procesos de asignación de prazas, resolverase a prol do participante que acredite o maior tempo total de servicios prestados nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servicios de saúde. De persisti-lo empate, resolverase a prol da mellor puntuación obtida nos

puntos 2.1 e 2.2 do baremo que figura como anexo II e pola súa orde.

Décima.-Peche da fase de provisión.

Se como consecuencia da provisión establecida no punto 4 da base anterior aínda existisen prazas non adxudicadas ou vacantes, estas cubriranse de forma centralizada en función da puntuación obtida nos puntos 2 e 3 do baremo que figura como anexo II e pola súa orde. Para iso o tribunal, na resolución definitiva da asignación de destinos do segundo proceso de asignación de prazas, convocará en chamamento único os participantes que non resultaron adxudicatarios de praza neste, para que, atendendo á súa puntuación, elixan os destinos sobrantes.

Quedarán excluídos desta asignación de prazas os que non participasen no segundo proceso de asignación da fase de provisión establecida no punto 4 da base anterior.

Décimo primeira.-Nomeamentos.

Mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde que se publicará no Diario Oficial de Galicia, o persoal en situación de expectativa de destino que obtivese praza na fase de provisión será nomeado persoal estatutario fixo. Aqueles que, estando nesta situación, non obtivesen praza, e participasen integramente na fase de provisión e no seu peche, serán nomeados persoal estatutario fixo en situación de excedencia voluntaria, sen que se lles esixa o período mínimo dun ano para solicita-lo reingreso.

Décimo segunda.-Asignación de prazas.

Mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva do total dos adxudicatarios, con expresión concreta da praza adxudicada. Esta resolución abrirá o prazo de toma de posesión.

Décimo terceira.-Toma de posesión.

1. Os adxudicatarios procedentes da fase de selección disporán dun prazo máximo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da resolución a que se refire a base anterior, para efectua-la toma de posesión. De non se produci-la toma de posesión no prazo indicado sen causa xustificada, quedará sen efecto o nomeamento como persoal estatutario fixo da respectiva categoría e especialidade e perderán os dereitos derivados da súa participación no proceso de consolidación de emprego.

Este mesmo prazo aplicarase no caso de que a adxudicación de praza supoña o reingreso ó servicio activo. En ámbolos dous casos, este período non será retribuído.

2. Cando o adxudicatario sexa persoal estatutario con praza en propiedade na mesma categoría e especialidade e non proceda da fase de selección, deberá cesar na que, se é o caso, desempeñe, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución a que se refire a base anterior. Non obstante, o xerente da institución, por necesidades do servicio, poderá ampliar este prazo ata dez días.

A toma de posesión na nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó do cesamento, se as prazas son da mesma localidade; no prazo de quince días hábiles, se son de distinta localidade pero da mesma área de saúde; ou no dun mes, se pertencen a distinta localidade e área de saúde. Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles adxudicatarios de praza que xa viñesen ocupando praza no mesmo centro ou complexo hospitalario, en virtude de comisión de servicios ou reingreso provisional.

O prazo de toma de posesión e, se é o caso, a prórroga deste, terá a consideración de servicio activo, percibíndose os correspondentes haberes conforme as normas establecidas na orde anual pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas de persoal ó servicio da Administración autonómica.

Cando o adxudicatario non tome posesión da praza adxudicada no prazo indicado sen causa xustificada, perderá tódolos dereitos derivados da súa participación nesta convocatoria. Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular como persoal estatutario e será declarado na devandita situación quen non se incorpore ó destino obtido dentro dos prazos establecidos ou das súas prórrogas que legal ou regulamentariamente procedan. Non obstante, se existen causas suficientemente xustificadas así apreciadas pola División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde logo da audiencia do interesado, poderá deixarse sen efecto a devandita situación. En tal caso o interesado deberá incorporarse ó seu destino así que desaparezan as causas que no seu momento o impediron.

3. A toma de posesión da praza adxudicada levará aparellado o cesamento do persoal estatutario temporal que, se é o caso, corresponda, aplicándose os criterios de cesamento do Servicio Galego de Saúde.

Décimo cuarta.-Simultaneidade das entrevistas.

