DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 18 de marzo de 2004 Páx. 3.711

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 9 de marzo de 2004 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para o ano 2004.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 29.1º, atribúelle á Comunidade Autónoma, en concordancia co artigo 149.1º.7 da Constitución española, competencia para a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, funcións e servicios correspondentes a este ámbito.

No título VII da Lei 13/1982, de integración social dos minusválidos, establécese como finalidade primordial da política de emprego de traballadores minusválidos, a súa integración no sistema ordinario de traballo ou, no seu defecto, a súa incorporación ó sistema productivo mediante fórmulas especiais de traballo protexido, como son os centros especiais de emprego; tamén, como fórmula alternativa ó traballo por conta allea, o autoemprego constitúe un elemento eficaz para a inserción socioprofesional das persoas con discapacidade.

De conformidade co Decreto 168/1984, do 15 de novembro, de asunción de funcións e servicios,

correspóndelle á Comunidade Autónoma a xestión de calquera tipo de axudas, subvencións e préstamos que realizaba a Unidade Administradora do Fondo Nacional de Protección ó Traballo. Así mesmo, mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta Comunidade Autónoma asumiu as funcións e servicios transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego (Inem) no ámbito do traballo, o emprego e a formación.

Segundo o disposto no Decreto 212/2003, do 3 de abril, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, correspóndelle a esta o exercicio das anteditas competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego.

Consonte co anterior, e no ámbito funcional da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, correspóndelle a esta consellería a regulación específica, a convocatoria, a xestión e o control das axudas e subvencións á contratación indefinida de traballadores con discapacidade, reguladas no Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, e na Orde do 13 de abril de 1994, que desenvolve o capítulo II do mencionado real decreto, no Real decreto 290/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan os enclaves laborais como medida de fomento do emprego das persoas con discapacidade, e das axudas e subvencións para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego ou como traballadores autónomos ou por conta propia, segundo a disposición adicional terceira da orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de outubro de 1998.

O acceso ó emprego é un elemento decisivo para a integración laboral das persoas con discapacidade na economía e na sociedade nun sentido amplo. A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, en concordancia co desenvolvemento doutras medidas no ámbito social e, na execución das políticas activas de emprego, establece accións específicas para a inserción deste colectivo, que ten por obxecto a mellora da súa empregabilidade e, coordinadamente, o establecemento de medidas de acción positiva para a incentivación pola creación do seu emprego.

Como novidade é de destacar que esta orde constitue o marco normativo en que se agrupan os programas que teñen por obxecto establecer incentivos para a creación do emprego das persoas con discapacidade, coa finalidade de dar unha visión integral e coherente do apoio á integración laboral deste colectivo, regulando nos seus anexos A, B e C, respectivamente, os programas de fomento da contratación indefinida das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e de promoción do seu emprego autónomo, na súa adaptación ás actuais circunstancias e ás directrices emanadas da Extratexia Europea do Emprego.

O programa de fomento da contratación indefinida das persoas con discapacidade na empresa ordinaria incorpora a reforma introducida polo Real decreto 170/2004, do 30 de xaneiro, polo que se modifica o Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, principalmente, no sentido de establecer maiores bonificacións na cotización á Seguridade Social no caso da contratación de mulleres con discapacidade, e nas axudas para a adaptación do posto de traballo co fin de eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas con discapacidade, que poderán ser solicitadas, ademais de nos casos das contratacións indefinidas, nas contratacións temporais de duración igual ou superior a 12 meses.

Para avanzar na estratexia dirixida a promove-la integración laboral das persoas con discapacidade en Galicia, mantéñense os incentivos autonómicos adicionais, co obxecto de incidir máis favorablemente no emprego das mulleres con discapacidade e daquelas persoas con discapacidades máis severas e, así mesmo, co obxecto de potencia-lo tránsito ó emprego ordinario mantense a posibilidade de acceso ós beneficios previstos neste programa, ademais das persoas con discapacidade desempregadas, ós traballadores procedentes de centros especiais de emprego.

Así mesmo, coa finalidade de logra-la maior integración dos traballadores con discapacidade que, polo seu grao ou pola súa discapacidade, presenten especiais dificultades para o acceso ó mercado ordinario de traballo, e facilita-la transición desde o emprego protexido nos centros especiais de emprego ó emprego ordinario, nesta orde introdúcense os incentivos no suposto de contratación pola empresa colaboradora dos traballadores con discapacidade dos enclaves laborais, segundo o previsto no Real decreto 290/2004, do 20 de febreiro.

No programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, as novidades máis salientables introducidas nesta orde son, nas axudas á creación ou ampliación destes centros, o establecemento de criterios de gradación para a determinación da contía das axudas.

Nas axudas ó mantemento de centros especiais de emprego, continúase incentivando o mantemento do emprego preferentemente estable dos traballadores con discapacidade, introducindo como novidade a concesión destas axudas naqueles supostos concretos en que sexa necesaria a súa contratación temporal. Outra novidade salientable é a posibilidade de concesión de anticipos de pagamento e pagamentos parciais das subvencións ó custo salarial para axiliza-los cobros e mellora-lo financiamento destes centros.

No programa de promoción do emprego autónomo das persoas con discapacidade, introdúcese como innovación máis salientable a ampliación como beneficiarios do programa de promoción do emprego autónomo aqueles traballadores desempregados que creen o seu propio posto de traballo mediante a cons

titución dunha sociedade limitada cun capital social fundacional inferior a 120.200 euros, axustando esta cifra ó capital social máximo dunha sociedade limitada nova empresa. Tamén é de destaca-la posibilidade que teñen estas sociedades de solicita-la subvención financeira de xeito que se lles facilite o acceso ó financiamento externo en condicións económicas máis favorables. Outra novidade é a introducción dun incremento nas contías das axudas no caso de desempregados que no momento da súa alta na Seguridade Social estean incorporados e manteñan a condición de beneficiarios do Programa Labora: Xuventude con Experiencia.

As axudas contempladas no anexo A desta orde están amparadas na súa adecuación ó dereito comunitario pola autorización da Comisión Europea C (-2002) 1884 fin, do 22-5-2002. E, cando se trate de empregos ligados a un investimento polo seu sometemento ó Regulamento (CE) nº 70/2001, da Comisión do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado da CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOCE L10; 13-1-2001).

As bases reguladoras destes programas axústanse ó disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, en especial, no relativo ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de axudas públicas e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

As axudas recollidas nesta orde financiaranse con cargo ós créditos das aplicacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determine anualmente, logo da aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio correspondente. Para o exercicio 2004 a dita determinación recóllese na disposición adicional sétima desta orde.

Así mesmo, os créditos consignados nesta orde poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou polas disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Por todo o exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Finalidade, ámbito e réxime das axudas

Artigo 1º.-Finalidade.

1. Esta orde ten por obxecto fixa-las bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2004 das axudas

e subvencións establecidas pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, coa finalidade de promove-la integración laboral das persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos seguintes programas:

-Programa de fomento da contratación indefinida das persoas con discapacidade na empresa ordinaria (anexo A).

-Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (anexo B).

-Programa de promoción do emprego autónomo das persoas con discapacidade (anexo C).

2. As bases específicas de cada un dos programas regúlanse nos correspondentes anexos A, B e C desta orde e forman parte integrante dela.

Artigo 2º.-Concepto de persoa con discapacidade e desempregado.

Para os efectos das axudas previstas nesta orde, terán a condición de persoas con discapacidade as que teñan recoñecida, pola administración competente, unha minusvalidez nun grao igual ou superior ó 33% e, pola súa vez, terán a consideración de desempregados aqueles que figuren inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego no momento da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social e que carezan de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social, ou, se é o caso, segundo certificado da mutualidade de colexio profesional.

Artigo 3º.-Normativa aplicable.

As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ó disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro e nesta orde.

Capítulo II

Normas comúns: competencia e procedemento

Artigo 4º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolve-las solicitudes de axudas e subvencións previstas nesta orde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, corresponderalles:

a) Ós delegados provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, cando a actividade pola que se solicita subvención se vaia desenvolver no respectivo ámbito provincial.

b) Ó director xeral de Promoción do Emprego cando se trate de solicitudes de axudas para a creación ou ampliación, para o saneamento financeiro e para o equilibrio orzamentario de centros especiais de emprego.

Artigo 5º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións recollidas nos distintos programas dirixiranse ó órgano

competente para resolver e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. As solicitudes de axudas e subvencións dos distintos programas desta orde, polas actuacións subvencionables realizadas desde a súa data de entrada en vigor, presentaranse respectando os prazos específicos previstos nos anexos desta orde.

3. As solicitudes deberán ir acompañadas da documentación, xeral e específica, que nos anexos A, B e C se estableza para cada programa ou tipo de axuda.

Artigo 6º.-Emenda da solicitude.

Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación esixida, as unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente requirirán ó interesado para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición de conformidade co preceptuado no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7º.-Resolución e recursos.

1. Logo da fiscalización polas respectivas intervencións das propostas emitidas polos correspondentes servicios, as resolucións serán dictadas polo órgano competente, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e deberán serlles notificadas ós interesados. As resolucións, concesorias ou denegatorias, deberán ser sempre motivadas.

2. O prazo para resolver será de tres meses que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se dictase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude de acordo co establecido no artigo 1 e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdicción contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que dictou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 8º.-Criterios de valoración.

Para a valoración das solicitudes terase en conta especialmente as seguintes circunstancias:

1. As solicitudes formuladas ou que afecten a desempregados menores de 30 anos, maiores de 45 anos, mulleres, parados de longa duración, pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.

2. A incidencia social e sobre o emprego no contorno xeográfico en que se desenvolva a actividade, con especial consideración cando supoñan a implantación de actividades de servicios de utilidade colectiva, de lecer e culturais, ou de servicios personalizados de carácter cotián e social, encadrables nos novos viveiros de emprego.

Artigo 9º.-Incompatibilidades e concorrencia.

1. En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ó abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolve-lo beneficiario.

Os peticionarios das axudas e subvencións previstas nesta orde deberán presentar, xunto coa solicitude, unha declaración comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para un mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

Así mesmo, na fase de xustificación do pagamento deberán achegar unha declaración complementaria e actualizada co mesmo contido que a descrita no parágrafo anterior.

2. As axudas e subvencións establecidas para cada programa son incompatibles coas establecidas para os demais programas previstos nesta orde.

3. Non se poderán imputa-los mesmos gastos ós distintos tipos de axuda previstos en cada programa desta orde, agás nos supostos de rendas para o inicio da actividade, en que só se utilizarán como parámetro para o cálculo da contía da subvención.

Artigo 10º.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios das axudas e subvencións:

a) Acreditaren, previamente ó cobramento, que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Realizaren a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar fidedignamente.

c) Comunicárenlle ó organo concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a

concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios e, de se-lo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente público nacional ou internacional.

d) O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 11º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 12º.-Revogación e reintegro.

Procederá a revogación das subvencións e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 13º.-Seguimento e control.

As delegacións provinciais e a Dirección Xeral de Promoción do Emprego poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos os beneficiarios deberán cumpri-las obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

Para realiza-las ditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais

para comproba-lo cumprimento dos requisitos esixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Segunda.-A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións esixidas nos diferentes programas desta orde.

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais nos delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, e no director xeral de Promoción do Emprego, para resolve-la concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñece-la obriga e propoñe-los correspondentes pagamentos.

Cuarta.-A comprobación da condición de minusválido será realizada directamente polo órgano xestor das axudas, agás que fose recoñecida por outra Administración, distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A comprobación da condición de beneficiario do Programa Labora: Xuventude con Experiencia será realizada directamente polo órgano xestor das axudas.

Quinta.-Para o caso de que se soliciten os incentivos previstos no anexo A desta orde pola transformación en indefinido dun contrato en prácticas, que fose obxecto de subvención ó abeiro dos programas de fomento da contratación en prácticas e para a innovación tecnolóxica, convocados pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e a conversión se produza con anterioridade á súa duración mínima inicial de 12 meses, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ó período non esgotado reducindo na mesma contía o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.

Sexta.-A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario.

O pagamento das axudas e subvencións reguladas nesta orde financiaranse con cargo ós créditos da aplicación orzamentaria que, mediante disposición complementaria, se determinen anualmente, logo da aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio correspondente.

Sétima.-En virtude do anterior, no exercicio económico 2004, as axudas recollidas nos anexos desta orde, entre outras, financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 16.04.241A. 470.1, código de proxecto 2002 14 438, cun crédito de 2.070.000 euros e código de proxecto 2003 00 451, cun crédito de 3.976.195; 16.04.241A.470.2, código de proxecto 2002 14 439 cun crédito de 11.144.231 euros; e 16.04.241B.475.0, código de proxecto 2002 14 108 cun crédito 2.157.106 euros. Estas contías están reco

llidas na Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, e constitúen o importe global das aplicacións para o financiamento desta orde, da orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2004 os incentivos á contratación dirixidos a favorece-la conciliación da vida laboral e familiar, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2004, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (Iebt) cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2004, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas

locais de emprego (Ile) ou como iniciativas de emprego rural (Ier) cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2004, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de aboamento de cotas á Seguridade Social a traballadores que percibisen a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único, e se procede á súa convocatoria para o ano 2004, da orde pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2004 dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción e divulgación do cooperativismo e das demais ordes que establezan as bases reguladoras e a convocatoria dos programas de promoción do emprego, incentivos á contratación por conta allea e actuacións de apoio a emprendedores, autoemprego e economía social, incluídas nos programas orzamentarios 241A e 241B.

Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Disposicións transitorias

Primeira.-As solicitudes de axudas realizadas ó abeiro das ordes de convocatoria correspondentes ós exercicios anteriores, que quedaran pendentes no momento da entrada en vigor desta norma e sempre que reunisen e observasen os prazos e condicións establecidos nelas, e/ou se é o caso, realizasen o investimento obxecto da axuda, poderán ser atendidas con cargo ós créditos orzamentarios destinados para o dito fin para o ano 2004, en función da normativa que lles era de aplicación no momento de presentación da solicitude.

Non obstante, ás solicitudes de bonificacións previstas no anexo A desta orde que, no momento da súa entrada en vigor, estean pendentes de resolución ou correspondan a altas realizadas con anterioridade

á data da súa entrada en vigor, seralles de aplicación a regulación prevista nesta orde.

Segunda.-As axudas e subvencións previstas nos programas A, B e C desta orde, correspondentes ás actuacións subvencionables realizadas con anterioridade á data da súa entrada en vigor, solicitaranse respectando os prazos e demais requisitos establecidos na Orde do 8 de maio de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca para o ano 2003 o programa de axudas á contratación indefinida de traballadores con discapacidade e na Orde do 16 de maio de 2003, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2003 dos programas para a promoción do emprego autónomo e para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e traballo autónomo, e poderán ser atendidas con cargo ós créditos orzamentarios que financian esta orde.

Para o exercicio 2004, a solicitude da subvención do custo salarial prevista na base quinta, letra b) do anexo B desta orde, correspondente ó primeiro cuadrimestre do ano natural e polas mensualidades de marzo e abril presentarase ata o 30 de abril.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción do Emprego para que dicte, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2004.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais

ANEXO A

Programa de fomento da contratación indefinida das persoas con discapacidade na empresa ordinaria

Ámbito e réxime das axudas

Primeira.-Obxecto.

1. Este programa ten por obxecto incentiva-la contratación indefinida de traballadores con discapacidade desempregados coa finalidade de fomentar e favorece-la súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.

2. Os contratos iniciais e as transformacións de contratos temporais en indefinidos para que poidan ser obxecto de subvención, deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Segunda.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas neste programa as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que contraten traballadores con discapacidade para prestaren servicios en centros

de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen neste anexo.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás que a relación deveña de actuacións horizontais de apoio financeiro á promoción económica e fomento empresarial.

Terceira.-Exclusións e requisitos.

l. Exclúense dos beneficios regulados nesta orde:

a) As contratacións realizadas con traballadores, que, nos 24 meses anteriores á data de contratación, prestasen servicios na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato por tempo indefinido. O disposto no parágrafo precedente será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador con empresas ás que a solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

b) Traballadores que finalizasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun prazo de tres meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas no artigo 51 e 52 c) do Estatuto dos traballadores.

2. As exclusións previstas no punto 1 a) e b), non serán de aplicación cando a contratación indefinida se realice cun traballador con discapacidade procedente dun centro especial de emprego.

3. Para que poidan ser de aplicación os incentivos previstos neste anexo, as contratacións deberán realizarse para ocupar postos de traballo que non quedasen vacantes como consecuencia dun despedimento declarado improcedente e, no caso de empregos ligados a un investimento, deberán supoñer incremento neto de emprego.

Cuarta.-Axudas.

1. As empresas que contraten con carácter indefinido a traballadores cunha discapacidade igual ou superior ó 33% que sexan desempregados e estean inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego no momento da contratación ou que procedan dun centro especial de emprego, poderán obte-las seguintes axudas:

a) Unha subvención de ata 3.907 euros por cada traballador con discapacidade contratado por tempo indefinido a xornada completa.

b) Un incentivo adicional ó previsto na alínea a) desta base de ata 600 euros, no caso da contratación indefinida de persoas cun grao de discapacidade superior ó 49%.

c) Cando se trate da contratación indefinida dunha muller con discapacidade, establécese un incentivo

adicional ós anteriores de ata 600 euros, calquera que sexa o seu grao de minusvalidez.

d) Unha subvención, compatible coas anteriores, que poderá alcanza-los 902 euros, para a adaptación dos postos de traballo ou para a dotación de equipos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais ó traballador con discapacidade contratado, ou para eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo dos traballadores con discapacidade. A necesidade de adaptación ou de medios especiais de protección persoal deberá contar co informe favorable da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Esta axuda, se non é solicitada pola empresa, poderá ser solicitada polo propio traballador.

2. Ademais terán dereito, durante a vixencia do contrato indefinido, ás bonificacións previstas no artigo 7.1º a) e b) do Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, nas cotas empresariais á Seguridade Social, incluídas as de accidentes de traballo e enfermidade profesional e as de recadación conxunta, nas seguintes contías:

a) 70 por cento por cada traballador con discapacidade contratado menor de 45 anos. No caso de contratación de mulleres con discapacidade, esta porcentaxe será do 90 por cento.

b) 90 por cento por cada traballador con discapacidade contratado de 45 ou máis anos. No caso de contratación de mulleres con discapacidade, esta porcentaxe será do 100 por cento.

3. Serán obxecto das subvencións e, se é o caso, dos incentivos adicionais establecidos no número 1 desta base, as transformacións en indefinidos de contratos de aprendizaxe, para a formación ou en prácticas, dos contratos temporais de fomento do emprego para persoas con discapacidade previstos no artigo 44.3º da Lei 42/1994, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, así como dos contratos de interinidade para substituir a traballadores con discapacidade, que teñan suspendido o seu contrato de traballo por incapacidade temporal, previstos na disposición adicional novena da Lei 45/2002, do 12 de decembro, de medidas urxentes para a reforma do sistema de protección por desemprego e mellora da ocupabilidade, sempre que se manteña o posto do traballador substituído, o que terá que acreditarse.

4. As empresas colaboradoras que contraten con carácter indefinido a un traballador con discapacidade do enclave laboral, segundo o previsto no Real decreto 290/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan os enclaves laborais como medida de fomento do emprego das persoas con discapacidade, que presenten especiais dificultades para o acceso ó mercado ordinario de traballo, nos supostos das persoas con parálise cerebral, con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de minusvalidez recoñecido igual ou superior ó 33 por 100, ou persoas con discapacidade física

ou sensorial, cun grao de minusvalidez recoñecido igual ou superior ó 65 por 100, poderán obte-las seguintes axudas:

a) Unha subvención de ata 7.814 euros por cada traballador con discapacidade contratado a xornada completa. Esta subvención poderá ser destinada pola empresa colaboradora, total ou parcialmente, a servicios de apoio do traballador

b) A subvención prevista no número 1, letra d), desta base.

Ademais, terán dereito, durante a vixencia do contrato, á bonificación do 100 por cento nas cotas empresariais á Seguridade Social, incluídas as de accidentes de traballo e enfermidade profesional e as de recadación conxunta.

Para ter dereito ás axudas previstas neste número, a contratación deberá realizarse sen solución de continuidade e transcorrido, polo menos, un prazo de tres meses desde o inicio do enclave ou desde a incorporación do traballador se esta fora posterior ó inicio do enclave.

No caso da contratación doutros traballadores con discapacidade do enclave non incluídos nos supostos do parágrafo primeiro deste número, as axudas serán as establecidas nos números 1 e 2 desta base.

5. Cando o contrato por tempo indefinido se realice a tempo parcial, manteranse as bonificacións nas cotas descritas no número 2 e 4 desta base, ben que as subvencións e os incentivos adicionais, se é o caso, se reducirán proporcionalmente á xornada pactada.

6. A subvención prevista no número 1, alínea d), desta base será aplicable ás empresas que celebren contratos temporais de fomento do emprego para persoas con discapacidade de acordo co establecido no artigo 44.2º.1 da Lei 42/1994, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, ou, sempre que a súa duración sexa igual ou superior a 12 meses, contratos en prácticas ou para a formación regulados no artigo 11 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, ou contratos de duración determinada ó abeiro do artigo 15 do devandito texto refundido.

Quinta.-Prazos de presentación de solicitudes.

1. O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda será de dous meses contados desde a data en que se inicie a relación laboral en virtude dunha contratación inicial ou se produza a transformación do contrato en indefinido.

2. As solicitudes de axuda para a adaptación de postos de traballo non están suxeitas ós prazos sinalados no número anterior. Non obstante, deberán presentarse antes do inicio da dita adaptación.

Sexta.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos

a esta orde e deberán ir acompañadas, por duplicado exemplar, un deles orixinal ou fotocopia debidamente compulsada, da seguinte documentación:

1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF e, se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

2. Relación nominal dos traballadores polos que se solicita subvención, (segundo o modelo do anexo III-A).

3. DNI do traballador.

4. No caso de contratación inicial, documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego e do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social, agás no caso de que se trate dun traballador que proveña dun centro especial de emprego, así como contrato de traballo e alta na Seguridade Social.

5. Cando se trate de transformacións de contratos temporais en indefinidos realizados con traballadores con discapacidade, o contrato temporal do que trae causa e as súas posibles prórrogas, así como a comunicación da conversión do contrato temporal en indefinido á oficina pública de emprego e a comunicación da variación de datos á Seguridade Social.

6. Alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, no censo de obrigados tributarios.

7. Descrición detallada do posto de traballo que se vai cubrir e as súas características técnicas.

8. No caso de axudas para adaptación dos postos de traballo ocupados por traballadores con discapacidade, se é o caso, memoria descritiva da necesidade de adaptación ou dotación de medios de protección persoal con indicación do seu custo e calendario de execución.

9. Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade polas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outra axuda ou subvención (anexo XIII).

10. Declaración da estructura da empresa e do emprego (anexo IV-A).

11. Ficha de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (anexo XV).

12. Se é o caso, autorización para obte-la información tributaria nos termos que se establece na base oitava 1 b deste anexo.

Sétima.-Instrucción e tramitación.

Unha vez completos os expedientes, a delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Empre

go e Relacións Laborais solicitará os seguintes informes:

-Dos equipos multiprofesionais, sobre a adecuación do posto de traballo á minusvalidez dos traballadores contratados.

-Da Inspección de Traballo, sobre a necesidade de adaptación ou de medios especiais de protección persoal, para o suposto de solicitude de subvención de adaptación de postos de traballo.

-Cando se trate de empresas de nova creación, analizarase a viabilidade técnica e económica do proxecto, podendo solicitar para estes efectos da Inspección de Traballo e Seguridade Social cantos documentos e informes se consideren oportunos.

Oitava.-Xustificación do pagamento.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas ou subvencións, quedará condicionado á presentación, no prazo, nos termos e na forma que se establezan na resolución de concesión, da documentación que se esixa de forma expresa nela, entre a que deberá figura-la seguinte:

a) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas coa Seguridade Social.

b) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario achegue coa solicitude a debida autorización segundo o modelo do anexo XIV para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor das axudas.

c) A xustificación para a percepción da subvención para a adaptación do posto de traballo requirirá, ademais, a presentación das correspondentes facturas que acrediten a referida adaptación ou dotación.

d) Declaración complementaria da establecida na base sexta, 9 deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XIII).

2. Malia o sinalado na base 6ª e nos puntos anteriores, a documentación esixida para a fase de pagamento poderá presentarse xunto coa solicitude, á opción do interesado. Neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.

3. Estas axudas faranse efectivas en forma de pagamento único. Non obstante o anterior, de conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, para facer efectiva as bonificacións da Seguridade Social as empresas dilixenciarán os

seus documentos de cotización na forma establecida con carácter xeral e con suxeición ás normas que o regulan.

Incompatibilidades e obrigas

Novena.-Incompatibilidades e concorrencia.

1. Os diferentes tipos de axuda previstos neste programa, serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorga-las administracións públicas como medida de fomento de emprego.

2. Os beneficios establecidos á contratación indefinida neste programa, non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, supera-lo 60% do custo salarial anual correspondente ó contrato que se subvenciona.

3. Non obstante os incentivos establecidos neste programa serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan supera-los límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 78.8 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Décima.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios das axudas e subvencións previstas neste anexo, ademais das xerais recollidas no artigo 10º desta orde, as seguintes:

1. Manter no seu cadro de persoal fixo ós traballadores contratados ó abeiro desta orde, por un período mínimo de tres anos, non podendo despedir a estes traballadores sen causa xustificada, e, no caso de despedimento procedente, deberán substituílos por outros traballadores minusválidos, beneficiándose neste caso soamente da bonificación da cota á Seguridade Social correspondente ós traballadores substitutos.

E, cando se trate de empregos ligados a un investimento deberán mante-los postos de traballo durante un período de cinco anos.

2. Co fin de garanti-lo cumprimento do anterior, as empresas deberán presentar anualmente, dentro do primeiro trimestre, á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais unha relación dos traballadores polos que se lles concederon axudas para efectos de acredita-la súa permanencia na empresa e, no caso de despedimento procedente, dos traballadores que os substituíron; esta obriga esténdese durante os tres anos seguintes á data de concesión da axuda.

ANEXO B

Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego.

Obxecto e beneficiarios

Primeira.-Obxecto.

O obxecto deste programa é incentiva-la creación, ampliación e mantemento de emprego nos centros

especiais de emprego mediante o financiamento parcial de iniciativas ou proxectos técnica, económica e financeiramente viables que xeren emprego preferentemente estable para traballadores con discapacidade desempregados.

Segunda.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro de Centros Especiais de Emprego desta Comunidade Autónoma.

Tipos de axuda

Terceira.-Tipos de axuda.

Neste programa recóllense as accións subvencionables e tipos de axudas seguintes:

a) Proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego.

-Axudas para asistencia técnica.

-Subvención financeira.

-Subvención en función do investimento en activo fixo.

b) Mantemento de centros especiais de emprego.

-Bonificación de cotas á Seguridade Social.

-Subvención do custo salarial.

-Subvención para a adaptación de postos de traballo.

-Subvención para o saneamento financeiro.

-Subvención para o equilibrio orzamentario.

Cuarta.-Proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego.

1. As axudas para creación e ampliación de centros especiais de emprego reguladas neste anexo concrétanse nas seguintes:

a) Axudas para asistencia técnica.

Poderanse subvenciona-los gastos ocasionados pola asistencia técnica necesaria para a creación ou ampliación de centros especiais de emprego.

Esta asistencia técnica só poderá ser solicitada durante o primeiro ano, contado desde a data de constitución do centro, deberán prestala empresas ou persoas físicas especializadas que reúnan garantía de solvencia profesional e poderá consistir nalgunha das modalidades seguintes:

-Estudios de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga.

-Contratación de directores, xerentes ou técnicos, por un período máximo dun ano.

-Auditorías e informes económicos, sempre que estes non se realicen de xeito obrigatorio por unha disposición que así o esixa.

-Labores de asesoramento nas diversas áreas de xestión empresarial, excluídas as tarefas que, pola

súa natureza, teñan carácter ordinario e continuado na actividade da empresa.

