A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. O prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería Anuario de estatística agraria 2001 queda fixado en 10 euros.
2. Este prezo entenderase con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2004.
Juan Miguel Diz Guedes
Conselleiro de Política Agroalimentaria
e Desenvolvemento Rural