DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 18 de marzo de 2004 Páx. 3.743

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria pola que se acorda a revisión salarial das táboas do ano 2003 e o axuste do calendario laboral para o ano 2004 do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da construcción de Ourense.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector da construcción da pro

vincia de Ourense (código de convenio nº 3200155, publicado no BOP nº 231, do 7 de outubro de 2003) acordando a revisión salarial das táboas do ano 2003 e o axuste do calendario laboral para o ano 2004, con entrada nesta delegación provincial, o día 23 de xaneiro de 2004, subscrito pola citada comisión paritaria, en representación da parte económica e da parte social, en data 22 de xaneiro de 2004, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do

22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de xaneiro de 2004.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

MCA-UGT:

Javier Carreiro Vázquez.

FECOMA-CC.OO.:

Antonio Pérez Jácome.

FCM-CIG:

Xan Losada González.

José Antonio González Freitas.

ACO:

Sara González Jácome.

Manuel Novoa Velo.

Jorge Caride Luna.

Cesáreo Fernández Ríos.

En Ourense, ás 20.30 horas do día xoves 22 de xaneiro de 2004, reúnense nos locais da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense (ACO) os á marxe citados, previamente convocados para o efecto, partes lexitimadas para asinar convenios ou acordos sectoriais da construcción de ámbito provincial. Preside a reunión Antonio Pérez Jácome, nomeándose secretario Cesáreo Fernández Ríos.

Único punto da orde do día: calendario laboral para o ano 2004 e actualización da táboa salarial convencional.

Logo de deliberación, posterior debate e votación, adóptase o seguinte acordo:

Acordo único adoptado por unanimidade: as partes lexitimadas para negocia-lo convenio provincial do sector da construcción da provincia de Ourense, para axusta-lo calendario anual ás 1.750 horas establecidas no vixente convenio xeral do sector da construcción, fixan como días non laborables do sector da construcción para o ano 2004, os seguintes:

23 de xaneiro (luns de Antroido), 18 de marzo, 13 de agosto, 11 e 29 de outubro, 12 e 26 de novembro, 7, 24 e 31 de decembro, así como 2 horas correspondentes á xornada do 23 de decembro (xornada de 6 horas).

Estas datas poderán permutarse por outras diferentes, logo de acordo entre empresa e traballador.

Cando un festivo local coincida con algún día non laborable de convenio, este pasarase ó anterior ou posterior día laboral.

Estes días así establecidos non computarán para efectos do desfrute das vacacións.

Este calendario será de aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral de acordo co artigo 72.4º do convenio xeral do sector da construcción.

Tamén se actualiza a táboa salarial segundo anexo achegado, de conformidade co artigo 15 sobre cláusula de garantía salarial, do convenio sectorial vixente de aplicación, entrará en vigor o día da publicación oficial con efectos o 1 de xaneiro de 2004.

Facúltase a Cesáreo Fernández Ríos para presentar esta acta e o seu anexo ante a delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

Este acordo adóptase por unanimidade.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, logo de lectura e aprobación por unanimidade desta acta, ás 22.15 horas do día da data, asinando por sextuplicado, e para un só efecto.

ANEXO I

Convenio provincial do sector da construcción da provincia de Ourense

Táboa de retribucións para o período 1-1-2003 ó 31-12-2003 (revisada)

MensualPagas extras

NivelCategoríasSoldo

base

Complem.

asistencia

Complem.

transporte

Total

mes

XuñoDecembroAnual

vacacións

Salario

anual

Horas

extras

IITitulado superior750,49191,3017,02958,81893,75893,75893,7513.228,167,99

IIITitulado medio, xefe administrativo 1ª, xefe sec. org. 1ª747,16188,0116,99952,16891,14891,14891,1413.147,187,99

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral743,53184,3316,96944,82888,26888,26888,2613.057,807,99

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefe sec. org. científica do traballo de 2ª, xefe de compras740,17181,0516,92938,14885,64885,64885,6412.976,467,99

MensualPagas extras

NivelCategoríasSoldo

base

Complem.

asistencia

Complem.

transporte

Total

mes

XuñoDecembroAnual

vacacións

Salario

anual

Horas

extras

VIOficial admtvo. de 1ª, delineante de 1ª, encarg. taller, encarg. sec. laboratorio, escultor de pedra e mármore, práct. topografía de 1ª, técn. org. 1ª736,55177,3816,89930,82882,77882,77882,7712.887,337,99

VIIDelineante de 2ª, técnico org. de 2ª, práctico topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, capataz, especialista de oficio723,27164,1116,76904,14872,33872,33872,3312.562,537,61

VIIIOficial admtvo. de 2ª, corredor de praza, oficial 1ª de oficio, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª713,28154,1416,67884,09864,69864,69864,6912.319,067,38

IXAuxiliar administrativo, axte. topográfico, auxiliar de org., vendedores, conserxe, oficial 2ª de oficio703,00143,8316,56863,39856,37856,37856,3712.066,407,10

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda-xuramentado, axudantes de oficio, especialistas de 1ª692,71133,5316,47842,71843,36843,36843,3611.799,896,69

XIEspecialistas de 2ª, peóns especializados682,44123,2516,38822,07831,02831,02831,0211.535,836,44

XIIPeóns ordinarios, limpador671,83112,6516,29800,77822,70822,70822,7011.276,576,19

XIIIMozo dos recados e pinches de 16 a 18 anos429,5951,5714,79495,95444,78444,78444,78 6.789,79-

XIVTraballadores en formación390,2136,1714,53440,91407,24407,24407,24 6.071,73-

Nota: as categorías que se indican, cunha antigüidade na empresa anterior o 7-7-1998, rexeranse para efectos económicos polos seguintes niveis: -Nivel VII: oficial admtvo. 2ª. -Nivel VIII: auxiliar admtvo. -Nivel V: encargado de taller.

Axuda de custo: 22,88 A.

Media axuda de custo: 10,14 A.