DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 18 de marzo de 2004 Páx. 3.748

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2004 pola que se convocan os cursos de francés, de portugués, de introducción á linguaxe de signos e de inglés.

Dentro do programa de actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2004, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases xerais e específicas:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelo oficial, se recollen nos anexos II e III desta resolución, respectivamente.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais contados a partir da publicación no DOG para os cursos de francés e portugués, un mes para o curso de introducción á linguaxe de signos e dous meses para os cursos de inglés.

4. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na rúa de Madrid, 2 - 4, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. A selección efectuarase de acordo co previsto para cada curso no citado anexo I. Aplicarase con carácter supletorio a Resolución do 11 de febreiro de 2004 pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da EGAP (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. Así mesmo, co obxecto de facilitárlle-lo acceso á información dunha forma áxil e rápida, evitando desprazamentos innecesarios, publicaranse na páxina web: www.egap.xunta.es

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá realiza-las probas ou requiri-la presentación dos traballos que considere oportuno.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar unha copia da certificación recibida ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá suspender ou modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de seleccionados sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para isto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente. O mesmo poderá suceder se durante a realización do curso se constata unha inasistencia inferior a esa cifra.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

K Curso: francés básico.

1. Obxectivos.

Ten por obxectivo proporcionar uns coñecementos elementais da lingua francesa.

2. Destinatarios.

Persoal de administración da Xunta de Galicia, da Administración local, das universidades de Galicia, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. Daráselles preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso.

3. Desenvolvemento do curso.

3.1. Duración: 80 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: do 21 de abril ó 15 de decembro de 2004 (agás os meses de xullo, agosto e setembro).

3.4. Horarios: luns e mércores, das 17.00 ás 19.00 horas.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para o persoal da Xunta de Galicia, 4 para a local, 2 para a universitaria, 1 para o Parlamento, 1 para o Consello de Contas e 1 para o Valedor do Pobo.

4. Contido.

-Vocabulario.

-Pronuncia.

-Estructuras gramaticais.

-Comprensión básica.

-Formulación e contestación de preguntas.

-Análise de situacións concretas da vida corrente.

K Curso: portugués, nivel básico (3 edicións).

1. Obxectivos.

Comprende-la información global e específica das menxases orais e escritas da lingua portuguesa relativas ás diversas situacións habituais da comunicación, emitidas directamente polos falantes ou polos medios de comunicación.

Producir mensaxes orais e escritas en portugués, utilizando recursos lingüísticos e non lingüísticos, nas diversas situacións habituais da comunicación para conseguir que esta sexa fluída e satisfactoria.

2. Destinatarios.

Persoal de administración da Xunta de Galicia, da Administración local, das universidades de Galicia, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. Daráselles preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 80 horas.

3.2. Lugares: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

3.3. Datas: do 29 de abril ó 30 de novembro de 2004 (agás os meses de xullo e agosto).

3.4. Horarios: martes e xoves, das 17.00 ás 19.00 horas.

3.5. Prazas: 20 por edición, das que 11 serán para o persoal da Xunta de Galicia, 4 para a local, 2 para a universitaria, 1 para a do Parlamento, 1 para o Consello de Contas e 1 para o Valedor do Pobo.

4. Contido básico.

-Comunicación oral.

-Comunicación escrita.

-Actitudes.

K Curso: portugués, nivel I (2 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos da lingua portuguesa a un nivel medio, de xeito que permita establecer contactos nesta lingua e acadar unha comunicación e comprensión cun bo grao de eficacia.

2. Destinatarios.

Persoal de administración da Xunta de Galicia, da Administración local, das universidades de Galicia, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. Absteranse de solicitar este curso as persoas que xa o fixeron anteriormente. A selección efectuarase en función do resultado dunha proba escrita de nivel de coñecementos de portugués que deberán realiza-los candidatos o día, a hora e o lugar que determine a EGAP. Dentro do nivel adecuado daráselles preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 80 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela e Vigo.

3.3. Datas: do 29 de abril ó 30 de novembro de 2004 (agás os meses de xullo e agosto).

3.4. Horarios: martes e xoves, das 19.00 ás 21.00 horas.

3.5. Prazas: 20 por edición, das que 11 serán para a Administración autonómica, sempre que reúna os requisitos de nivel derivados da realización da proba que se practique.

4. Contido básico.

Adaptarase ó nivel do grupo seleccionado.

K Curso: introducción á linguaxe de signos.

1. Obxectivos.

Desenvolver alternativas de comunicación na atención ó público.

2. Destinatarios.

Persoal de administración da Xunta de Galicia, preferentemente o destinado nas unidades de información e atención directa ó cidadán. Acreditarase a relación do posto de traballo co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: do 24 de maio ó 8 de xuño.

3.4. Horarios: de luns a xoves, das 17.00 ás 20.00 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido básico.

-Coñecemento básico da linguaxe de signos.

-Desenvolvemento de técnicas para favorece-la comunicación.

K Curso: inglés medio.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos da lingua inglesa para relacionarse de forma eficaz, oralmente ou por escrito, con persoas ou institucións de países anglófonos.

2. Destinatarios.

Persoal de administración da Xunta de Galicia, da Administración local, das universidades de Gali

cia, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. Absteranse de solicitar este curso as persoas que xa o fixeron anteriormente. A selección efectuarase en función do resultado dunha proba escrita de nivel de coñecementos de inglés que deberán realiza-los candidatos o día 29 de xuño, ás 17.00 horas, no salón de actos da EGAP. Dentro do nivel adecuado daráselles preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 120 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: do 14 de setembro de 2004 ó 19 de maio de 2005.

3.4. Horarios: martes e xoves, das 17.00 ás 19.00 horas.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para o persoal da Xunta de Galicia, sempre que reúna os requisitos de nivel derivados da realización da proba que se practique.

4. Contido.

Adaptado ó nivel do grupo que se forme.

K Curso: inglés superior.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos máis profundos da lingua inglesa para relacionarse de forma eficaz, oralmente ou por escrito, con persoas ou institucións de países anglófonos.

2. Destinatarios.

Persoal de administración da Xunta de Galicia, da Administración local, das universidades de Galicia, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. Absteranse de solicitar este curso as persoas que xa o fixeron anteriormente. A selección efectuarase en función do resultado dunha proba escrita de nivel de coñecementos de inglés que deberán realiza-los candidatos o día 29 de xuño, ás 17.00 horas, no salón de actos da EGAP. Dentro do nivel adecuado daráselles preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 120 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: do 14 de setembro de 2004 ó 19 de maio de 2005.

3.4. Horarios: martes e xoves, das 19.00 ás 21.00 horas.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para o persoal da Xunta de Galicia, sempre que reúna os requisitos de nivel derivados da realización da proba que se practique.

4. Contido.

Adaptado ó nivel do grupo que se forme.

CONSELLERÍA DE FAMILIA,

XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO