Advertido un erro na Orde do 13 de xaneiro de 2004, da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, que modifica a Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 36, do 20 de febreiro de 2004, cómpre realiza-la seguinte corrección:
No artigo 3º.-Modificación do anexo I, onde di: «Exame teórico e práctico ou soamente teórico en función do caso en que se atope dos especificados na letra c) do epígrafe 4.2º da ITC-BT-03 do Regulamento electrotécnico para baixa tensión».
Debe dicir:
«Exame teórico e práctico ou soamente práctico en función do caso en que se atope dos especificados na letra c) do epígrafe 4.2º da ITC-BT-03 do Regulamento electrotécnico para baixa tensión».
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E
DESENVOLVEMENTO RURAL