A asistencia técnica poderá ser subvencionada ata o 50% do seu custo.

b) Subvención financeira.

A subvención financeira ten por finalidade facilita-lo emprego nos centros especiais de emprego, mediante a reducción dos xuros dos préstamos para financiar investimentos en activo fixo, concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e solicitados a nome dos centros especiais de emprego. Non obstante, no caso de constitución do centro especial de emprego, poderase destinar ata un 25% do préstamo a financia-lo activo circulante.

Esta subvención será, como máximo, de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo, pagadoira dunha soa vez, en contía calculada como se a subvención se devengase cada ano da duración deste, incluído o posible período de carencia.

En ningún caso, o tipo de xuro que deba satisface-lo beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poderá resultar inferior a un punto.

c) Subvención en función do investimento en activo fixo.

Aqueles centros especiais de emprego que se consideren proxectos de recoñecido interese social poderán beneficiarse dunha axuda calculada en función do investimento en activo fixo excluídos os impostos que graven a adquisición.

2. As iniciativas e proxectos referentes ós centros especiais de emprego que soliciten os beneficios recollidos no número anterior, deberán reunir viabilidade técnica, económica e financeira e supoñe-la creación de emprego estable. A subvención polos tres tipos de axudas poderá acada-la contía de 12.000 euros por cada posto de traballo creado con carácter indefinido para traballadores con discapacidade.

Para a determinación da contía das axudas aplicaranse os criterios de gradación seguintes:

a) A porcentaxe de traballadores minusválidos respecto do total do cadro de persoal do centro especial de emprego; só se poderá acada-la contía máxima da subvención cando o número de traballadores con discapacidade supere o 90% do cadro de persoal. Se o número de traballadores minusválidos do centro especial de emprego está comprendido entre o 70% e o 90% do total do seu cadro de persoal a subvención por posto de traballo creado con carácter estable, poderá ser de ata o 90% da contía máxima.

Tamén se poderá acada-la contía máxima cando o número de minusválidos supere o límite mínimo legal (70%) e se complete o cadro de persoal ata

supera-lo 90% coa contratación doutros colectivos en risco de exclusión social. A situación de exclusión social deberá acreditarse documentalmente e, para os efectos, entenderase por colectivos na dita situación os seguintes:

-Perceptores da renda de integración social de Galicia ou membros da súa unidade familiar en desemprego.

-Persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.

-Penados ou ex-reclusos que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade.

-Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral, así como as persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de víctima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia.

-Mozos que estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración autónomica.

-Inmigrantes ou persoas que formen parte de familias, grupos, colectivos ou minorías cunhas características que poidan condiciona-las súas posibilidades de integración social.

Para os efectos de determina-la porcentaxe de traballadores minusválidos, non se computará o persoal non minusválido dedicado á prestación de servicios de axuste persoal e social, así como o que preste servicios naquelas actividades ou postos de traballo específicos que, pola súa propia natureza ou complexidade, non poidan ser desempeñados por persoas minusválidas.

Entenderanse por servicios de axuste persoal e social os de rehabilitación, terapéuticos, de integración social, culturais e deportivos que procuren ó traballador minusválido do centro especial de emprego unha maior rehabilitación persoal e mellor adaptación da súa relación social.

b) Titularidade do centro especial de emprego: as contías máximas das axudas, unha vez aplicado o criterio da alínea a) anterior, poderán ser acadadas no caso de que o centro sexa de titularidade, ou teña unha participación maioritaria, por parte dalgunha entidade de iniciativa social. Noutro caso, a contía máxima da subvención poderá ser de ata o 90%.

c) Grao de minusvalidez dos traballadores contratados: as contías máximas das axudas unha vez aplicados os criterios das alíneas a) e b) anteriores, poderán ser acadadas cando o grao de minusvalidez sexa igual ou maior do 49%. No caso de que sexa inferior, a contía máxima da subvención poderá ser de ata o 90%.

d) Grao de minusvalidez dos traballadores do centro especial de emprego: as contías máximas das axudas, unha vez aplicados os criterios das alíneas a), b) e c) anteriores, poderán ser acadadas no caso de que a maioría do cadro de persoal discapacitado do centro teña unha minusvalidez igual ou superior ó 49%. No caso de que sexa inferior, a contía máxima da subvención será do 90%.

No caso de contratacións indefinidas a tempo parcial, os importes das axudas serán proporcionais á duración da xornada estipulada no contrato.

As contías das subvencións a que se fai referencia neste número ten carácter de máximo, agás nos supostos en que concorrendo causas excepcionais así o autorice a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Quinta.-Mantemento de centros especiais de emprego.

Para o mantemento de postos de traballo, ocupados por persoas con discapacidade, establécense as seguintes axudas:

a) Bonificación do 100% da cota empresarial á Seguridade Social, incluídas as de accidentes de traballo e enfermidade profesional, e as cotas de recadación conxunta. Estas bonificacións serán deducidas directamente polos centros especiais de emprego das cotas que se liquidarán mensualmente á Seguridade Social, logo da autorización administrativa da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

A autorización deberá renovarse cada vez que se produzan novas contratacións e cando realicen alteracións ou modificacións dos contratos.

A concesión desta axuda será comunicada, ademais de ós beneficiarios, á Seguridade Social.

b) Subvención do custo salarial correspondente ós postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade que realicen unha xornada de traballo laboral normal e que estean en alta na Seguridade Social, ata un importe máximo do 50% do salario mínimo interprofesional. No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a subvención experimentará unha reducción proporcional á xornada laboral realizada. Cando o traballador se atope en situación de incapacidade temporal, o importe da subvención salarial referirase exclusivamente ós días en que o pagamento sexa a cargo, obrigatoriamente, do centro especial de emprego, de conformidade co que dispoña a normativa da Seguridade Social.

c) Subvención para adaptación de postos de traballo e eliminación de barreiras arquitectónicas por un importe non superior ó custo real e, en todo caso, cunha contía máxima de 1.800 euros por posto de traballo.

d) Subvención por unha soa vez destinada a equilibrar e sanear financeiramente os centros especiais de emprego co fin de logra-la súa reestructuración

para alcanzar niveis de productividade e rendibilidade que garantan a súa viabilidade e estabilidade.

e) Subvención dirixida a equilibra-lo orzamento nos centros especiais de emprego que carezan de ánimo de lucro e sexan de utilidade pública e imprescindibles polo labor que realizan.

Non se poderán conceder subvencións para equilibrio orzamentario, cando os resultados económicos adversos deriven dunha xestión deficiente do centro.

Para a concesión e determinación da contía desta subvención aplicarase o disposto no artigo 12 do Real decreto 2273/1985, do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento dos centros especiais de emprego, polo que se terá en conta:

-A actividade, dimensión, estructura, titularidade e xerencia do centro.

-A composición do seu cadro de persoal, con especial atención á proporción de traballadores minusválidos respecto do total no centro especial de emprego, así como á natureza e grao de minusvalidez dos seus compoñentes, en relación coa súa capacidade productiva e de adaptación ó posto de traballo que desempeñen.

-A modalidade e condicións dos contratos subscritos.

-As variables económicas que concorran no centro en relación co seu obxecto e función social.