De acordo co establecido na disposición adicional décimo sexta da Lei 16/2001, do 21 de novembro, introducida polo artigo 55 da Lei 62/2003, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social (BOE nº 313, do 31 de decembro), téndose constatado durante o desenvolvemento e execución da convocatoria do proceso extraordinario de consolidación de emprego, circunstancias de índole técnica que dificultan a realización das entrevistas que integran a fase de provisión de xeito simultáneo en cada centro ou complexo hospitalario dependente do Servicio Galego de Saúde, queda suprimido o dito requisito esixido no punto 2 da base décimo segunda da Orde do 15 de febreiro de 2002.

ANEXO II

Baremo de méritos da fase de provisión

1. Entrevista:

A valoración da entrevista cualificarase cun máximo de 30 puntos.

2. Experiencia profesional:

Valorarase a experiencia profesional nas correspondentes institucións sanitarias da Seguridade Social como persoal estatutario con nomeamento fixo ou temporal. Para estes efectos os servicios prestados con contrato laboral, con carácter fixo ou temporal, nas categorías de persoal reguladas no Estatuto xurídico de persoal médico, persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social, terán a consideración de efectuados como persoal estatutario fixo ou temporal na respectiva categoría.

2.1. Por servicios prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,6 puntos por mes traballado.

b) Nas categorías do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría en que se concursa: 0,45 puntos por mes traballado.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,3 puntos por mes traballado.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,225 puntos por mes traballado.

2.2. Polos servicios prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes doutros servicios de Saúde.

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,2 puntos por mes traballado.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría en que se concursa: 0,15 puntos por mes traballado.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,1 puntos por mes traballado.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,075 puntos por mes traballado.

O cómputo máximo de antigüidade por servicios prestados será de cincuenta e cinco puntos.

Para os efectos do cómputo dos servicios prestados establecidos no punto 2 deste baremo, referido a experiencia profesional ó persoal de reforzos de atención primaria e ó facultativo de atención especializada con nomeamento específico para a realización de atención continuada (gardas médicas), recoñecerá

selles un mes completo de servicios prestados calculándose conforme as seguintes regras:

a) Un mes, ou a parte que corresponda proporcionalmente, por cada cento noventa horas ou fracción, realizadas.

b) Se dentro dun mes natural se realizasen máis de cento noventa horas, soamente se poderá valorar un mes de servicios prestados, sen que o exceso de horas efectuado durante aquel poida ser aplicado para o cómputo de servicios prestados establecidos na anterior regra a).

3. Outros méritos:

a) 1. Por tese de doutoramento: 3 puntos.

2. Por tese de doutoramento cum laude: 1 punto adicional.

3. Por traballos científicos e de investigación directamente relacionados coa categoría e especialidade de que se trate, apreciados libremente polo tribunal, ata un máximo de 10 puntos, conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

Publicación revista: difusión nacional: 0,25/difusión internacional: 0,50.

Capítulo de libro: difusión nacional: 0,30/difusión internacional: 0,60.

Libro completo: difusión nacional: 1/difusión internacional: 2.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Só se valorarán os tres primeiros autores dos traballos a que se refire este punto.

En todo caso, por este epígrafe a) non poderá obterse unha puntuación superior a 10 puntos.

b) Por impartir docencia posgraduada na especialidade a que se concursa en centros acreditados para a docencia: 0,5 puntos por cada ano, ata un máximo de 5 puntos.

ANEXO III

Prazas convocadas

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo29

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos9

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela26

2701C.H. Xeral-Calde12

2706H.C. da Costa-Burela5

2707H.C. de Monforte3

3201C.H. de Ourense13

3204H.C. de Valdeorras4

3601C.H. Xeral-Cíes15

3603C.H. de Pontevedra11

3611H. Meixoeiro11

ANEXO V

Autobaremación de méritos da fase de provisión

Categoría/especialidade:

Nome e apelidos:DNI:

1. Experiencia profesional (máximo 55 puntos) Meses Puntuación

1.1. En institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,6 puntos/mes.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría en que se concursa con: 0,45 puntos/mes.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,3 puntos/mes.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,225 puntos/mes.

1.2. En institucións sanitarias dependentes doutros servicios de saúde. Meses Puntuación

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,2 puntos/mes.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría en que se concursa: 0,15 puntos/mes.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,1 puntos/mes.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,075 puntos/mes.

Nota:

* Para o cómputo dos servicios prestados, referido á experiencia profesional, ó persoal de reforzo en atención primaria e ó facultativo de atención especializada con nomeamento específico para a realización de atención continuada (gardas médicas), recoñeceráselle un mes completo de servicios prestados, que se calculará conforme as seguintes regras:

a) Un mes, ou a parte que corresponda proporcionalmente, por cada 190 horas ou fracción realizadas.

b) Se dentro do mes natural se realizasen máis de 190 horas, soamente se poderá valorar un mes de servicios prestados, sen que o exceso de horas efectuado durante aquel poida ser aplicado para o cómputo dos servicios prestados establecidos na anterior regra a).

* Cómputo dos servicios prestados en réxime laboral: os servicios prestados con contrato laboral, con carácter fixo ou temporal, nas categorías de persoal reguladas no Estatuto xurídico de persoal médico, de persoal sanitario non facultativo e de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social, terán a consideración de efectuados como persoal estatutario fixo ou temporal na respectiva categoría.

* Servicios prestados por persoal de asistencia pública domiciliaria: os servicios prestados á Seguridade Social, no ámbito da atención primaria, polo persoal de asistencia pública domiciliaria equivalerán para os efectos dos baremos previstos na Lei 16/2001, do 21 de novembro, tanto na fase de selección como na de provisión, ós prestados nas categorías que lles correspondan.

2. Outros méritos:Puntuación

a) Tese de doutoramento e traballos científicos: (máximo 10 puntos)

a) 1. Tese de doutoramento: 3 puntos.

a) 2. Tese de doutoramento cum laude: 1 punto adicional.

a) 3. Traballos científicos e de investigación relacionados coa categoría e especialidade, apreciados libremente polo tribunal:

-Non se valorarán máis de 3 capítulos dun mesmo libro.

-Só se valorarán os tres primeiros autores dos traballos.

NúmeroPuntuación

Difusión nacionalPublicación revista

(0,25 puntos)

Capítulo libro

(0,30 puntos)

Libro completo

(1 punto)

Difusión internacionalPublicación revista

(0,50 puntos)

Capítulo libro

(0,60 puntos)

Libro completo

(2 puntos)

b) Docencia posgraduada (máximo 5 puntos)AnosPuntuación

Na mesma especialidade a que se concursa en centros acreditados para a docencia: 0,5 puntos por cada ano.

Méritos da fase de provisión.

Experiencia profesional:

Outros méritos:

Total:

ANEXO VI

Comisións delegadas

* C. H. Universitario Juan Canalejo:

Membros titulares:

Presidente: Julián Álvarez Escudero.

Secretaria: Mª Pilar Pose Cambeiro.

Vocais: Jesús A. Rodríguez Vila.

Jesús Caramés Bouzán.

En representación das organizacións sindicais: Pedro González Guerra.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco M. Rey López.

Secretario: José Ricardo González Paleo.

Vocais: Francisco José López Rois.

Jorge Suances Hernández.

En representación das organizacións sindicais: Juan Manuel Moguer Asensio.

* C. H. Universitario de Santiago:

Membros titulares:

Presidente: Julián Álvarez Escudero.

Secretaria: Mª Pilar Pose Cambeiro.

Vocais: Juan S. Medina Henríquez.

Cristóbal Galbán Rodríguez.

En representación das organizacións sindicais: Pedro González Guerra.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco M. Rey López.

Secretario: José Ricardo González Paleo.

Vocais: Estrella López-Pardo y Pardo.

Antonio Fernández Paniagua.

En representación das organizacións sindicais: Juan Manuel Moguer Asensio.

* C. H. A. Marcide-Novoa Santos:

Membros titulares:

Presidente: Julián Álvarez Escudero.

Secretaria: Mª Pilar Pose Cambeiro.

Vocais: Manuel A. Camba Rodríguez.

Alfonso Clemente González.

En representación das organizacións sindicais: Pedro González Guerra.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco M. Rey López.

Secretario: José Ricardo González Paleo.

Vocais: Estrella López-Pardo y Pardo.

María Agra Ramírez.

En representación das organizacións sindicais: Juan Manuel Moguer Asensio.

* C. H. Xeral-Calde:

Membros titulares:

Presidente: Julián Álvarez Escudero.