-Os servicios de axuste persoal e social que preste o centro ós seus traballadores minusválidos.

Solicitudes, documentación e xustificación

Sexta.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos a esta orde e deberán ir acompañadas, por exemplar duplicado, e un deles será orixinal ou copia compulsada, da documentación que se relaciona:

1. Documentación común para tódolos tipos de axudas:

a) Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

b) Certificación da inscrición do centro especial de emprego, ou, no seu defecto solicitude de inscrición.

c) Memoria que contemple a titularidade do centro, enderezos dos centros de traballo, actividades, cumprimento ou non dos seus obxectivos económicos e de axuste persoal e social, e as causas que as motivaron. No caso de centros que realicen contratos previstos no Real decreto 27/2000, do 14 de xaneiro, sobre medidas alternativas ó cumprimento da cota de reserva do 2% a favor de traballadores con discapacidade en empresas de 50 ou máis traballadores, a memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas

e os recursos aplicados de acordo co artigo 4.1º do citado real decreto.

Para o caso das solicitudes de subvención do custo salarial, de bonificación de cotas á Seguridade Social e adaptación do posto de traballo non será necesario a presentación desta memoria.

d) Certificación da relación nominal dos traballadores do cadro de persoal do centro especial de emprego con indicación da relación dos traballadores con discapacidade contratados e daqueles polos que se solicita a subvención, a relación dos traballadores de axuste persoal e social que teña o centro e daqueles traballadores non discapacitados, con indicación dos que realizan servicios e/ou ocupan postos que pola súa especificidade non pode realizalos o persoal con discapacidade, agás no caso da subvención ó custo salarial e de bonificación de cotas á Seguridade Social, en que se xuntará unha relación nominal dos traballadores con discapacidade polos que se solicita subvención (anexo VII-B).

e) Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo XIII).

f) Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (segundo o modelo do anexo XV).

g) Se é o caso, autorización para obte-la información tributaria nos termos que se establece na base oitava, parágrafo 1º, punto A, letra d) deste anexo (segundo o modelo do anexo XIV).

2. Documentación específica para a axuda de asistencia técnica:

a) Memoria explicativa do contido da modalidade de asistencia solicitada.

b) Cando se trate da modalidade de contratación o currículum vitae da persoa que vai presta-lo servicio.

c) E, cando se trate de estudios ou de asesoramento, o orzamento detallado e un índice do seu contido, así como a memoria da entidade ou o currículum vitae da persoa que realice o estudio ou asesoramento.

3. Documentación específica para a subvención financeira:

a) Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade.

b) Compromiso da entidade financeira sobre a súa concesión, en que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do anexo XVI ) ou, de se-lo caso, o contrato de préstamo.

c) Facturas pro forma ou orzamentos dos activos fixos e, se é o caso, xustificantes dos activos circulantes que se financiarán co préstamo.

4. Documentación específica para as subvencións en función do investimento en activo fixo:

a) Memoria ampliada do proxecto e antecedentes.

b) Detalle do plan de investimentos en activos fixos e calendario para a súa execución xunto con facturas pro forma e orzamentos.

c) Estudio económico-financeiro de viabilidade do proxecto.

d) Balance de situación e conta de perdas e ganancias dos dous últimos exercicios e provisionais para os dous próximos exercicios.

5. Documentación específica para bonificacións de cotas á Seguridade Social e para a subvención do custo salarial:

a) Coa primeira solicitude achegaranse a documentación do cadro de persoal de traballadores con discapacidade: contrato de traballo, alta na Seguridade Social, recibos de salarios e documento bancario de transferencia que acredite o seu pagamento. Nas sucesivas solicitudes presentaranse os recibos dos salarios e documento bancario de transferencia que acredite o seu pagamento, correspondentes ó mes inmediatamente anterior ó cuadrimestre polo que se solicita a axuda.

b) Fotocopia compulsada dos documentos TC1 e TC2 do último mes ingresado, conforme as normas de cotización da Seguridade Social, inmediatamente anterior ó do cuadrimestre polo que se solicita a axuda do custo salarial.

c) Relación nominal dos traballadores con discapacidade polos que se solicita a subvención (segundo o modelo do anexo X-B).

6. Documentación específica para a subvención de adaptación de postos de traballo:

-Memoria explicativa do obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade.

-Orzamento ou facturas pro forma do investimento que se vai realizar.

7. Documentación específica para as subvencións de saneamento financeiro ou equilibrio orzamentario:

-Memoria explicativa do desequilibrio económico ou orzamentario e a súa orixe: antecedentes do centro.

-Estudio económico-financeiro de viabilidade.

-Balances de situación e conta de perdas e ganancias dos dous últimos exercicios e provisionais para os dous próximos exercicios.

Sétima.-Resolución.

Nas resolucións da subvención do custo salarial teranse en conta para o cálculo do importe da subvención as variacións do cadro de persoal dos tra

balladores con discapacidade do centro especial de emprego que tiveran lugar no cuadrimestre anterior e puidesen dar lugar a un incremento ou diminución da subvención concedida.

Oitava.-Pagamento e xustificación.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación, no prazo que sinale a resolución de concesión, da documentación común e da especifica que corresponda, relacionada nos puntos seguintes:

A. Documentación común:

a) Certificación da inscrición da entidade no Rexistro de Centros Especiais de Emprego, de non achegarse con anterioridade.

b) Documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión.

c) Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización segundo o modelo do anexo XIV, para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor.

Cando se trate da subvención do custo salarial, a documentación sinalada nas alíneas c) e d) terá que achegarse xunto coa primeira solicitude, e logo, renovarase nas mensualidades en que perdan vixencia os documentos acreditativos correspondentes de non se achegar coa solicitude a antedita autorización.

e) Declaración complementaria do establecido na base sexta, 1, e) desta orde, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XIII).

B. Documentación específica:

a) Cando se trate de asistencia técnica na súa modalidade contractual, xuntarase copia do contrato e alta na Seguridade Social. Para as outras modalidades de asistencia técnica, xuntaranse as facturas acreditativas do custo do servicio recibido e, para o caso da elaboración de estudios ou informes, presentarase copia del.

b) Cando se trate da subvención financeira, xuntarase copia do contrato de préstamo.

Con posterioridade, o beneficiario, no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención, deberá presentar certificación da entidade financei

ra, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

c) Cando se trate da subvención en función do investimento en activo fixo, xuntaranse as facturas xustificativas do investimento realizado.

d) Cando se trate dalgunha das axudas recollidas na base cuarta deste anexo, achegarase documentación acreditativa da contratación e alta na Seguridade Social, das persoas con discapacidade que ocupan os novos postos de traballo creados con carácter estable.

e) Cando se trate da subvención do custo salarial, recibos de salarios, documento bancario de transferencia que acredite o seu pagamento, TC1 e TC2 das mensualidades correspondentes ó cuadrimestre, xunto coa copia dos contratos de traballo e altas ou variacións de datos á Seguridade Social realizados no cuadrimestre obxecto de pagamento. No suposto de pagamentos parciais esta documentación referirase unicamente ás mensualidades polas que se solicita o devandito pagamento.

2. Malia o sinalado nos puntos anteriores, a documentación esixida para a fase de pagamento, común ou especifica, poderá presentarse xunto coa solicitude á opción do interesado. Neste suposto poderá tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.

3. Cando se soliciten e concorran varias axudas ou subvencións só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude como na de xustificación.

Nas sucesivas solicitudes de bonificación de cotas á Seguridade Social e para a subvención do custo salarial, de carácter mensual, a documentación, que xa figura na correspondente delegación provincial, non terá que presentarse mensualmente mentres manteña a súa validez.

Novena.-Prazos de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes para a subvención do custo salarial deberán presentarse nos seguintes prazos:

-A correspondente ós meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril, do 1 de xaneiro ata o 28 de febreiro.

-A correspondente ós meses de maio, xuño, xullo e agosto, do 1 de maio ata o 15 de xuño.

-A correspondente ós meses de setembro, outubro, novembro e decembro, do 1 de setembro ata o 15 de outubro.

2. As solicitudes de bonificacións de cotas á Seguridade Social correspondentes ás contratacións do cuadrimestre anterior realizaranse conxuntamente coa solicitude de subvención do custo salarial do cuadrimestre seguinte, e tramitaranse como un único expediente administrativo, no cal logo de dictarse resolución de concesión da axuda ó custo salarial, se autorizará a bonificación de cotas á Seguridade Social.

3. As solicitudes de asistencia técnica, subvención financeira e subvención en función do investimento en activo fixo realizarase con anterioridade á contratación da asistencia ou do inicio do proxecto de execución do investimento e no prazo máximo de seis meses desde a contratación do primeiro traballador con discapacidade incorporado polo que se solicite subvención.

4. As solicitudes de subvención para adaptación de postos de traballo presentaranse con anterioridade á realización da adaptación.

5. As solicitudes de axudas para o saneamento financeiro e o equilibrio orzamentario dos centros especiais de emprego poderán presentarse a partir da entrada en vigor desta orde.

Décima.-Anticipos de pagamentos e pagamentos parciais.

1. Poderanse solicitar e conceder anticipos de pagamento das subvencións do custo salarial previsto no base quinta, alínea b) deste anexo, nos supostos e coas condicións seguintes:

-Para aquelas subvencións que non superen o importe de 6.010 euros poderá acordarse no momento da concesión un anticipo de pagamento de ata un 80% e librarase o importe restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e demais condicións coas que lle foi concedida.

2. Poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva a medida que o beneficiario xustifique os libramentos anteriores, ata unha porcentaxe non superior ó 80% da subvención concedida.

ANEXO C

Programa de promoción do emprego autónomo das persoas con discapacidade

Obxecto e beneficiarios

Primeira.-Obxecto.

A finalidade deste programa é promove-la integración laboral das persoas con discapacidade mediante o financiamento daqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo a traballadores minusválidos desempregados que pretendan desenvolve-la súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores autónomos ou por conta propia.

Segunda.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas deste programa as persoas con discapacidade, en situación de desemprego, inscritas como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego, e que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores autónomos ou por conta propia, sempre que:

-Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben constitúan unha sociedade limitada

que cumpra os requisitos establecidos no número 3 desta base.

-Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou no réxime especial do mar da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

-Non percibisen subvencións ó abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

-Non desenvolvesen como traballadores autónomos a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores autónomos en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.

Para os efectos deste programa, tamén terán a consideración de beneficiarios os que, figuren inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego e realicen un traballo por conta allea cunha prestación de servicios inferior ou igual a 2 horas diarias, 12 semanais ou 48 mensuais, e sempre que cumpran as condicións establecidas neste punto.

2. Para os efectos deste anexo, entenderase como data de inicio de actividade laboral a da alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou nunha mutualidade dun colexio profesional.

3. Poderán ser beneficiarias da axuda prevista na base cuarta deste anexo as sociedades limitadas, sempre que:

-Sexan sociedades de nova creación cun capital social fundacional inferior a 120.200 euros.

-Tódolos seus socios sexan persoas físicas, e o número inicial de socios non sexa superior a tres, agás que tódolos socios reunan os requisitos e condicións establecidos no número 1 desta base, aínda que non todos teñan a condición de persoa con discapacidade, e pertenzan a algún dos seguintes colectivos:

a) Mozos menores de 25 anos.

b) Mozos maiores de 25 anos e menores de 30 que non teñan unha experiencia laboral acumulada, excluídos os contratos para a formación, superior a 180 días.

c) Mozos menores de 30 anos que estean incorporados e teñan a condición de beneficiarios do Programa Labora: Xuventude con Experiencia, segundo o establecido no Decreto 184/2002, do 18 de abril, polo que se establece no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o dito programa (DOG nº 83, do 30 de abril), modificado polo Decreto 26/2003, do 16 de xaneiro (DOG nº 15, do 23 de xaneiro).

d) Desempregados maiores de 45 anos.

e) Mulleres desempregadas que se incorporen como socias tras unha ausencia do mercado de traballo non inferior a 24 meses.

f) Mulleres desempregadas cando se incorporen para prestar servicios en profesións ou ocupacións con menor índice de emprego feminino, de acordo co disposto na orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, do 16 de setembro de 1998.

g) Desempregados que realizasen, no ano da presentación da solicitude, ou nos dous anos naturais anteriores, cursos de formación profesional ocupacional do Plan FIP directamente relacionados co posto de traballo ó que se incorporan.

h) Desempregados que participasen, no ano de presentación da solicitude ou nos dous anos anteriores, como alumnos en escolas obradoiro, casas de oficio ou en obradoiros de emprego directamente relacionadas no seu contido co posto de traballo ó que se incorporan; ou ben, que traballasen no ano da presentación da solicitude ou no ano natural anterior en obras ou servicios de interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento do emprego.

i) Desempregados de longa duración, maiores de 25 anos, que estivesen sen traballo e inscritos na oficina de emprego durante 12 meses dos anteriores 16 meses.

j) Desempregados en risco de exclusión social pertencentes a algún dos seguintes colectivos:

-Perceptores da renda de integración social de Galicia ou membros da súa unidade familiar en desemprego.

-Persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.

-Penados ou ex-reclusos que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade.

-Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral, así como as persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de víctima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia.

-Mozos que estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración autonómica.

-Inmigrantes ou persoas que formen parte de familias, grupos, colectivos ou minorías as características das cales poidan condiciona-las súas posibilidades de integración social.

4. No caso de constitución dunha sociedade limitada, os socios polos que se conceda a subvención quedan obrigados a mante-la súa achega ó capital social e a súa porcentaxe de participación no capital social durante un período mínimo de tres anos. Para

estes efectos, no primeiro trimestre de cada ano natural e durante o período de tempo sinalado, o beneficiario deberá presentar certificación do rexistro mercantil acreditativa desta circunstancia.

Tipos de axuda

Terceira.-Tipos de axuda.

Neste programa de promoción do emprego autónomo das persoas con discapacidade inclúense os seguintes tipos de axuda:

-Subvención financeira.

-Rendas para o inicio da actividade.

-Subvención en función do investimento en activo fixo.

Cuarta.-Subvención financeira.

1. A subvención financeira ten por finalidade facilita-la creación do propio posto de traballo, mediante a reducción dos xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador autónomo, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en activo fixo podendo destinarse ata un 25% a financia-lo activo circulante. Os ditos préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Esta subvención será, como máximo, de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, sen que en ningún caso, o tipo de xuro que deba satisface-lo beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poida resultar inferior a un punto. A contía calcularase como se a subvención se devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia.

En todo caso, o importe máximo desta subvención non poderá supera-la contía de 4.500 euros agás casos excepcionais expresamente autorizados pola conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

A subvención financeira deberá presentarse con anterioridade ó inicio da execución do proxecto de investimento sen que en ningún caso poida solicitarse transcorridos 2 meses desde a data de alta na Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

2. Poderá concederse esta subvención a aquelas sociedades limitadas de nova creación que reúnan os requisitos da base 2ª número 3 deste anexo, polos traballadores con discapacidade desempregados que, constituíndose como autónomos, teñan a condición de socio da devandita sociedade.

O importe máximo desta subvención non poderá supera-la contía de 4.500 euros por cada socio que cumpra os requisitos e condicións previstos na base 2ª, número 1, deste anexo.

A sociedade limitada deberá presenta-la solicitude da subvención financeira con anterioridade ó inicio da execución do proxecto de investimento sen que en ningún caso poida solicitarse transcorrido 2 meses desde a data de alta no IAE ou, se é o caso, no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.

Quinta.-Rendas para o inicio da actividade.

Poderán concederse subvencións de ata 3.600 euros, en concepto de renda para o inicio da actividade, por unha soa vez, para contribuír a garantir durante o inicio da actividade uns ingresos mínimos, sempre que non medien máis de dous meses desde a data de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional ata a data da solicitude desta subvención.

Con carácter xeral, a contía da renda para o inicio da actividade non poderá supera-lo 50% do investimento inicial en activo fixo debidamente acreditado ou, no suposto de constitución dunha sociedade limitada, o 50% da achega inicial ó capital social do socio.

No caso de que o beneficiario desta renda sexa unha muller, a dita porcentaxe será do 60% e o límite máximo da subvención incrementarase ata 4.800 euros.

Con carácter excepcional, cando concorran razóns de interese social e circunstancias especiais para o desenvolvemento dunha actividade en zona determinada, poderán concederse axudas en concepto de rendas para o inicio da actividade por unha contía máxima de 1.200 euros, sen necesidade de acreditar investimento en activo fixo.

Sexta.-Subvencións en función do investimento en activo fixo.

Poderá concederse unha subvención de ata un importe de 3.900 euros pola creación do seu posto de traballo, calculada en función do investimento en activo fixo.

Esta subvención deberá solicitarse con anterioridade ó inicio da execución do proxecto de investimento sen que en ningún caso poida solicitarse transcorridos 2 meses desde a data de alta na Seguridade Social ou mutua profesional.

Non poderán acceder a este tipo de axuda as sociedades limitadas nin os seus socios.

Sétima.-Beneficiarios do Programa Labora:Xuventude con Experiencia.

As contías das axudas reguladas nas bases 4ª, 5ª e 6ª deste anexo incrementaranse nun dez por cento no caso de desempregados con discapacidade que, no momento da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, no seu caso, na mutualidade de colexio profesional, estean incorporados e manteñan a condición de beneficiario do Programa Labora: Xuventude con Experiencia, segundo o estable

cido no Decreto 184/2002, do 18 de abril, polo que se establece no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o dito programa (DOG nº 83, do 30 de abril), modificado polo Decreto 26/2003, do 16 de xaneiro (DOG nº 15, do 23 de xaneiro), con independencia de que, como consecuencia da aplicación deste incremento, se superen ou non os límites porcentuais ou cuantitativos previstos para cada tipo de axuda.

Solicitudes, documentación e xustificación

Oitava.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo desta orde, e deberán ir acompañadas, por exemplar duplicado, e un deles será orixinal ou fotocopia compulsada, da seguinte documentación:

a) DNI e acreditación do NIF do solicitante e, no suposto de constitución dunha sociedade limitada, DNI e poder suficiente do representante da sociedade e CIF da empresa.

b) Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

De se-lo caso, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da mutualidade de colexio profesional con indicación dos períodos de alta nela.

No suposto de que se solicite subvención financeira e subvención en función do investimento en activo fixo con anterioridade ó inicio da actividade, esta documentación deberá achegarse, na fase de xustificación do pagamento.

c) De se-lo caso, documentos acreditativos das circunstancias sinaladas na base segunda, número 3.

d) Alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda. Alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de se-lo caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda. No suposto de constitución dunha sociedade limitada, escritura pública de constitución.

No suposto de que se solicite subvención financeira e subvención en función do investimento en activo fixo con anterioridade ó inicio da actividade, esta documentación deberá achegarse, na fase de xustificación do pagamento.

e) Memoria económica do proxecto empresarial, asinada polo solicitante, que inclúa orzamento de investimento e o plan de financiamento que acredite a viabilidade do proxecto, xunto con facturas ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamento dos activos que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención e, se é o caso, xustificantes dos activos circulantes.

f) Nos casos en que se solicite subvención financeira, xuntarase o compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, en que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do anexo XVI) ou, de se-lo caso, o contrato de préstamo.

g) No caso que se solicite a renda para o inicio da actividade e se constitúa unha sociedade limitada, documento acreditativo do desembolso total da achega inicial ó capital social da sociedade.

h) Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo XIII).

i) Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (segundo o modelo do anexo XV).

j) Se é o caso, autorización para obte-la información tributaria nos termos que se establece na base novena, número 1, punto A, letra c), deste anexo (segundo o modelo do anexo XIV).

Novena.-Xustificación do pagamento.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación, no prazo que sinale a resolución de concesión, da documentación común e específica que se relaciona nos puntos seguintes:

A. Documentación xeral:

a) Documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión.

b) Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

c) Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningun concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización segundo o modelo do anexo XIV para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor.

d) Declaración complementaria do establecido na base oitava, h) deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, que non

solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo XIII).

B. Documentación específica:

a) Cando se trate da subvención financeira xuntarase copia do contrato de préstamo.Con posterioridade, o beneficiario, no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención, deberá presentar certificación da entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

De non achegarse xunto á solicitude, a alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Facenda; alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de se-lo caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda; e no suposto de constitución dunha sociedade limitada, escritura pública de constitución.

DNI e documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia en situación de desemprego, segundo os datos do informe da vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social, do solicitante, ou das persoas incorporadas á sociedade limitada polas que se solicite subvención, de non telo presentado con anterioridade.

b) Cando se trate da renda para o inicio da actividade, documentación acreditativa, se é o caso, do investimento en activo fixo.

c) Cando se trate de subvención en función do investimento en activo fixo, documentación acreditativa do investimento en activo fixo.

De non achegarse xunto á solicitude, a alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Facenda; alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de se-lo caso, nun colexio profesional e na mutualidade que corresponda.

DNI e documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia en situación de desemprego, segundo os datos do informe da vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social, de non telo presentado con anterioridade.

2. Malia o sinalado nos puntos anteriores, a documentación esixida para a fase de pagamento, xeral ou específica, poderá presentarse xunto coa solicitude, á opción do interesado. Neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.

3. Cando concorran varias axudas ou subvencións só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude como na de xustificación.