Secretaria: Mª Pilar Pose Cambeiro.

Vocais: José Manuel Cerqueiro Tojo.

Ramón Ares Rico.

En representación das organizacións sindicais: Pedro González Guerra.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco M. Rey López.

Secretario: José Ricardo González Paleo.

Vocais: Dámaso López Rodríguez.

Bernardo Seoane Díaz.

En representación das organizacións sindicais: Juan Manuel Moguer Asensio.

* H. C. Da Costa-Burela:

Membros titulares:

Presidente: Julián Álvarez Escudero.

Secretaria: Mª Pilar Pose Cambeiro.

Vocais: Pablo A. Mosquera Mata.

Martín Mario Díaz López.

En representación das organizacións sindicais: Pedro González Guerra.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco M. Rey López.

Secretario: José Ricardo González Paleo.

Vocais: Dámaso López Rodríguez.

Bernardo Seoane Díaz.

En representación das organizacións sindicais: Juan Manuel Moguer Asensio.

* H. C. de Monforte:

Membros titulares:

Presidente: Julián Álvarez Escudero.

Secretaria: Mª Pilar Pose Cambeiro.

Vocais: Rosa Mª Alborés Alborés.

Eleuterio López Louzao.

En representación das organizacións sindicais: Pedro González Guerra.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco M. Rey López.

Secretario: José Ricardo González Paleo.

Vocais: Dámaso López Rodríguez.

Bernardo Seoane Díaz.

En representación das organizacións sindicais: Juan Manuel Moguer Asensio.

* C. H. de Ourense:

Membros titulares:

Presidente: Julián Álvarez Escudero.

Secretaria: Mª Pilar Pose Cambeiro.

Vocais: Carlos Izquierdo Gutiérrez.

José Fermín Troncoso Casares.

En representación das organizacións sindicais: Pedro González Guerra.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco M. Rey López.

Secretario: José Ricardo González Paleo.

Vocais: Estrella López-Pardo y Pardo.

José Ramón Gómez Fernández.

En representación das organizacións sindicais: Juan Manuel Moguer Asensio.

* H. C. de Valdeorras:

Membros titulares:

Presidente: Julián Álvarez Escudero.

Secretaria: Mª Pilar Pose Cambeiro.

Vocais: Luis Sánchez García.

José Porto Rodríguez.

En representación das organizacións sindicais: Pedro González Guerra.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco M. Rey López.

Secretario: José Ricardo González Paleo.

Vocais: Estrella López-Pardo y Pardo.

José Ramón Gómez Fernández.

En representación das organizacións sindicais: Juan Manuel Moguer Asensio.

* C. H. Xeral-Cíes:

Membros titulares:

Presidente: Julián Álvarez Escudero.

Secretaria: Mª Pilar Pose Cambeiro.

Vocais: Francisco M. Rey López.

Manuel Sánchez Delgado.

En representación das organizacións sindicais: Pedro González Guerra.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco M. Rey López.

Secretario: José Ricardo González Paleo.

Vocais: Francisco José López Rois.

Jorge Suances Hernández.

En representación das organizacións sindicais: Juan Manuel Moguer Asensio.

* C. H. de Pontevedra:

Membros titulares:

Presidente: Julián Álvarez Escudero.

Secretaria: Mª Pilar Pose Cambeiro.

Vocais: Fernando Dopazo Agrelo.

José Antonio Ortigueira Espinosa.

En representación das organizacións sindicais: Pedro González Guerra.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco M. Rey López.

Secretario: José Ricardo González Paleo.

Vocais: José Ramón Gómez Fernández.

Cristóbal Galbán Rodríguez.

En representación das organizacións sindicais: Juan Manuel Moguer Asensio.

* H. O Meixoeiro:

Membros titulares:

Presidente: Julián Álvarez Escudero.

Secretaria: Mª Pilar Pose Cambeiro.

Vocais: Luís Luna Mendoza.

Rafael Pita-Romero Caamaño.

En representación das organizacións sindicais: Pedro González Guerra.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco M. Rey López.

Secretario: José Ricardo González Paleo.

Vocais: José Ramón Gómez Fernández.

Francisco José López Rois.

En representación das organizacións sindicais: Juan Manuel Moguer Asensio.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL